Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Linguaxes de Descrición de Información Dixital Código 710G04034
Titulación
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Seco Naveiras, Diego
Correo electrónico
diego.seco@udc.es
Profesorado
Seco Naveiras, Diego
Correo electrónico
diego.seco@udc.es
Web
Descrición xeral O curso introduce os conceptos fundamentais das linguaxes de representación de datos e como se usan na web semántica e na web de datos vinculados.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Coñecer e comprender os principios teóricos e metodolóxicos da xestión e documentación da información para aplicalos na súa actividade profesional
A8 CE8 - Dominar os distintos métodos de representación de datos, información e coñecemento que garanta a súa recuperación eficiente
A10 CE10 - Deseñar ferramentas informáticas para a representación e recuperación de información desde a perspectiva do usuario
A13 CE13 - Coñecer e dominar as técnicas e normativas para a creación e autenticación, reunión, selección, organización, representación, preservación, recuperación, acceso, difusión, intercambio e avaliación de recursos e servizos de información
A19 CE19 - Determinar e aplicar métodos, medidas e técnicas deseñadas para ordenar, protexer, conservar e restaurar datos, información e documentos de diferente natureza
A20 CE20 - Dominar as bases para desenvolver actividades de investigación utilizando métodos e principios multidisciplinares
A22 CE22 - Adquirir habilidades computacionais e xestión das novas TIC

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber marcar documentos mediante linguaxes de marcado. A1
A8
A13
A22
Saber definir novas linguaxes de marcado para dominios de aplicación específicos. A8
A10
A19
Saber crear ontoloxías para modelar conceptualmente dominios de aplicación específicos. A8
A10
A13
Saber crear datos abertos (open data) e datos vinculados (linked data). A8
A10
A13
A19
A22
Coñecer as tecnoloxías e técnicas da Web semántica. A1
A13
A20

Contidos
Temas Subtemas
Linguaxes de marcado de documentos (XML e XML Schema). A linguaxe XML
A estruturación: DTD e XML Schema
Infraestrutura para a descrición de recursos (RDF e RDF Schema). Fundamentos de RDF
RDF e a súa sintaxe baseada en XML
RDF Schema
Ontoloxías. Fundamentos de ontoloxías
OWL e RDF/RDFS
Datos abertos (open data). Que son os datos abertos
Datos abertos no sector público
Datos vinculados (linked data). Conceptos básicos de datos vinculados
O papel do Identificador Uniforme de Recursos
Web semántica. Da Web actual á Web semántica
Tecnoloxías da Web Semántica

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A1 A8 A13 2 16 18
Sesión maxistral A1 A8 A13 A20 20 0 20
Traballos tutelados A10 A19 A20 A22 4 60 64
Prácticas a través de TIC A8 A10 A19 A22 16 32 48
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto ás primeiras, recolle preguntas abertas de desenvolvemento; as segundas, poden combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de aprendizaxe baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canle para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
Se estima que entre o alumnado haberá diferencias notables tanto en canto á sua familiariación con conceptos e termos informáticos, como en canta ás habilidades para o manexo de ferramentas informáticas. Por iso, prevese desenvolver unha atención personalizada para as prácticas a través de TIC e para os traballos tutelados.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A8 A10 A19 A22 Avaliarase a solución aplicada polos estudantes ao problema proposto e a interacción entre os membros do grupo. 20
Proba mixta A1 A8 A13 Proba escrita individual sobre contido teórico-práctico. 40
Traballos tutelados A10 A19 A20 A22 Avaliarase a calidade dos traballos realizados. 40
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é obligatorio:

  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) nos traballos tutelados.
  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) na proba mixta.

De non obter a nota mínima nos traballos tutelados ou na proba mixta, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma:

  • Traballos tutelados (40% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
  • Proba escrita teórica e práctica (60% da nota final): corresponde á proba mixta e á recuperación da nota dos estudos de casos.

Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.

Os/as estudantes con nota inferior a 2 nos traballos tutelados na primeira oportunidade deberán recuperalos obligatoriamente na segunda oportunidade para aprobar a materia.

Para aprobar a materia é obligatorio obter unha nota mínima de 2 sobre 4 no traballo tutelado, e de 3 sobre 6 na proba mixta.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha das dúas partes.

DISPENSA ACADÉMICA

Dado que a asistencia ás sesións presenciais non é obligatoria, aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases terán as mesmas condicións que o resto do alumnado.

OPORTUNIDADE ADIANTADA

Utilizaranse os criterios da segunda oportunidade.

IMPLICACIÓNS DO PLAXIO

A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez verificado, implicará directamente unha nota de "0" na materia na oportunidade correspondente.


Fontes de información
Bibliografía básica Antoniou, Gr., van Harmelen, F. (2010). Manual de Web Semántica. COMARES
Codina, Ll., et al. (2009). Web Semántica y sistemas de información documental. Trea

Bibliografía complementaria Blaney, J. (2017). Introducción a los Datos abiertos enlazados [Recurso electrónico]. Programming Historian en español [Recurso electrónico]
DuCharme, B. (2011). Learning SPARQL. O'Reilly


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Linguaxes de Programación, Análise e Consulta para a Xestión de Información/710G04029

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías