Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Fundamentos Estatísticos Código 710G04040
Titulación
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
González Rueda, Ángel Manuel
Correo electrónico
angel.manuel.rueda@udc.es
Profesorado
González Rueda, Ángel Manuel
Correo electrónico
angel.manuel.rueda@udc.es
Web http://estudos.udc.es/gl/subject/710G04V01/710G04040/2020
Descrición xeral Esta materia introduce e describe os conceptos básicos da estatística, comezando pola estatística descritiva de unha o máis variables, pasando pola teoría de probabilidades, o concepto de variable aleatoria e as distribucións de probabilidade. Ademais, tendo en conta a súa crecente importancia, introduciranse as series de tempo (datos característicos dos procesos de dixitalización), os indicadores bibliométricos, da calidade das bibliotecas e os números índice. Tamén se introducirá o sofware estatístico R e as súas diversas aplicacións.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Ningunha

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican
Sesión maxistral, Prácticas a través de TIC e Estudo de casos serán impartidas por teledocencia ( Teams). A Proba obxectiva realizarase de modo non presencial por Moodle.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Atenderanse as consultas do alumnado por correo electrónico dous días á semana. Se fose necesario poderanse facer titorías individuais por Teams concertándoas previamente por correo electrónico.

4. Modificacións na avaliación
Ningunha

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Coñecer e comprender os principios teóricos e metodolóxicos da xestión e documentación da información para aplicalos na súa actividade profesional
A5 CE5 - Dominar as fontes de información relevantes que permitan satisfacer de forma efectiva as demandas dos usuarios tanto para a actividade investigadora como para a empresarial
A8 CE8 - Dominar os distintos métodos de representación de datos, información e coñecemento que garanta a súa recuperación eficiente
A13 CE13 - Coñecer e dominar as técnicas e normativas para a creación e autenticación, reunión, selección, organización, representación, preservación, recuperación, acceso, difusión, intercambio e avaliación de recursos e servizos de información
A21 CE21 - Posuír coñecementos de estatística e análise cuantitativa da información
A22 CE22 - Adquirir habilidades computacionais e xestión das novas TIC
B1 CB1 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionan unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e / ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB2 - Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en ambientes novos ou descoñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 CB3 - Ser capaz de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de facer xuízos a partir de información que, estando incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre responsabilidades sociais e éticas relacionadas coa aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 CB4 - Saber comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e os motivos finais que os sustentan- a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades
B5 CB5 - Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan seguir estudando dun xeito que sexa en gran parte autodirixido ou autónomo
B6 CG1 - Capacidade de cooperación, traballo en equipo e aprendizaxe colaborativa
B7 CG2 - Capacidade de reflexión e razoamento crítico
B8 CG3 - Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos, información e operacións
B9 CG4 - Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións
B11 CG6 - Capacidade para comprender a importancia, valor e función da xestión dixital da información e documentación na actual sociedade das TIC
C1 CT1 - Expresarse correctamente, oralmente e por escrito, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C2 CT2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e comunicación (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo das súas vidas
C3 CT3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía que respecta a cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero
C4 CT4 - Comprender a importancia da cultura empresarial e coñecer os medios dispoñibles para os empresarios
C5 CT5 - Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables
C6 CT6 - Desenvolver a capacidade para traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento ambiental, económico, político e social sostible
C7 CT7 - Valorar a importancia da investigación, a innovación eo desenvolvemento tecnolóxico no progreso socioeconómico e cultural da sociedade
C8 CT8 - Ter a capacidade para xestionar o tempo e os recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar críticas, establecer prazos e cumprirlos

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as medidas descriptivas e de representación gráfica de datos máis usuais. A8
A13
A21
B1
B8
B9
Habilidade para sintetizar e analizar descritiva e gráficamente un conxunto de datos. A8
A21
A22
B2
B3
B4
B5
B8
B9
Coñecemento do concepto de probabilidade, regras de cálculo probabilístico e modelos probabilísticos máis usuais. A1
A21
B1
B2
B3
B4
B5
Capacidade de aplicar ferramentas informáticas de análise estatística para a toma de decisións e para o desenvolvemento e explotación de sistemas de información. A22
B11
C2
C6
Integrar os coñecementos estatísticos teóricos e prácticos como vía para do coñecemento e pensamento reflexivo e totalizador. A1
A5
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C4
C7
C8
Capacidade de análise e de síntese aplicada á xestión e organización da información. B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C3
C5

Contidos
Temas Subtemas
Os temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, que son: Fontes de información e metodoloxía estatística. Introdución ao manexo de programas para a análise estatística (software R).
Estatística descritiva univariante. Estatística descritiva de dúas variables. Análise de dependencia entre variables e regresión entre variables estatísticas. Introdución ás series de tempo e aos números índice. Métodos para a detección de valores atípicos (outliers). Probabilidade. Variables aleatorias e distribucións de probabilidade.
Introducción á estatística e fontes de información Introducción e obxecto da estatística. Principais conceptos da estatística e a ciencia de datos. Metodoloxías de tratamento de datos e principais problemas que abordan. Fontes de información estatística. Organización da estatística oficial no ámbito nacional e internacional (axencias da ONU, Euroestat, INE, e IGE, entre outras). Principais estatísticas no ámbito socioeconómico (estatísticas demográficas, sociais, de emprego, económicas). Fontes de información dixital.
Estatística descriptiva dunha variable unidimensional. Conceptos xerais. Frecuencias e tabulación. Medidas de posición, dispersión e forma. Representación gráfica dunha variable.
Estatística descriptiva de máis dunha variable. Estatística descriptiva de dúas variables conxuntas. Medidas de posición e dispersión. Representación gráfica de datos multivariantes. Relación de dependencia entre variables cualitativas. Relación de dependencia entre variables cuantitativas: regresión lineal simple. Outros modelos de regresión. Métodos descriptivos de clasificación non supervisada por conglomerados (clúster) e para a detección de datos atípicos (outliers).
Introdución ao manexo de programas para a análise estatística (software R) Descripción do software estatístico R. Estructura de R. Introdución á programación con R. Funcións. Definición de obxectos. Asignación. Crear e importar bases de datos. Obtención de gráficos. Elaboración de informes.
Introducción ás series de tempo e aos números índice Indicadores en bibliotecas e no eido da documentación. Índices bibliométricos. Números índice. Números índice simples e compostos. Introducción á análise descriptiva de series de tempo.
Probabilidade Conceptos básicos. Operacións con sucesos. Regra de Laplace. Propiedades da probabilidade. Probabilidade condicionada. Regra do produto, regra das probabilidades totais, regra de Bayes. Aplicacións a problemas de documentación.
Variables aleatorias Definición de variable aleatoria. Variables aleatorias discretas. Variables aleatorias continuas. Función de masa de probabilidade. Función de densidade. Función de distribución. Media, varianza, cálculo de probabilidades e cuantís.
Distribucións de probabilidade Distribución Binomial. Distribución hiperxeométrica. Distribución binomial negativa. Distribución normal. Distribución uniforme. Distribución exponencial. Distribucións asociadas á normal. Outras distribucións.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A13 A22 B11 C2 12 0 12
Sesión maxistral A1 A5 A8 A21 B1 B3 B7 C4 C7 21 0 21
Traballos tutelados B2 B4 B5 B6 B8 B9 C1 C3 C5 C6 C8 1.02 100.98 102
Proba obxectiva A21 B1 B2 1 0 1
Estudo de casos A1 A8 A21 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C8 7 7 14
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Desenvolveranse clases prácticas mediante software estatístico, nas que se introducirá a súa programación e aplicación a partir de casos reais e simulados.
Sesión maxistral Serán sesións expositivas nas que se introducirán e describirán os diversos temas da materia, mediante presentacións (usando os adecuados medios audiovisuais) que incluirán teoría e exemplos.
Traballos tutelados Realizaranse traballos individuais e/ou en grupo, tutelados polos docentes da materia, nos que se abordará a resolución, mediante a aplicación de técnicas estatísticas e o software R, de exercicios prácticos ou de casos de estudo particulares relacionados co ámbito da comunicación e das ciencias da información. Tamén se poderá realizar un estudo de revisión acerca dun tema concreto da materia ou do software utilizado. Os traballos poderán ser propostos polos docentes ou polos propios alumnos (as propostas serán tidas en conta ou non sempre segundo o criterio do docente).
Proba obxectiva Consistirá nunha proba tipo test sobre os contidos impartidos na materia.
Estudo de casos Aplicaranse as técnicas estatísticas impartidas na materia para a resolución de exercicios e casos de estudo reais e simulados no ámbito da xestión dixital da información.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Sesión maxistral
Descrición
A atención personalizada farase, globalmente, mediante tutorías personalizadas directas e virtuais, individuais e grupais.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B2 B4 B5 B6 B8 B9 C1 C3 C5 C6 C8 Realizaranse traballos individuais e/ou en grupo, tutelados polos docentes da materia, nos que se abordará a resolución, mediante a aplicación de técnicas estatísticas e o software R, de exercicios prácticos ou de casos de estudo particulares relacionados co ámbito da comunicación e das ciencias da información. Tamén se poderá realizar un estudo de revisión acerca dun tema concreto da materia ou do software utilizado. Os traballos poderán ser propostos polos docentes ou polos propios alumnos (as propostas serán tidas en conta ou non sempre segundo o criterio do docente). 40
Prácticas a través de TIC A13 A22 B11 C2 Valorarase a asistencia e/ou o desempeño dos alumnos nas clases prácticas co software estatístico. 20
Proba obxectiva A21 B1 B2 Proba tipo test consistente entre 10 e 20 preguntas con 3 respostas posibles. 40
 
Observacións avaliación
Primeira oportunidade

Realizarase unha proba de resposta múltiple de 10 a 20 preguntas que representa o 40% da nota. Por outra banda, a avaliación continua constará da asistencia e/ou entrega de prácticas relacionadas coa aprendizaxe e aplicación do software estatístico R para a resolución de problemas no eido da xestión dixital da información (20% da nota global), ademais da entrega dun e/ou varios traballos de aplicación da estatística para a resolución de casos de estudio en documentación dixital (alternativamente poderán ser tarefas de revisión ou ampliación da materia) que representa o 40% da nota final.

No caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia que decida non asistir a clases, leste será avaliado nas dúas oportunidades como o resto do alumnado que se atopa nunha situación similar.

Segunda oportunidade

Na avaliación da segunda oportunidade se seguirá o mesmo criterio que na primeira.

Fontes de información
Bibliografía básica Marín, J. (1999). Estadística Aplicada a las Ciencias de la Documentación. Murcia: Diego Marín Editor
Judit Bar-Ilan (2008). Informetrics at the beginning of the 21st century—A review.. Journal of Informetrics
Cao, R., Francisco, M., Naya, S., Presedo, M.A., Vázquez, M., Vilar, J.A. y Vilar, J.M. (2001). Introducción a la Estadística y sus aplicaciones.. Pirámide
Egghe, L. y Rousseau, R. (1990). Introduction to Infometrics. Quantitative Methods in Library, Documentation and Information Science.. Amsterdam: Elsevier.
Cao, R., Labora, A., Naya, S. e Ríos, M. (2001). Métodos estatísticos e numéricos. A Coruña: Baía
José María Sarabia Alegría , Faustino Prieto Mendoza , Vanesa Jordá Gil (2018). Prácticas de estadística con R. Pirámide
María Dolores Ugarte, Ana F. Militino, and Alan T. Arnholt (2012). Probability and Statistics with R. Springer
Stephen, P. and Hornby, S. (1997). Simple statistics for library and information professionals.. London:Library Association Publishing
Moya, F., López, J. y García C. (1996). Técnicas Cuantitativas Aplicadas a la Biblioteconomía y Documentación. Madrid: Síntesis

Bibliografía complementaria Gonick, L. e Smith, W. (2001). A estatística ¡en caricaturas!. Lugo:SGAPEIO
Cástor Guisande, Antonio Vaamonde (2012). Gráficos estadísticos y mapas con R. Díaz de Santos
Judit Bar-Ilan (2008). Informetrics at the beginning of the 21st century—A review.. Journal of Informetrics


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol:

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

• Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático.

• Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

• En caso de ser necesario realizalos en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

• Débese de facer un uso sustentable  dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

• Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

• Deberanse detectar situacións de discriminación e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías