Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Historia do Libro Código 710G04044
Titulación
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Ruiz Astiz, Javier
Correo electrónico
j.ruiz.astiz@udc.es
Profesorado
Ruiz Astiz, Javier
Correo electrónico
j.ruiz.astiz@udc.es
Web
Descrición xeral A materia tratará de comprender o fenómeno do libro antigo dende a Idade Media até o século XXI.

Ao longo das sesións centraremos a nosa atención principalmente no libro editado na imprenta incunable e nos séculos XVI e XVII.

Estudarase o libro dende a súa concepción, proceso de fabricación, estrutura, posta á venda e, sobre todo, a catalogación nas bibliotecas deste tipo de materiais coas súas características e peculiaridades.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 CE2 - Ter o coñecemento humanístico que lle permita ter unha cultura sólida para contextualizar os coñecementos adquiridos

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir as destrezas e os coñecementos mínimos para conocer o libro antigo dos séculos XV-XIX. A2

Contidos
Temas Subtemas
O Libro Antigo impreso 1. Patrimonio Bibliográfico e Libro Antigo

2. A imprenta e o libro (séculos XV-XIX)

3. Tipoloxías de impresos

4. Estrutura do Libro Antigo

5. Problemas bibliográficos do Libro Antigo

6. Catalogación e fontes de información

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 21 18 39
Traballos tutelados A2 10 38 48
Portafolios do alumno A2 21 40 61
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Tanto a parte teórica como a práctica serán explicadas en clase.
Traballos tutelados Presentarase un traballo relacionado con cada un dos módulos da materia.

Os traballos terán una data límite de entrega fixada polos profesores.
Portafolios do alumno Cartafol de traballo do alumnado que deberán entregar periodicamente e no prazo estipulado aos profesores coas distintas actividades expostas nas aulas: exercicios prácticos para o seguimento dos coñecementos adquiridos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Traballos tutelados
Descrición
Haberá atención personalizada para todas as metodoloxías descritas: prácticas, clases teóricas e traballo tutelado. En ocasións está atención será no gabinete, en clase, via e-mail e via moodle.

Nota para estudantes con "dispensa académica de exención de asistencia":
De maneira específica, as medidas de adicación para el “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” son as que seguen:

-Os/as alumnos/as deben poñerse de acordo co profesor para fixar varias tutorías coa fin de seguir a materia con efectividade.
-Deben asistir a clase o mínimo de horas fixadas no regulamento.
-Deben realizar e entregar as prácticas e o traballo.
-As datas de entregas oficiales fixadas para os/as alumnos/as que asisten a clase non aplican para estos/as alumnos/as.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A2 Valorarase a adecuación do portafolios presentado aos temas propostos para cada actividade, o contido, a coherencia da súa estrutura, a redacción e a presentación.

Entregarase cada actividade na data indicada polo profesor.

Non se avaliarán as actividades presentadas fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aquelas que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
50
Traballos tutelados A2 Computaránse os traballos tutelados individuales que se encomenden. 50
 
Observacións avaliación

É requisito imprescindíbel para aprobar presentar as prácticas de clase (portafolios do alumno) e os traballos tanto oralmente como de forma escrita. 

Para aprobar o estudante debe conseguir un mínimo de 5/10 no traballo e tamén nas prácticas. Si este non é o caso o alumno está suspenso.

Non hai diferencia na evaluación entre a primeira e a segunda oportunidade.

Nota para estudantes con "dispensa académica de exención de asistencia":

De maneira específica, as medidas de adicación para o “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” son as que seguen: 

-Os/as alumnos/as deben poñerse de acordo co profesor para fixar varias tutorías coa fin de seguir a materia con efectividade. 

-Deben asistir a clase o mínimo de horas fixadas no regulamento. 

-Deben realizar as prácticas e o traballo. 

-As datas de entregas oficiales fixadas para os/as alumnos/as que asisten a clase non aplican para estos/as alumnos/as. 

a. Para a primeira oportunidade os criterios e as actividades de evaluación para este alumnado son: prácticas e traballo. O peso que terán na avaliación é o arriba indicado.

b. Para a segunda oportunidade os criterios e as actividades de evaluación para este alumando son os mesmos que en a.

Plaxio: 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.


Fontes de información
Bibliografía básica

- Allés Torrent, Susanna; Rio Riande, G. del y Calarco, G. TTHub. Text Technologies Hub. Recursos sobre tecnologías del texto y edición digital. https://tthub.io/aprende/ 

- Barbier, Frederic. Historia del Libro. Madrid: Alianza Editorial, 2005.

- Borrás Perellò, L. El libro y la edición: de las tablillas sumerias a la tableta. Gijón: Trea, 2002.

- Chartier, Roger. El orden de los libros: Lectores, autores, bibliotecas en Europa entre los siglos XVI y XVIII. Barcelona: 1994.

- Clair, Colin. Historia de la imprenta en Europa . Edición de Julián Martín Abad. Madrid: Ollero & Ramos, 1998.

- Codina, L. El libro digital y la WWW.Madrid: Tauro, 2000.
 
- Cordón García, J. A., Gómez Díaz, R. y Alonso Arevalo, J. Gutenberg 2.0: la revolución de los libros. Gijón: Trea, 2011 

- Dahl, Sven. Historia del Libro. Madrid: Alianza Editorial, 2003.

- Estivill i Rius, A. Catalogación derecursos electrónicos. Gijón: Trea, 2006.

- Moll, Jaime. Problemas bibliográficos del libro del Siglo de Oro, Madrid, Arco Libros, 2011.

- Pedraza Gracia, Manuel J.; Clemente San Román, Yolanda; Reyes Gómez, Fermín de los. El libro antiguo. Madrid: Síntesis, 2003.

- Pedraza Gracia, Manuel J. y Reyes Gómez, Fermín de los. Atlas Histórico del Libro y las Bibliotecas. Madrid: Síntesis, 2016.

- Pierazzo, E y Mancinelli, T.Che cos'e un'edizione scientifica digitale. Roma: Carocci, 2020.

- Simón Díaz, José. El libro antiguo español: análisis de su estructura. 2a ed. corregida y aumentada. Madrid: Ollero & Ramos, 2000.

Bibliografía complementaria

Os docentes poderán recomendar nas clases bibliografía complementaria para cada un dos temas e actividades a desenvolver, co fin de adecuar e actualizar de maneira continua os contidos da materia.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías