Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Taller de Habilidades Informacionais e Dixitais: Xestión, Publicación e Promoción de Contidos Dixita Código 710G04048
Titulación
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Humanidades
Coordinación
Fernandez Travieso, Carlota
Correo electrónico
carlota.ftravieso@udc.es
Profesorado
Cortiñas Álvarez, Alejandro
Fernandez Travieso, Carlota
Correo electrónico
alejandro.cortinas@udc.es
carlota.ftravieso@udc.es
Web
Descrición xeral Os obxectivos desta materia son:

-Coñecer e saber usar as ferramentas básicas de xestión, publicación e promoción de contidos dixitais.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías

Todas as metodoloxías se manteñen cos seguintes cambios:

- Toda a docencia pasará a facerse a través de medios online (Teams, Moodle e email).
- A presentación oral será a través de medios online (Moodle, Forms ou Teams).

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

A atención personalizada será a través de medios online (Teams, Moodle e email).

4. Modificacións na avaliación

Non se realizarán cambios.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Non se realizarán cambios.


Competencias do título
Código Competencias do título
A17 CE17 - Adoptar unha orientación ao mercado e aos usuarios de información creando servizos e produtos valiosos para organizacións e entidades
A22 CE22 - Adquirir habilidades computacionais e xestión das novas TIC
B5 CB5 - Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan seguir estudando dun xeito que sexa en gran parte autodirixido ou autónomo
B6 CG1 - Capacidade de cooperación, traballo en equipo e aprendizaxe colaborativa
B7 CG2 - Capacidade de reflexión e razoamento crítico
B8 CG3 - Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos, información e operacións
B9 CG4 - Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións
B10 CG5 - Capacidade para traballar nun contexto global e internacional
B11 CG6 - Capacidade para comprender a importancia, valor e función da xestión dixital da información e documentación na actual sociedade das TIC
C6 CT6 - Desenvolver a capacidade para traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento ambiental, económico, político e social sostible
C7 CT7 - Valorar a importancia da investigación, a innovación eo desenvolvemento tecnolóxico no progreso socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e saber usar as ferramentas básicas de xestión, publicación e promoción de contidos dixitais. A17
A22
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
C6
C7
Coñecer e saber empregar as redes sociais para promoción de contidos. A17
A22
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
Publicación web - Introdución ós estándares web: HTML, CSS e JS
- Ferramentas de publicación: xestores de contido
- Plugins
- Posicionamento (SEO)
Redes sociais : uso, análise e métricas de impacto. - Que é unha rede social?
- Evolución das redes sociais.
- Características e tipoloxías.
- Principais redes sociais. Características e uso.
- Estratexias de comunicación e plan de publicacións.
- Estratexias para a análise e a monitoraxe. Ferramentas.
Presentaciones multimedia de diapositivas.

- Que é unha presentación multimedia?
- Características. Tipoloxías. Elementos.
- Planificación e deseño: principios e técnicas.
- Ferramentas


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A17 A22 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C6 C7 16 0 16
Traballos tutelados A17 A22 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C6 C7 6 35 41
Sesión maxistral A17 A22 B5 B7 B8 B9 B10 B11 C7 8 0 8
Presentación oral A17 A22 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C6 C7 1 8 9
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canal para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Presentación oral Exporanse os traballos tutelados da materia elaborando unha presentación multimedia. Para a súa elaboración, haberán de seguirse as pautas concretas que facilitarán os docentes.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas a través de TIC
Descrición
Tanto na realización de prácticas como de traballos tutelados haberá atención personalizada sobre os traballos concretos a desenvolver por parte do alumnado. O profesor atenderá dúbidas puntuais a cada estudante ou grupo.

A atención personalizada fora do horario de clase se fará por medios online: email, Moodle ou Teams, en horas de tutorías preferentemente.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A17 A22 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C6 C7 Valorarase a calidade dos traballos realizados: adecuación ás pautas marcadas, contido, aplicación dos coñecementos adquiridos, resolución dos problemas, e entrega do traballo no prazo establecido.

Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
60
Presentación oral A17 A22 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C6 C7 Calidade e orixinalidade do traballo realizado, coherencia co traballo tutelado realizado, correcto uso dos conceptos que son obxecto da materia, adecuación aos requisitos que se establezan, claridade no planteamento e estrutura, capacidade de síntese, correcta expresión oral e escrita.
40
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é obligatorio:

  • Unha NOTA MÍNIMA de 3 (sobre 6) nos traballos tutelados. Ademáis, debe sacarse unha nota mínima do 40% da puntuación en cada un dos traballos individuais.
  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) na metodoloxía presentación oral.

De non obter a nota mínima nos traballos tutelados ou na presentación, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5.

Terán cualificación de NON PRESENTADO os estudante que non realice entregas en algunha das metodoloxías.

Os traballos copiados ou plaxiados serán cualificados cun 0.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. As condicións da avaliación mantéñense con respecto á primeira oportunidade. Gardaranse as notas dos traballos que resulten aprobados na primeira oportunidad, polo que os estudantes poderán recuperar só a parte ou partes que resultasen suspensas.

Terán cualificación de NON PRESENTADO os estudantes que non presenten traballos en algunha das metodoloxías que precisen recuperación.

DISPENSA ACADÉMICA

Dado que a asistencia ás sesións presenciais non é obligatoria, aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases terán as mesmas condicións que o resto do alumnado.


Fontes de información
Bibliografía básica DUARTE, Nancy (2011). Slide:ology : arte y ciencia para crear presentaciones convincentes. Barcelona: Conecta
ABAJO SUÁREZ, María; HERNÁNDEZ HERNÁNDEZ, Santiago (2016). Domina las redes sociales. Madrid: Udima
ÁLVAREZ MARAÑÓN, Gonzalo (2000). El arte de presentar.. Barcelona: Gestión
MACIÁ, Fernándo y María SANTOJA (2016). Marketing en redes sociales. Madrid: Anaya
PONCE, Isabel (2012). Monográfico: Redes sociales, en Observatorio tecnológico, Ministerio de Educación Cultura y Deporte, Gobierno de España. . Disponible en: http://recursostic.educacion.es/observatorio/web/ca/internet/web-20/1043- redes-socia
REYNOLDS, Garr (2009). Presentación Zen.. Madrid: Pearson Educación
ORTIGOSA, M. T.; DOMÍNGUEZ, C.; BUSTAMANTE A. T. (2019). “Guía para la elaboración de un plan social media para bibliotecas”. Boletín de la Asociación Andaluza de Bibliotecarios, núm. 118, pp 95-113.

Os profesores poderán proporcionar nas clases bibliografía específica e webgrafía para cada un dos temas e actividades a desenvolver.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías