Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Taller de Habilidades Informacionais e Dixitais: Técnicas de Comunicación e Divulgación Científica Código 710G04050
Titulación
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Fernandez Travieso, Carlota
Correo electrónico
carlota.ftravieso@udc.es
Profesorado
Fernandez Travieso, Carlota
Ruiz Astiz, Javier
Correo electrónico
carlota.ftravieso@udc.es
j.ruiz.astiz@udc.es
Web http://https://pdi.udc.es/es/File/Pdi/4S46G https://pdi.udc.es/es/File/Pdi/AM2PK
Descrición xeral Abórdanse a diseminación, difusión e divulgación cientifica e outros conceptos afíns, considerando os axentes que interveñen na comunicación científica e propoñendo exemplos diversos tipos de accións e técnicas aplicables en diversos medios: prensa, audiovisual, Internet...

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Coñecer e comprender os principios teóricos e metodolóxicos da xestión e documentación da información para aplicalos na súa actividade profesional
A3 CE3 - Coñecer a realidade e os condicionantes sociais que inflúen na xestión da información
A12 CE12 - Desenvolver servizos de apoio á comunicación científica en todas as súas fases desde a creación ata a divulgación de resultados científicos tanto no sector público como no privado
B2 CB2 - Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en ambientes novos ou descoñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 CB3 - Ser capaz de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de facer xuízos a partir de información que, estando incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre responsabilidades sociais e éticas relacionadas coa aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 CB4 - Saber comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e os motivos finais que os sustentan- a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades
B5 CB5 - Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan seguir estudando dun xeito que sexa en gran parte autodirixido ou autónomo
B6 CG1 - Capacidade de cooperación, traballo en equipo e aprendizaxe colaborativa
B7 CG2 - Capacidade de reflexión e razoamento crítico
B8 CG3 - Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos, información e operacións
B9 CG4 - Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións
B10 CG5 - Capacidade para traballar nun contexto global e internacional
B11 CG6 - Capacidade para comprender a importancia, valor e función da xestión dixital da información e documentación na actual sociedade das TIC
C3 CT3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía que respecta a cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero
C6 CT6 - Desenvolver a capacidade para traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento ambiental, económico, político e social sostible
C7 CT7 - Valorar a importancia da investigación, a innovación eo desenvolvemento tecnolóxico no progreso socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Distinguir entre os conceptos relacionados coa comunicación e divulgación científica. A1
A3
A12
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
C3
C6
C7
Coñecer os factores e axentes que interveñen na divulgación e promoción da ciencia. A1
A3
A12
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
C3
C6
C7
Deseñar plans e accións de divulgación científica A1
A3
A12
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
C3
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
1- A Comunicación científica 1.1- Diseminacion, difusion e divulgación.
1.2- Axentes implicados na comunicación cientifica
1.3- Mobilización y transferencia del conocimiento
1.4- Ciencia cidadá
1.5- Diseño de accións de divulgación
2- Accións de comunicación científica en medios audiovisuais Modelos, técnicas e prácticas.

(Documentais, programas de televisión e radio, charlas TED, canais de You Tube, infografías...)
3- Accións de comunicación científica en medios editoriais Modelos, técnicas e prácticas.

(Libros de divulgación, cómics, revistas científicas e de divulgación científica, boletíns de resumos, noticias de prensa, notas de prensa...)
4- Accións de comunicación científica en Internet Modelos, técnicas e prácticas.

(Redes sociais especializadas e xeneralistas, repositorios institucionais e de datos, perfís blogs, a wikipedia...)
5- Museos científicos, exposicións, eventos Modelos, técnicas e prácticas.

(Entre os eventos, cafés científicos, conferencias, a semana da ciencia, a Noite europea dos investigadores, o Festival pint of Science...)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 B3 B5 B7 B8 C7 4 0 4
Portafolios do alumno A1 A3 A12 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C3 C6 C7 10 25 35
Traballos tutelados A1 A3 A12 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C3 C6 C7 3 27 30
Presentación oral A1 A3 B2 B3 B4 B6 B7 B9 C3 C6 4 2 6
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos básicos da materia, elaborados e expostos pola docente, que pode apoiarse en medios audiovisuais. Abordaranse cuestións teóricas e/o prácticas necesarias para o desenvolvemento do traballo tutelado e traballos do portafolios.

Portafolios do alumno Cartafol de traballo dos alumnos que deben entregar periodicamente e no prazo estipulado á profesora coas distintas actividades realizadas en clase: resumenes ou esquemas, test, exercicios prácticos... Permitirá profundar sobre os contidos e realizar o seguimento dos coñecementos adquiridos.

Traballos tutelados Realización por parte do alumnado dun traballo autónomo orientado á profundización nos contidos da materia, baixo a vixilancia e seguiemento da profesora. Proporcionaranse instrucións precisas para a súa realización.

Presentación oral Ao longo das clases procurarase a interacción entre o alumnado e profesorado de modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Os alumnos terán que falar de/expoñer os traballos prácticos que realicen.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Sesión maxistral
Portafolios do alumno
Traballos tutelados
Descrición
As titorías da materia permitirán ao alumnado resolver dúbidas sobre os contidos e a forma de preparar o traballo tutelados, traballos do portafolios y las presentaciones orales.

Con carácter xeral, e en todas as metodoloxías aplicadas, se empregarán as titorías presenciais, o correo electrónico e a plataforma Moodle da UDC. Poderán realizarse titorías por Teams, acordándoas previamente por correo electrónico coa profesora.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A1 A3 B2 B3 B4 B6 B7 B9 C3 C6 Terase en conta a participación nas aulas expoñendo o traballo propio relación cos traballos prácticos. 10
Portafolios do alumno A1 A3 A12 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C3 C6 C7 Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas persoais, a claridade na formulación e estrutura, a capacidade de síntese, a redacción e presentación, fontes e bibliografía utilizada. 50
Traballos tutelados A1 A3 A12 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C3 C6 C7 Valorarase a adecuación ás pautas marcadas para cada actividade, o contido, as achegas por parte dos alumnos, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos. 40
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE: 

Para aprobar a materia, é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación. Será imprescindible obter un mínimo de 4 sobre 10 no portafolios e o traballo tutelado, de non ser así a nota global da materia non será superior a 4,5. Non se avaliarán traballos entregados fóra de prazo ou non acordados cos docentes previamente cando sexa preciso. Unha vez realizado un dos traballos do portafolios, se as restantes entregas da metodoloxía non se entregan nos prazos establecidos cualificaranse cun 0. Este será tamén o caso dos traballos que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración ou que fosen copiados ou plaxiados. A cualificación será de non presentado (N. P.), cando non se entregue ningún dos traballos do portafolios ou o traballo tutelado, 

SEGUNDA OPORTUNIDADE: 

Poderán presentarse á segunda oportunidade UNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas na primeira oportunidade. Será obrigatorio comunicar á profesora como se abordará a avaliación nesta segunda oportunidade. Cando haza que elixir un tema para unha das actividades do portafolios ou para o traballo tutelado,  se non se fixo durante o curso, será obrigatorio acordalo cos docentes, como mínimo, un mes antes da data fixada para o exame pola Facultade. 

 

ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA: 

Terán que acordar unha titoría nas dúas primeiras semanas clase co fin de establecer un plan de traballo idóneo. Na primeira oportunidade, terán que decidir, de acordo cos docentes, se se acollen aos prazos de presentación de traballos que serán comunicados ao longo do curso a través de plataforma Moodle ou se realizan só unha entrega final de todos os traballos conxuntamente. Poderán ser dispensados da participación nas aulas (o 10% de "presentación oral"), tendo neste caso o portafolios o valor do 60%. Na segunda oportunidade, non haberá diferenzas no sistema de avaliación en relación co proposto para o resto do alumnado.


Fontes de información
Bibliografía básica

- Brooks H, Bee P. Chapter 10: Research Dissamination and Impact. En: Bee P, Brooks H, Callaghan P, Lovell K, editores. A Research Handbook for Patient and Public Involvement Researchers. Manchester: Manchester University Press; 2018. 129-141.

 - Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, editor. Libro blanco de las Unidades de Cultura Científica y de la innovación UCC+i. Madrid: Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología; 2021. Disponible en: https://www.fecyt.es/es/publicacion/libro-blanco-de-las-unidades-de-cultura-cientifica-y-de-la-innovacion-ucci-0 [28-6-2022].

 -Fundación Ibercivis  y Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT)-Ministerio de Ciencia e Innovación. Observatorio de la ciencia ciudadana en España. Disponible en: https://ciencia-ciudadana.es/ [28-6-2022].

 -Grupo de Trabajo de Divulgación y Cultura Científica de Crue-I+D+i (Red Divulga), Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología. Guía de valoración de la actividad de divulgación científica del personal académico e investigador. Madrid: CRUE Universidades Españolas I+D+i, Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología; 2018. Disponible en: https://www.upo.es/diario/wp-content/uploads/2018/12/Guia-Valoraci%C3%B3n-Divulgaci%C3%B3n-CRUE-FECYT.pdf [28-6-2022].

-Introducing science communication: a practical guide. Editado por Mark L. Brake y Emma Weitkamp. Houndmills : Palgrave Macmillan, 2010

 -Poza Luján, J. L. 12 consejos para el diseño de actividades de divulgación científica (2012). Disponible en:  https://www.ruvid.org/comunicarciencia/12-consejos-actividades-divulgacion.pdf  [28-6-2022].

- Seguí Simarro, J. M. Estrategias de divulgación científica. Valencia : Universitat Politècnica de València, 2015

Bibliografía complementaria

Os docentes poderán recomendar nas clases bibliografía específica para cada un dos temas e actividades a desenvolver, co fin de adecuar e actualizar de maneira continua os contidos da materia.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías