Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Xeodemografía Código 710G05005
Titulación
Grao en Relacións Internacionais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Armas Dieguez, Pedro Ramon
Correo electrónico
pedro.armas@udc.es
Profesorado
Armas Dieguez, Pedro Ramon
Correo electrónico
pedro.armas@udc.es
Web http://https://humanidades.udc.es
Descrición xeral Demografía para comprensión das Relacións Internacionais, focalizada na conexión entre poboación, política e territorio. Trala explicación dos mecanismos de análise da estrutura e da evolución poboacional, presta especial atención á repercusión territorial das conferencias internacionais de poboación e as políticas demográficas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 CE3 - Coñecer os conceptos, teorías e técnicas aplicadas á análise dos actores e relacións internacionais, tanto no ámbito universal como no rexional, cunha perspectiva tanto histórica como contemporánea.
A5 CE5 - Comprender e analizar os procesos globalizadores, as dinámicas de deslocalización e estratexias alternativas.
A7 CE7 - Analizar a realidade global nas súas diferentes dimensións, en particular a xeográfica, a política, a social, a económica e a xurídica.
A8 CE8 - Ser capaz de aplicar a metodoloxía científica aos retos sociais, políticos, económicos e xurídicos con elemento internacional.
A9 CE9 - Analizar e avaliar problemas ambientais e patrimoniais nas relacións internacionais.
A10 CE10 - Adquirir coñecemento das técnicas, métodos de traballo e análise das ciencias humanas, sociais e xurídicas.
A11 CE11 - Analizar a realidade política, social e económica no marco da cooperación internacional ao desenvolvemento.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B6 CG1 - Apreciar a diversidade e a multiculturalidad.
B7 CG2 - Adquirir habilidade para traballar nun contexto internacional.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero, nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional, co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
C6 CT6 - Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables, así como un uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
C9 CT9 - Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as fontes e métodos da análise demográfica. A8
A10
B1
B2
C3
Interrelacionar territorio, política e demografía. A7
A9
B3
C3
C6
C9
Tomar conciencia das desigualdades demográficas no proceso de globalización. A5
A11
B3
B7
C4
C9
Analizar críticamente as teorías demográficas. A3
B3
C4
Diferenciar as políticas demográficas e comprender a súa repercusión territorial. A3
B3
C4
Avaliar o impacto dos movementos migratorios na actualidade. A11
B6
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Fontes e métodos da análise demográfica. 1.1. Fundamentos da Xeodemografía.
1.2. Fontes demográficas.
1.3. Métodos da análise demográfica.
2. Estrutura da poboación e a súa evolución no proceso de globalización. 2.1. Estrutura da poboación.
2.2. Evolución da poboación.
3. Xeodemografía, urbanización e globalización.
3.1. Introducción ás teorías demográficas.
3.2. Transición demográfica.
3.3. Revolución reproductiva.
4. Repercusións da distribución desigual da poboación mundial. 4.1. Poboación e recursos.
4.2. Conferencias internacionais de poboación.
5. Políticas demográficas. 5.1. Introducción ás políticas demográficas.
5.2. Políticas euxenésicas.
5.3. Políticas xenocidas.
5.4. Políticas antinatalistas.
5.5. políticas natalistas.
6. Movementos migratorios e a súa repercusión territorial. 6.1. Introducción aos movementos migratorios.
6.2. Repercusión territorial das migracións.
7. Diversidade territorial das variables demográficas. 7.1. Prácticas estatísticas (natalidade, fecundidade, mortalidade, esperanza de vida...).
7.2. Prácticas cartográficas.
8. Proxeccións demográficas. 8.1. Prácticas estatísticas.
8.2. Prácticas audiovisuais.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 A8 A10 B2 B3 B1 C3 C6 C9 20 5 25
Estudo de casos A5 A7 A9 A11 B2 B6 B7 B1 C4 C6 C9 15 35 50
Prácticas a través de TIC A3 A8 A10 B2 B3 B1 C3 C6 10 40 50
Análise de fontes documentais A3 A8 B3 B7 B1 C6 C9 5 5 10
Proba mixta A3 A5 A7 A8 A10 A9 A11 B2 B3 B6 B7 B1 C3 C4 C6 C9 2.5 7.5 10
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesión expositiva con interactividade combinada. Exposición oral complementada con medios audiovisuais e preguntas dirixidas aos estudantes, para transmitir coñecementos e facilitar o aprendizaxe. Serán explicados mediante sesións maxistrais os temas: 1. Fontes e métodos da análise demográfica, 2. Estrutura da población e a súa evolución no proceso de globalización e 3. Xeodemografía, urbanización e globalización (teorías demográficas).
Estudo de casos Estudo de casos xeo-demográficos para: incentivar os razoamentos inductivos e deductivos, establecer hipóteses, refutar paradigmas, confirmar teorías, propor solucións... Plantéxanse casos que han de ser comprendidos, avaliados e resoltos a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. O estudo de casos aplicarase sobor de todo aos subtemas do tema 5. Políticas demográficas (euxenésicas, xenocidas, antinatalistas e natalistas).
Prácticas a través de TIC Prácticas con series estatísticas, material cartográfico e medios audiovisuais, para aplicar de forma efectiva as tecnoloxías da información e as comunicacións á análise de problemas xeo-demográficos. As prácticas con TIC aplicaranse sobor de todo aos temas 6. Movementos migratorios e a súa repercusión territorial, 7. Diversidade territorial das variables demográficas (natalidade, fecundidade, mortalidade, esperanza de vida...) e 8. Proxeccións demográficas.
Análise de fontes documentais Introducción a documentos estatísticos, cartográficos e audiovisuais relevantes para a análise xeo-demográfica, como instrumentos de aplicación ao estudo de casos ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. Esta metodoloxía combinarase coas sesións maxistrais do tema 1. Fontes e métodos da análise demográfica, e có estudo de casos do tema 5. Políticas demográficas.
Proba mixta Proba con preguntas tipo ensaio e preguntas tipo obxectivas, para avaliar a capacidade de síntese (por exemplo, definición de conceptos) e a capacidade de análise (por exemplo, comentario de material textual ou gráfico).

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Descrición
Plan de aprendizaxe, específico e individualizado, para axuste entre coñecementos e intereses do alumno, a petición propia. Trátase de entrenar ao alumno para o traballo en equipa, para encaixar os sus intereses na análise grupal e para xerar solucións a problemas derivados das políticas demográficas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A5 A7 A9 A11 B2 B6 B7 B1 C4 C6 C9 Estudo de casos xeo-demográficos para: incentivar os razoamentos inductivos e deductivos, establecer hipóteses, refutar paradigmas, confirmar teorías, propor solucións... Plantéxanse casos que han de ser comprendidos, avaliados e resoltos a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. 10
Prácticas a través de TIC A3 A8 A10 B2 B3 B1 C3 C6 Prácticas con series estatísticas, material cartográfico e medios audiovisuais, para aplicar de forma efectiva as tecnoloxías da información e as comunicacións á análise de problemas xeo-demográficos. 30
Proba mixta A3 A5 A7 A8 A10 A9 A11 B2 B3 B6 B7 B1 C3 C4 C6 C9 Proba con preguntas tipo ensaio e preguntas tipo obxectivas, para avaliar a capacidade de síntese (por exemplo, definición de conceptos) e a capacidade de análise (por exemplo, comentario de material textual ou gráfico). 60
 
Observacións avaliación

A avaliación por seguimento continuado/observación sistemática correspóndese có estudo de casos e prácticas Tics.

Para superar a materia o alumno deberá levar a cabo os estudos de casos e prácticas con Tics que se lle indiquen, ademáis de obter polo menos unha calificación de 5.0 puntos na proba mixta. De non ser así, poderá acudir a unha segunda oportunidade, para a cal se lle manterán as calificacións dos estudos de casos e prácticas con Tics.

Ao alumnado con recoñecemento a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia se lle aplicará a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC", de 29 de maio de 2012, artigos 2.3, 3.b. y 4.5.

Advírtese que, se fose detectado fraude mediante plaxio ou copia en calquera das actividades avaliables, a materia será calificada con 0.0 puntos na convocatoria correspondente, ao marxe doutras calificacións obtidas.


Fontes de información
Bibliografía básica Henry L. (1976). Demografía. Labor
Leridon H. & Toulemon L. (2014). Demografía. CEDUA Col Mex
Pressat R. (1979). Demografía estadística. Ariel
Vinuesa J. Ed. (1994). Demografía. Análisis y proyecciones. Síntesis
Toulemon L. & Leridon H. (2015). Demografía. Enfoque estadístico y dinámica de las poblaciones. CEDU México
Pressat R. (1987). Diccionario de demografía. Oikos-Tau
Pressat R. (1983). El análisis demográfico. FCE
Sánchez Barricarte J.J. (2008). El crecimiento de la población mundial. Tirant lo Blanch
Vinuesa J. Ed. (1982). El estudio de la población. IEAL (Madrid)
Bricker D. & Ibbitson J. (2019). El planeta vacío: el shock del declive la población mundial. Editorial B
Tapinos G. (1988). Elementos de demografía. Espasa Calpe
Sánchez D. & Chávez R. (2019). Envejecimiento de la población y cambio climático. Comares (Granada)
Arroyo A. Ed. (2007). Estadísticas demográficas y sociales. Universidad de Jaén
Mogelgaard K. et alt. (2019). Estado de la población mundial. UNFPA
Reques P. (2011). Geo-demografía. Principios conceptuales y metodológicos. Universidad de Cantabria (Santander)
Livi Bacci M. (1998). Historia de la población europea. Crítica
Livi Bacci M. (2009). Historia mínima de la población mundial. Ariel
Livi Bacci M. (1993). Introducción a la demografía. Ariel
Susino J. (2016). Introducción a la práctica del análisis demográfico. Dextra Editorial
Vallín J. (1995). La demografía. Alianza Editorial
Abellán A. (1991). La población del mundo. Síntesis
Vallin J. (1995). La población mundial. Alianza Editorial
Sartori G. & Mazzoleni G. (2003). La tierra explota: superpoblación y desarrollo. Taurus
Thumerelle P.J. (1997). Las poblaciones del mundo. Cátedra
Puyo R. et alt. (1993). Los grandes problemas actuales de la población. Síntesis
Le Bras H. (1997). Los límites del planeta. Mitos de la naturaleza y la población. Ariel
Reques P. (2001). Población, recursos y medio ambiente: ¿El final de los mitos?. Universidad de Cantabria (Santander)
Vinuesa J. & Puga D. (2007). Técnicas y ejercicios de Demografía. INE Colección Libros de autor

Bibliografía complementaria United Nations (....). Demographic Manuals. UN (23 vol.)
AAVV (....). Demographic Research. Max Plank Institute for Demographic Research
Poston D.L. (2019). Handbook of Population. Springer (Switzerland)
Guilluy Ch. (2021). Les temps des gens ordinaires. Flammarion
AAVV (....). Papers de Demografía. Working Paper del Centre d´Estudis Demogràfics
Shryock H.S. et alt. (1975). The Methods and Materials of Demography. US Bureau of the Census (vol.2). PDF en Google Books
AAVV (....). The Open Demography Journal. Demography Journal


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Xeografía Política/710G05004

Materias que continúan o temario
Movementos Migratorios e Codesenvolvemento/710G05028

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías