Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Idioma Estranxeiro I: Alemán Código 710G05010
Titulación
Grao en Relacións Internacionais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Alemán
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Otero Villena, Almudena
Correo electrónico
almudena.otero.villena@udc.es
Profesorado
Otero Villena, Almudena
Correo electrónico
almudena.otero.villena@udc.es
Web http://secretaria.uvigo.gal/docnet-nuevo/guia_docent/?centre=108&ensenyament=O08G440V01
Descrición xeral Pártese dun nivel cero de coñecementos en lingua alemá. Explicaranse e practicaranse as destrezas
básicas de comprensión e produción oral e escrita en lingua alemá, xunto cun vocabulario cotián.
Tratarase de alcanzar un nivel A.1.1. en alemán.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Analizar información relacionada con fontes e feitos internacionais en contornas xeopolíticas, económicos e xurídicos complexos, presenciais ou virtuais.
A10 CE10 - Adquirir coñecemento das técnicas, métodos de traballo e análise das ciencias humanas, sociais e xurídicas.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B7 CG2 - Adquirir habilidade para traballar nun contexto internacional.
C2 CT2 - Defenderse nun idioma estranxeiro e expresarse correctamente de forma oral e escrita no mesmo.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Desenvolvemento da capacidade de contrastar aspectos léxicos, fraseolóxicos e gramaticais do idioma estranxeiro co propio. A10
B1
B7
C2
Desenvolvemento de contrastar aspectos de civilización propios das xentes que falan o idioma estranxeiro e alleos. A1
A10
B1
B7
C2

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución: a lingua alemá.
Alfabeto e fonética.
Regras básicas de pronuncia.
Letras e os seus sons: deletrear.
A declinación: o nominativo.
O artigo determinado e indeterminado.
Os pronombres persoais.
Países, cidades, linguas e gentilicios.
O mapa de Europa.
Os países de fala alemá.
Saúdos e presentacións.
2. O presente dos verbos regulares.
Os verbos Sein e Haben.
A posición do verbo na frase.
Preposicións locais: aus, in, nach.
As profesións e outros datos persoais.
Os números e a idade.
A familia básica.
3. Morfoloxía do nome: xénero e número.
O sufijo de feminino 'in'.
A formación do plural: regras.
Os obxectos da aula. Falar en clase.
Os números.
Operacións matemáticas básicas.
4. Presente dos verbos irregulares.
Verbos separables.
O pronombre impersoal 'man'.
A hora.
Medios de transporte.
Viaxes.
5. O caso acusativo e as súas preposicións.
Os pronombres posesivos.
O adxectivo en posición predicativa.
Ir de compras.
6. As partículas 'wohl', 'doch', 'aber', 'ja', etc.
As conxuncións 'und', 'oder', 'aber', 'denn'.
Os adverbios de tempo.
A negación: nein, nicht, kein.
Afirmación con ja e con doch.
Os números: o prezo das cousas.
Facer valoracións.
7. Repaso de normas de xéneros e formación de plural.
Nomes compostos.
A comunicación: cartas, formularios, mensaxes, correos electrónicos, etc.
8. Os verbos modais.
O caso dativo e as súas preposicións.
Tempo libre. Hobbies.
O uso de 'gern'.
9. Preposicións temporais.
Os números ordinales.
No hotel.
Indicacións temporais: hora, data, etc.
10. Repaso dos verbos modais.
O verbo 'mögen' e a forma 'möchte'.
Comidas e bebidas. Receitas.
As distintas comidas do día.
11. O caso genitivo. As súas preposicións. Estados federais e capitais da RFA.
Austria e Suíza.
Este temario básico inicial está aberto a novas propostas ou necesidades que poidan xurdir durante o desenvolvemento das clases. Ao longo das clases, sobre todo durante as sesións prácticas, iranse tocando distintos aspectos de cultura e civilización básicas dos países de lingua alemá (Landeskunde).

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A10 B7 C2 40 76 116
Obradoiro A1 B7 B1 C2 6 16 22
Solución de problemas A10 C2 2 2 4
Proba obxectiva A10 B7 C2 2 0 2
Actividades iniciais B1 C2 2 0 2
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados As clases de idioma non distinguen nunca de modo estrito entre sesións teóricas e sesións prácticos; no entanto, durante as sesións 'teóricas' incidirase máis na explicación gramatical do idioma e traballarase na aula cos alumnos para practicar devandita parte gramatical, mentres nas sesións "prácticas" incidirase na práctica oral, a adquisición de vocabulario e os temas culturais. Todo iso implica traballo realizado na aula baixo diversas formas.
Obradoiro Dámoslle a consideración de "talleres" a unha parte das sesións prácticas da materia na que se poderán expor oralmente traballos realizados polo alumnado sobre aspectos de 'Landeskunde".
Solución de problemas Repaso de temas complexos e resolución de dúbidas do alumnado nas sesións finais do curso.
Proba obxectiva Exame final de contido léxico e gramatical que se realizará nas datas oficiais fixadas en cada centro e puntuará segundo as porcentaxes fixadas máis abaixo.
Actividades iniciais Na primeira sesión de clase explicarase o programa docente, a bibliografía e ferramentas de información e comunicación e o sistema de avaliación. Proporcionarase toda a información necesaria para seguir adecuadamente o curso e superar a materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Actividades iniciais
Descrición
Resolución de dúbidas e repaso de problemas tanto en aula como en tutorías personalizadas.
Resolveranse dúbidas do alumnado tanto na aula como en tutorías personalizadas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A10 B7 C2 Avaliaranse os exercicios e traballos realizados xa sexa na aula ou en casa, así como a participación activa e o desempeño do alumnado durante todo o curso polo sistema de avaliación continua. Así mesmo, teranse en conta as posibles presentacións orais de temas de "Landeskunde" na aula. 30
Proba obxectiva A10 B7 C2 Exame final de contido léxico e gramatical que se realizará nas datas oficiais fixadas en cada centro e puntuará segundo as porcentaxes fixadas. 70
 
Observacións avaliación
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
A avaliación e conseguinte cualificación do alumnado levará a cabo mediante un procedemento de avaliación continua, de acordo coas metodoloxías docentes e porcentaxes descritas arriba. Para obter o 30% máximo establecido para a porcentaxe obtida polo traballo realizado durante o curso, atenderase á participación regular e activa na aula, a resolución de exercicios de aula, ademais da entrega de traballos e exercicios realizados en casa e as posibles presentacións orais. A proba escrita final realizarase na data fixada no calendario oficial de cada centro. Se o profesorado considera necesario realizar probas orais individuais complementarias, acordará as datas das mesmas co alumnado.

ALUMNADO CON DISPENSA ACADÉMICA DE EXCENCIÓN DE ASISTENCIA
Deberán ponerse en conatcto coa persoa encargada da materia nas primeiras semans do curso.
En canto aos procedemientos e ás porcentaxes de avaliación, deberán realizar un exame escrito final sobre todos os contidos da materia, que se realizará nas datas oficiais fixadas por cada centro; ademais será obrigatorio que realicen unha proba oral individual na data acordada co profesorado da materia. A proba escrita puntuará un 70% da nota e a proba oral un 30%.

IMPORTANTE: tanto no caso da avaliación continua da primeira oportunidade, como no caso do alumnado con dispensa académica de excención de asistencia, a nota do exame escrito non poderá ser inferior a un 4 para superar a materia (e para poder pasar á proba oral, en caso necesario).

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Exame escrito de todos os contidos do curso polo 100% da nota. Só faranse probas orais en casos puntuais, se o profesorado o estima necesario para poder fixar a nota final.

En calquera das convocatorias o profesorado ten a potestade de poder esixir unha proba oral individual para completar os seus criterios de avaliación.

ACTUACIÓN NO CASO DE PLAXIO

Todos os traballos presentados polo alumnado para ser obxeto de avaliación deben ser de elaboración individual (salvo indicación
expresa) e poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta
de deteción de plaxio ou de presentación do mesmo traballo en varias
materias. No caso de deteción de plaxio, o traballo obterá unha
cualificación de 0 e activaránse as medidas recollidas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cuaificacións dos estados
de grao e mestrado universitario" da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Glas-Peters, S., Pude, A. y Reiman, M. (2017). Menschen DAF Arbeitsbuch (mit Audio-CD). Hueber Verlag
Felip Sardà, I., Seuthe, C., Ayuso García, V., Caesar, S. y Carrascal, G. (2017). Menschen DAF Glossar. Hueber Verlag

Bibliografía complementaria VVAA (2009). Diccionario moderno alemán, Español-Alemán. Langenscheidt
Ruipérez, G. (2006). Gramática alemana. Cátedra
Castell, A. (2011). Gramática de la lengua alemana. Idiomas
Dreyer-Schmidt (2013). Lehr- und Übungsbuch der deutschen Grammatik. Hueber Verlag
Dreyer-Schmidt (2013). Lössungsschlüssel zum Lehr- und Übungsbuch der deutschen Grammatik. Hueber Verlag


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Esta materia terá continuación nos seguintes cursos, nos que se seguirá avanzando de nivel .



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías