Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Xestión de empresas marítimas Código 730496013
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Oceánica
Coordinación
Castro Santos, Laura
Correo electrónico
laura.castro.santos@udc.es
Profesorado
Castro Santos, Laura
Correo electrónico
laura.castro.santos@udc.es
Web
Descrición xeral As decisións de investimento no sector marítimo son xeneralmente moi cuantiosas e están sometidas a unha elevada incertidume, polo que teñen un gran risco. É por iso que na asignatura proporcionánse coñecementos que permiten identificar o risco estratéxico e de carácter técnico e financeiro para realizar a modelización cuantitativa en tempo real das decisións de xestión e organización das empresas neste eido.

Competencias do título
Código Competencias do título
A15 Coñecementos de economía e de xestión de empresas do ámbito marítimo.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
B7 Falar ben en público
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecementos que permiten identificar o risco estratéxico e de carácter técnico-financeiro. AM15
BM6
Modelización cuantitativa en tempo real das decisións de xestión e organización das empresas neste eido. AM15
BM4
CM1
Análise de fontes de datos relativos á evolución da demanda de fretes. AM15
BM5
BM6
BM7
CM1
Análise de fontes de datos de oferta e demanda de construcción e reparación naval (civil, náutica de recreo, militar, offshore) a nivel global. AM15
BM5
BM6
BM7
Fundamentos de dirección estratéxica para estaleiros e empresas marítimas. AM15
BM4
BM7
CM1
Avaliación económico-técnica de proxectos de nova construción e operación de unidades marítimas. AM15
BM4
BM5
BM6
BM7
CM1

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I: ANÁLISE DE FONTES DE DATOS RELATIVOS Á EVOLUCIÓN DA DEMANDA DE FRETES Tema 1: Transporte marítimo e economía global.
Tema 2: Organización do mercado do shipping.
Tema 3: Ciclos do mercado do shipping.
Tema 4: Oferta, demanda e ratios de frete.
Tema 5: Os mercados do frete.
BLOQUE II: ANÁLISE DE FONTES DE DATOS DE OFERTA E DEMANDA MUNDIAIS DE CONSTRUCCIÓN E REPARACIÓN NAVAL Tema 6: Mercado da construción naval, da reparación naval e da transformación naval.
Tema 7: Mercado de venda de buques de segunda man e mercado de desguace de buques.
BLOQUE III: FUNDAMENTOS DE DIRECCIÓN ESTRATÉXICA PARA ESTALEIROS E EMPRESAS MARÍTIMAS Tema 8: O marco competitivo.
Tema 9: A configuración da empresa.
Tema 10: A posta en práctica das decisións estratéxicas.
BLOQUE IV: AVALIACIÓN ECONÓMICO-TÉCNICA DE PROXECTOS DE NOVA CONSTRUCIÓN E OPERACIÓN DE UNIDADES MARÍTIMAS Tema 11: Avaliación económica de proxectos de investimento
Tema 12: Proxectos de investimento de transporte marítimo
Tema 13: Sensibilidade de proxectos de investimento

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A15 B5 B6 B7 17.5 7.5 25
Prácticas de laboratorio A15 B4 B5 B6 C1 13.75 13.75 27.5
Traballos tutelados A15 B4 B6 B7 C1 8.25 46.25 54.5
Proba obxectiva A15 B4 B5 B6 C1 3 0 3
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os traballos tutelados requiren unha atención personalizada do alumnado para guialo no proceso de elaboración dos mesmos.
Esta será levada a cabo mediante titorías co alumnado grupais ou individuais e de formas diversas (presenciais, correo electrónico, etc.).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A15 B4 B5 B6 C1 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. 50
Prácticas de laboratorio A15 B4 B5 B6 C1 Actividades de carácter práctico a desenvolver guiadas pola profesora. 30
Traballos tutelados A15 B4 B6 B7 C1 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela da profesora. O alumnado elixirá un tema relacionado cos contidos da materia e elaborará un ou varios traballos tutelados segundo unhas indicacións básicas propostas pola profesora. Na súa avaliación teranse en conta tanto os contidos coma a exposición oral dos mesmos. 20
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Alcántara González et al. (2009). Economía del sector marítimo. Fondo editorial de Ingeniería Naval, Madrid
Hunt and Butman (1995). Marine Engineering economics and cost analysis. Cornell Maritime Press, Centreville, Maryland
Martin Stopford (2009). Maritime Economics. Rutledge (Taylor and Francis group), NY

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Coñecementos de análisis de viabilidade de proxectos de inversión, sistemas de control de custos, e ter superadas as asignaturas de grao relativas a dirección de proxectos e proxectos de buques e artefactos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías