Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Xestión de empresas marítimas(en extinción) Código 730496013
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica (plan 2018)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Bouza Fernandez, Maria Sonia
Correo electrónico
sonia.bouzaf@udc.es
Profesorado
Bouza Fernandez, Maria Sonia
Correo electrónico
sonia.bouzaf@udc.es
Web
Descrición xeral As decisións de investimento no sector marítimo son xeneralmente moi cuantiosas e están sometidas a unha elevada incertidume, polo que teñen un gran risco. É por iso que na asignatura proporcionánse coñecementos que permiten identificar o risco estratéxico e de carácter técnico e financeiro para realizar a modelización cuantitativa en tempo real das decisións de xestión e organización das empresas neste eido.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A16 A15 - Coñecementos de economía e de xestión de empresas do ámbito marítimo.
B4 CB09 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 CB10 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 G01 Capacidade para resolver problemas complexos e para tomar decisións con responsabilidade sobre a base dos coñecementos científicos e tecnolóxicos adquiridos en materias básicas e tecnolóxicas aplicables na enxeñaría naval e oceánica, e en métodos de xestión.
B7 G02 Capacidade para concibir e desenvolver solucións técnica, económica e ambientalmente adecuadas a necesidades de transporte marítimo ou integral de persoas e mercadorías, de aproveitamento de recursos oceánicos e do subsolo mariño (pesqueiros, enerxéticos, minerais, etc.), uso adecuado do hábitat mariño e medios de defensa e seguridade marítimas.
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Analizar as decisións de investimento no sector marítimo AP15
BM4
BM5
BP1
BP2
CM1
Identificar o risco estratéxico de empresas do sector marítimo AP15
BM4
BM5
Identificar e avaliar os aspectos técnico-financeiros de empresas do sector marítimo AP15
BM4
BM5
BP1
BP2
CM1
Analizar decisións de xestión e organización de empresas do ámbito marítimo AP15
BM4

Contidos
Temas Subtemas
Os bloques ou temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, que son: - Análise de fontes de datos relativos á evolución da demanda de fletes.
- Análise de fontes de datos de oferta e demanda mundiais de construción e reparación naval (civil, náutica de recreo, militar, offshore)
- Fundamentos de dirección estratéxica para estaleiros e empresas marítimas.
- Avaliación económico-técnica de proxectos de nova construcción e operación de unidades marítimas.
BLOQUE I: O MERCADO MARÍTIMO Tema 1. Mercado da Construcción Naval
Tema 2. Mercado da Reparación e/ou conversión naval.
Tema 3. Mercado de Fletamento de buques.
BLOQUE II: DIRECCIÓN ESTRATÉXICA Tema 4. A estratexia empresarial
Tema 5. Deseño de estructuras organizativas
BLOQUE III: CONTABILIDADE Tema 6. A contabilidade financieira.
Tema 7. A contabilidade analítica e de custos.
Tema 8. Avaliación económica de proxectos de investimento.
BLOQUE IV: XESTIÓN DE PROXECTOS Tema 9. Planificación e control de proxectos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A16 B5 C1 17.5 7.5 25
Prácticas de laboratorio B6 C1 13.75 13.75 27.5
Traballos tutelados B4 B6 B7 C1 8.25 46.25 54.5
Proba obxectiva A16 B4 B6 3 0 3
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os traballos tutelados requiren unha atención personalizada do alumnado para guialo no proceso de elaboración dos mesmos.
Esta será levada a cabo mediante titorías co alumnado grupais ou individuais e de formas diversas (presenciais, correo electrónico, etc.).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B4 B6 B7 C1 Exporanse un ou varios traballo/s para facer en grupos de máximo 4 persoas. 30
Proba obxectiva A16 B4 B6 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. 70
 
Observacións avaliación

Nesta materia acéptase a dispénsa académica, sempre que sexa
solicitada oficialmente.O sistema de avaliación será o mesmo que para o
resto de alumnado.

As notas dos traballos tutelados manténse para a 2º oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica Alcántara González et al. (2009). Economía del sector marítimo. Fondo editorial de Ingeniería Naval, Madrid
Hunt and Butman (1995). Marine Engineering economics and cost analysis. Cornell Maritime Press, Centreville, Maryland
Martin Stopford (2009). Maritime Economics. Rutledge (Taylor and Francis group), NY

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Para axudar a conseguir unnha contorna inmediata sustentable e cumplir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do Plan de Acción Green Campus Ferrol:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
  1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
  2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sin necesidade de imprimilos.
  3. De ser necesario realizalos en papel:
  • Non se empregarán plásticos.
  • Realizaranse impresións a doble cara.
  • Empregarase papel reciclado.
  • Evitarase a impresión de borradores.

- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías