Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Apoio loxístico integrado Código 730496014
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Oceánica
Coordinación
Fernandez Rodriguez, Angel
Correo electrónico
angel.fernandezr@udc.es
Profesorado
Fernandez Rodriguez, Angel
Correo electrónico
angel.fernandezr@udc.es
Web
Descrición xeral O Apoio Loxístico Integrado (ALI) foi desenvolvido polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos no ano 1964. A partir de 1971 é un requisito obrigatorio nese país no proceso de adquisición de equipos militares.
Existen varias definicións do ALI. A Sociedade de Enxeñaría Loxística defíneo como "O conxunto de actividades técnicas e de xestión, levadas a cabo ao longo do ciclo de vida programado dun sistema, cuxo obxectivo é asegurar que se tiveron en conta as consideracións do apoio loxístico no proceso de deseño, á vez que se planifican a identificación e obtención dos recursos necesarios para a súa operación e mantemento".
A finalidade desta materia ofrecer os alumnos do Máster en INO a posibilidade de familiarizarse coa análise, planificación e xestión da loxística así como co plan de mantemento do buque e as súas consideracións económicas dentro da estrutura dos custos fixos de operación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A13 Coñecemento da enxeñaría de sistemas aplicada á definición dun buque, artefacto ou plataforma marítima mediante a análise e optimización do seu ciclo de vida.
A16 Capacidade para desenvolver e xestionar a enxeñaría de apoio loxístico, mantemento e reparación de buques e artefactos.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para desenvolver e xestionar a enxeñaría de apoio loxístico, mantemento e reparación de buques e artefactos AM13
AM16
Coñecemento da enxeñaría de sistemas aplicada á definición dun buque, artefacto ou plataforma marítima mediante a análise e optimización do seu ciclo de vida AM13
AM16
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo BM2
Que los estudiantes sepan comunicar sus conclusiones -y los conocimientos y razones últimas que las sustentan- a públicos especializados y no especializados de un modo claro y sin ambigüedades BM4

Contidos
Temas Subtemas
1. INTRODUCIÓN Á MATERIA
1.1. Contorna actual
1.2. Termos e definicións
1.3. Elementos da loxística
2. PLANIFICACIÓN DA LOXÍSTICA .
3. A LOXÍSTICA NO CICLO DE VIDA DO SISTEMA 3.1. Requisitos de apoio loxístico
3.2. Análise de apoio loxístico
3.3. Deseño para soportabilidade
3.4. Proba e avaliación do sistema
3.5. Obtención e adquisición de elementos de apoio loxístico
3.6. Apoio temporal do contratista
3.7. Servizo ao cliente e apoio durante o ciclo de vida
3.8. Retirada do sistema e refugallo ou reciclaxe do material
4. XESTIÓN LOXÍSTICA 4.1. Requisitos do programa de loxística
4.2. Organización para a loxística
4.3. Contratación para a loxística
4.4. Xestión e control do programa
5. PLAN DE MANTEMENTO 5.1. Introdución
5.2. Funcións do mantemento
5.3. Tipos de mantemento
5.4. Implantación dun plan mantemento
5.5. Periodicidade e alcance das inspeccións
5.6. Custo do mantemento
5.7. Evolución histórica do mantemento
6. MECANISMOS DE FALLO E CONCEPTOS ASOCIADOS 6.1. Xeneralidades
6.2. Clasificación dos fallos
6.3. Mecanismos de fallo
6.4. Funcións de distribución de fallo
6.5. MTBF
6.6. Taxa de fallos
6.7. A curva de bañeira
6.8. Fiabilidade
6.9. Mantenibilidade
6.10. Dispoñibilidade
7. CONSIDERACIÓNS ECONÓMICAS DO MANTEMENTO NOS BUQUES
7.1. Custos de mantemento dentro da estrutura dos custos fixos de operación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A13 A16 26 39 65
Traballos tutelados A13 A16 B2 5 20 25
Presentación oral B2 B4 2 8 10
Proba obxectiva A13 A16 B2 B4 3.5 0 3.5
 
Atención personalizada 9 0 9
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explicación de conceptos teóricos e prácticos para que o alumno adquira as habilidades para o desenvolvemento da profesión
Traballos tutelados Os alumnos realizasen traballos tutelados para obter:
Coñecemento da materia
Habilidades para o traballo en grupo
Habilidades para a profesión
Presentación oral Exposición na aula dos traballos realizados
Proba obxectiva Realización dunha proba na que o alumno reflicte os coñecementos adquiridos

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
Informar o alumno sobre a forma e fondo para a realización dos traballos propostos en clase, indicando as directrices básicas

Nas tutorías dar a información necesaria para cumprir cos requisitos de Bolonia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A13 A16 Explicación de conceptos teóricos e prácticos para que o alumno adquira as habilidades para o desenvolvemento da profesión 5
Traballos tutelados A13 A16 B2 Realización e entrega dos traballos prácticos propostos en clase.
Terase en conta:
- Estrutura do traballo.
- Calidade da documentación.
- Orixinalidade.
- Presentación.
- Exposición.
- Referencias
20
Presentación oral B2 B4 Atenderase á capacidade do alumno para presentar en público, a súa capacidade de síntese, e o seu dominio da materia presentada 10
Proba obxectiva A13 A16 B2 B4 Realización dunha proba escrita na que o alumno reflicta os coñecementos adquiridos durante o curso 65
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Rowland Freeman (1995). CALS (Adquisición y apoyo continuado durante el ciclo de vida). Isdefe
Alberto Sols (2000). Fiabilidad, Mantenibilidad, Efectividad: un enfoque sistémico. Univ. Pontificia de Comillas
Benjamín Blanchard (1995). Ingeniería de Sistemas. Isdefe
Benjamín Blanchard (1995). Ingeniería Logística. Isdefe
González Fernández, Francisco Javier (2011). Teoría y práctica del mantenimiento industrial avanzado. Fundación Confemetal

 

Bibliografía complementaria

 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Traballo fin de mestrado/730496023

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías