Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Tecnoloxía mecánica Código 730496018
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Fernandez Feal, Maria Mercedes del Coro
Correo electrónico
coro.ffeal@udc.es
Profesorado
Fernandez Feal, Maria Mercedes del Coro
Correo electrónico
coro.ffeal@udc.es
Web
Descrición xeral Estúdanse os procesos de fabricación que posibilitan a obtención industrial de pezas mecánicas e outros elementos constitutivos de máquinas e produtos industriais diversos xa sexa mediante sistemas convencionais ou sistemas con alto grao de automatización.

Competencias do título
Código Competencias do título
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo BM2
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. BM4

Contidos
Temas Subtemas
Os bloques ou temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación Enxeñería de fabricación. Metroloxía e Control de Calidade. Descrición dos procesos de fabricación e
as súas características tecnolóxicas: conformación por moldeo de materiais metálicos e plásticos,
conformación por deformación plástica e, particularmente, mecanizado. Métodos de unión.
1. Introdución aos procesos industriais. 1.1.Sistemas produtivos.
1.1.1. Introdución. recensión histórica.
1.1.2.Tipos e características.
1.2.Procesos de fabricación.
1.3.O deseño e a fabricación.
1.4. Materiais: tipos, competencia e criterios de selección.
2. Xestión da fabricación. 2.1.Introdución.
2.2.Orzamento.
2.3.Prezo do custo.
2.3.1.Custos directos.
2.3.2.Custos indirectos.
2.3.3.Custos mínimos de fabricación.
2.3.4.Custos xerais.
3. Metroloxía e instrumentación industrial. 3.1.Metroloxía industrial. A medición no taller mecánico.
3.1.1.Instrumentos con gradación.
3.1.2.Instrumentos de medición comparativa.
3.1.3.Medición de propiedades xeométricas.
3.1.4.Medición de roscas e dentes de engrenaxe.
3.2.Máquinas de medición por coordenadas.
3.3.Inspección automatizada.
3.4.Dimensionamiento xeométrico. Establecemento de tolerancias.
3.4.1.Tolerancias dimensionales.
3.4.2.Tolerancias xeométricas.


4. Clasificación dos procesos de fabricación. 4.1.Procesos de fabricación en función da finalidade que persegue o proceso.
4.1.1.Procesos de fabricación de produtos semielaborados e pezas elementais.
4.1.2.Procesos de fabricación de pezas.
4.1.3.Métodos de unión.
4.1.4.Tratamentos térmicos.
4.1.5.Tratamentos termoquímicos.
4.1.6.Tratamentos superficiais.
4.1.7.Operacións auxiliares.
4.2.Factores que inflúen na selección do proceso.
5. Produción de pezas. 5.1.Moldeo de pezas metálicas.
5.1.1.Introdución ao moldeo. Fundición competitiva.
5.1.2.Etapas do moldeo.
5.1.3.Clasificación.
5.1.4. Moldes. Tipos de moldes.
5.1.5.Métodos de moldeo.
5.1.6.Fornos.
5.2. Conformado por deformación plástica.
5.2.1.Deformación metálica en frío.
5.2.1.1.Materiais utilizados.
5.2.1.2.Operacións principais.
5.2.2.Conformado por traballo en quente. Proceso de forxa ou estampaxe en quente.
5.2.2.1.Materiais forjables.
5.2.2.2.Temperatura de forxa.
5.2.2.3.Ciclo de execución da forxa.
5.2.2.4.Máquinas utilizadas para a forxa.
5.3.Mecanizado por arranque de labra.
5.3.1.Materiais mecanizables.
5.3.2.Procedementos empregados no arranque de material.
5.3.3.Proceso de arranque de material por medio de coitelas.
5.3.4.Proceso de torneado.
5.3.5.Proceso de tradeado.
5.3.5.Automatización das máquinas ferramentas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B2 B4 25 40 65
Solución de problemas B2 B4 15 5 20
Prácticas de laboratorio B2 B4 10 5 15
Traballos tutelados B4 B2 4 4 8
Proba obxectiva B2 B4 2.5 0 2.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Solución de problemas Técnica mediante á cal tense que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais)
Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba obxectiva Proba obxectiva escrita. Resolución de cuestións e problemas expostos sobre a materia impartida.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada implicará a tutorización e axuda ao alumno no ensino e na procura dos recursos necesarios para expor e resolver con éxito as tarefas encomendadas ao longo do tempo en que se cursa a materia en todos e cada un dos ámbitos en que se desenvolve a mesma.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B2 B4 Resolución de cuestións e problemas expostos sobre a materia impartida. 70
Traballos tutelados B4 B2 Realización dun traballo sobre a temática da materia a elección do alumno que deberá ser presentado oralmente ante o conxunto da clase. Se evaluarála orixinalidade do tema elixido, a presentación e a defensa do mesmo. 15
Sesión maxistral B2 B4 Avaliación contínua: exposicións, participación nas clases... 15
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Serope Kalpakjian, Steven R. Schmid (2002). Manufactura. Ingeniería y tecnología.. Pearson Education
Serope Kalpakjian, Steven R. Schmid (2013). Manufacturing Engineering and Technology. Pearson Education
García Bercedo, Raúl y otros (2013). Tecnología Mecánica. Servicio editorial de la UPV
Lasheras, J.M. (2003). Tecnología Mecánica y Metrotecnia. Editorial Donostarria

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías