Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Tecnoloxía da construcción do buque Código 730496019
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Bouza Fernandez, Javier
Correo electrónico
javier.bouza@udc.es
Profesorado
Bouza Fernandez, Javier
Correo electrónico
javier.bouza@udc.es
Web
Descrición xeral O contido desta materia directamente ligado cos obxectivos finais a conseguir será o seguinte:

- Desenvolver o proceso técnico - comercial que ten lugar dende que un estaleiro recibe unha consulta para a construción dun buque ou artefacto ata que se asina o correspondente contrato. Breve recordatorio e complemento ao que xa se inicia nas materias de Construción Naval

- Estudar o desenvolvemento do proxecto e a consolidación da estratexia construtiva.

- Relacionar os aprovisionamentos co proceso produtivo.

- Analizar o proceso de preparación da construción dun buque ou artefacto.

- Estudar os procesos tecnolóxicos propios da construción naval.

- Analizar os medios de produción do estaleiro de construción.

- Inserir as inspeccións e probas no proceso produtivo.

- Coñecer as particularidades da entrega do buque e do proceso de garantía

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Coñecemento dos mercados da construción e reparación de buques e dos seus aspectos legais e económicos, para a súa aplicación aos correspondentes contratos e especificacións.
A6 Capacidade para definir a estratexia construtiva dos buques e para planificar e controlar o seu desenvolvemento.
A9 Capacidade para organizar e dirixir a construción de plataformas e artefactos oceánicos.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
B7 Falar ben en público
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para definir as distintas etapas e procesos na construción do buque AM5
AM6
AM9
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
CM1
Capacidade de desenvolvemento profesional AM5
AM6
AM9
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
CM1

Contidos
Temas Subtemas
UNIDADE DIDÁCTICA 1. - PRESENTACIÓN
CAPÍTULO 1. - PRESENTACIÓN

Presentación persoal.

Presentación do curso.

Formulación xeral
Unidades didácticas
Actividades complementarias

Obxectivos do curso.

Obxectivos
Coñecementos a alcanzar
Calendario do curso

Prácticas

Obxectivo
Traballos prácticos
Visitas

Avaliación

Exames
Outros procedementos de avaliación complementarios

Titorías


UNIDADE DIDÁCTICA 2. - O PROCESO TÉCNICO - COMERCIAL
CAPÍTULO 2. - O PROCESO TÉCNICO - COMERCIAL

Consulta do Armador

Requirimentos contractuais
Estudo de viabilidade

Documentación técnica para oferta

Definición da estratexia construtiva

Planificación da construción

Preparación da oferta financeira

Garantías do armador

Primas á construción naval

Proceso de negociación do contrato

Documentos contractuais

UNIDADE DIDÁCTICA 3. - O DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO Xeneralidades

O Permiso de Construción

Realización do proxecto básico

Aprobación do proxecto básico

Diferentes fases de execución do proxecto

Proxecto de Construción

Desenvolvemento do proxecto de construcción

UNIDADE DIDÁCTICA 4. - OS APROVISIONAMENTOS Tipos de equipos e materiais a aprovisionar

Instalacións chave en man

Estratexias de compras

Planificación de compras

Puntos críticos no aprovisionamento

Petición de ofertas

Estudo de ofertas

Aprobación de ofertas

Elementos básicos dun pedido

Lanzamento dun pedido

Seguimento dun pedido

Control de stocks


UNIDADE DIDÁCTICA 5. - O PROCESO DE PREPARACIÓN DA CONSTRUCIÓN CAPÍTULO 5. - O PROCESO DE PREPARACIÓN DA CONSTRUCIÓN

A oficina de Enxeñaría de Produción

Estratexias construtivas
Niveis de armamento
Secuencia de actividades
Busca do camiño crítico
Fluxos de materiais, equipos e produtos intermedios
Subcontratación

A oficina de planificación

Programación de tarefas
Tarefas críticas
Asignación de persoal e medios
Subcontratacións
Realimentación da programación
Control de custos

A oficina de preparación de traballos

Preparación documentación técnica
Comprobacións previas
Lanzamento de ordes de traballo

UNIDADE DIDÁCTICA 6. - O PROCESO TECNOLÓXICO DA CONSTRUCIÓN NAVAL CAPÍTULO 6. - O PROCESO TECNOLÓXICO DA CONSTRUCIÓN NAVAL

O bloque

Elementos
Elaboración
Control dimensional

Prefabricación de bloques

Planos
Curvos

Prearmamento

Equipos
Servizos

Módulos de armamento

Diferentes tipos
Criterios para a definición
Fabricación
Integración de bloques en bancada

Traballos na bancada

Aliñado de bloques
Montaxe de bloques
Unión de bloques
Inspeccións

UNIDADE DIDÁCTICA 7. - OS MEDIOS DE PRODUCIÓN DO ESTALEIRO CAPÍTULO 7. - OS MEDIOS DE PRODUCIÓN DO ESTALEIRO

A planta do estaleiro

Distribución
Talleres
Almacéns
Medios de elevación e transporte
Servizos auxiliares

Talleres

Equipos
Maquinaria
Tarefas

Almacéns

Equipos
Maquinaria
Tarefas

Parques de materiais

Equipos
Maquinaria
Tarefas

Bancadas

Xeneralidades
Tipos
Equipos
Maquinaria
Tarefas



UNIDADE DIDÁCTICA 8. - AS INSPECCIÓNS E AS PROBAS
CAPÍTULO 8. - AS INSPECCIÓNS E AS PROBAS

Departamento de calidade

Xeneralidades
Tarefas

Inspeccións

En bancada
A flote

Probas

Particulares
Oficiais

Documentación

UNIDADE DIDÁCTICA 9. - A ENTREGA E A GARANTÍA Preparación do buque para a entrega

Penalizacións

Entrega

Certificados
Repostos
Documentación
Transferencia de propiedade

Garantía

Xeneralidades
Asistencia técnica
Acordos de garantías
Nota: As unidades didácticas coas súas subtemas desenvolven os contidos establecidos na Memoria de Verificación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 A6 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 25 12.5 37.5
Presentación oral A5 A6 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 20 20 40
Discusión dirixida A5 A6 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 5 5 10
Obradoiro A5 A6 A9 B5 B6 10 10 20
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral clases impartidas polo profesor
presentaciones,esquemas,planos e demais material grafico e ofimático
Presentación oral Presentación oral por parte do alumnado sobre temas do programa
Discusión dirixida Sobre: armadores-estaleiros (contrato)
Subministración, garantías etc..
Obradoiro Visita a talleres de estaleiros e provedores, botaduras e eventos de construción

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Discusión dirixida
Obradoiro
Sesión maxistral
Descrición
Debido a que cada alumno ten diferente grao de asimilación é importante resolver de forma individual as súas dúbidas e preguntas, xa sexa na aula, no despacho(en horario de titorías), a través do correo electrónico, ou mediante o uso de plataformas TIC (Skype e grupo google). Empregarase o grupo google para o seguimento do curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A5 A6 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 Preparadas en titorías e na casa, presentándoas a todos 20
Discusión dirixida A5 A6 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 Preparadas en titorías e na casa, presentándoas a todos 10
Obradoiro A5 A6 A9 B5 B6 actividade obrigatoria, esta actividade lévase a cabo periodicamente 10
Sesión maxistral A5 A6 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 Cualificando os seus coñecementos en dous test eliminatorio de materia 60
 
Observacións avaliación

Na 1ª oportunidade: A avaliación realizarase en función das Metodoloxías expostas. A cualificación das metodoloxías realizarase con notas sobre 10 e será condición necesaria para superar a avaliación da 1º oportunidade: non ter ningunha nota inferior ou igual que 3,5 e ter unha asistencia ás actividades presenciais de polo menos o 80%. 

A nota final da 1º oportunidade é:

( 0,60 * Proba obxectiva + 0,20 * Presentación oral + 0,10 * Discusión dirixida + 0,10 * Obradoiro ) / (1,4 * Número de notas inferiores ou iguais que 3,5 + N * 1)

onde N=1 para asistencia maior ou igual que o 80% e N=1.5 para o caso contrario.

Na 2ª oportunidade o Alumnos con Dispensa Académica: Realizarase a través dun exame final con 2 módulos:  Teoría e Solución de Problemas. 

A nota final da 2º oportunidade o Alumnos con Dispensa Académica é:

( 0,5 * Módulo Teoría + 0,5 * Solución Problemas ) / (1,4 * Número de notas inferiores ou iguais que 3,5 + 1)


Fontes de información
Bibliografía básica The Society of Naval Architects and Marine Enginee (). Ship Design and Construction, 1980,. SNAME
Primitivo Gonzalez (2000). Técnicas de construcción Naval. Universidade da Coruña
Francisco Javier,Gonzalez de Lema (2002). Tecnología de la construcción del buque. Universidade da Coruña

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías