Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Métodos numéricos aplicados a medios continuos Código 730496022
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Fariñas Alvariño, Pablo
Correo electrónico
pablo.farinas@udc.es
Profesorado
Fariñas Alvariño, Pablo
Correo electrónico
pablo.farinas@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia abordanse os fundamentos e aplicación das técnicas de cálculo numérico aplicadas a mecánica naval. O curso basease no método dos volumes finitos e perséguese que o alumno acade un nivel de coñecemento que lle permita abordar de xeito autónomo a modelaxe numérica de problemas navais fundamentais.

Competencias do título
Código Competencias do título
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
B7 Falar ben en público
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender o modelo numérico xerado a partir das ecuacións xerais. Modelizar e comprender a fenomenoloxía dos problemas que gobernan a mecánica dos medios continuos mediante códigos numéricos. Analizar os resultados computacionais, dende un punto de vista xeral, en problemas navais complexos. BM1
BM2
BM4
BM5
BM6
BM7
CM1

Contidos
Temas Subtemas
Os bloques ou temas seguintes desarrollan os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación Ampliación de métodos numéricos basados en volúmes finitos.
Ampliación de problemas de difusión. - convección combinados.
Modelado de condicións de contorno.
Acoplamentos p-v.
Métodos numéricos basados en elementos finitos.
Recordatorio de leis de conservación: Ecuacións de conservación (masa e cantidade de movemento).
Convección e difusion combinadas
Métodos de acoplamento presión velocidade: Introducción ó peche das ecuacións fronte a falta de ecuacións de evolución.
Incompresibilidade numérica e física.
Mallas deslocalizadas
Métodos SIMPLE/ER/C e PISO xerais para mallas deslocalizadas
Métodos SIMPLE/ER/C e PISO xerais para mallas colocalizadas.
Programación de casos.
Sistemas de ecuacións lineais: Sistemas altamente dispersos.
Métodos punto a punto, liña a liña e plano a plano.
Erros de alta e baixa frecuencia. Métodos multimalla.
O método do gradiente conxugado.
Programación de casos
Problemas transitorios: Esquemas explícito, implícito e totalmente implícito no caso de difusión transitoria unidimensional.
Extensión ó caso 3D.
Problema de convección e difusión transitoria.
Acoplamento P-V transitorios.
Programación de casos.
Condicións de contorno especiais: Recordatorio de condicións Dirichlet e von Newmann.
Condicións de contorno combinadas.
Leis de parede.
Condicións especiais.
Superficie libre.
Casos prácticos sobre software comercial: Casos a propoñer polo profesor da materia.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B1 B2 B5 B6 C1 25 13 38
Solución de problemas B1 B2 B4 B5 B6 B7 C1 3.5 19 22.5
Prácticas de laboratorio B1 B2 B4 B5 B6 B7 C1 3 17 20
Traballos tutelados B1 B2 B4 B5 B6 B7 C1 4 26 30
Proba obxectiva B6 B2 C1 1 0 1
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Son as clases habituais da materia.
Solución de problemas Solución de problemas
Prácticas de laboratorio Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados Aplicación dos coñecementos a software comercial.
Proba obxectiva É o exame da materia. Poderá ser escrito, oral ou unha combinación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Solución de problemas
Descrición
Consiste en soporte para o desenvolvemento das tarefas propias asignadas para desenvolver de xeito autónomo por parte do alumno.

Non se puntúa a asistencia ás clases presenciais, polo tanto, non haberá diferencia algunha entre os alumnos a tempo parcial e os alumnos a tempo total. Todos eles terán os mesmos requisitos para aprobar a materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B1 B2 B4 B5 B6 B7 C1 Entregaranse, baixo demanda do profesosr, os problemas/traballos requeridos que se propoñan ao longo do curso. A realización e entrega dos problemas/traballos será obrigatoria e será calificable de cara a nota final. 20
Traballos tutelados B1 B2 B4 B5 B6 B7 C1 Entregaranse, baixo demanda do profesosr, os problemas/traballos requeridos que se propoñan ao longo do curso. A realización e entrega dos problemas/traballos será obrigatoria e será calificable de cara a nota final. 20
Solución de problemas B1 B2 B4 B5 B6 B7 C1 Entregaranse, baixo demanda do profesosr, os problemas/traballos requeridos que se propoñan ao longo do curso. A realización e entrega dos problemas/traballos será obrigatoria e será calificable de cara a nota final. 20
Proba obxectiva B6 B2 C1 É o exame da materia 40
 
Observacións avaliación

Para aprobar a asignatura é necesario obter unha nota superior a
catro sobre 10 no exame. Ademais é obrigatorio presentar os
traballos demandados polo profesor en forma e prazo. En caso de que
TODOS E CADA UN dos traballos non sexan presentados na forma e prazo requeridos o alumno perderá a posibilidade de superar a materia.

Non se puntúa a asistencia ás clases presenciais, polo tanto, non haberá diferencia algunha entre os alumnos a tempo parcial e os alumnos a tempo total. Todos eles terán os mesmos requisitos para aprobar a materia.

A convocatoria adiantada calificarase cun exame e para superar a materia deberase obter una calificación superior a 5 sobre dez.

A calificación na convocatoria de Xullo obterase do mesmo xeito que na ordinaria de Maio.


Fontes de información
Bibliografía básica Hildebrand F.B. (1976). Advanced calculus for applications. Prentice hall
Pablo Fariñas (2013). Apuntes de clase.
Versteeg H.K. & Malalasekera W. (1995). Computational fluid dynamics, the finite volume method.. Longmann
Maliska C.R. (1995). Transferencia de calor e mecánica de fluidos computacional.. LTC editora

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Hidrodinámica naval avanzada/730496002
Deseño e optimización de estructuras navais/730496003
Ampliación de hidrostática e hidrodinámica/730496020

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías