Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Comportamento e Maniobrabilidade Código 730496204
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica (plan 2018)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Miguez Gonzalez, Marcos
Correo electrónico
marcos.miguez@udc.es
Profesorado
Lago Rodriguez, Fernando
Miguez Gonzalez, Marcos
Correo electrónico
f.lago@udc.es
marcos.miguez@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia pretendese acadar tanto os coñecementos teóricos como prácticos que permitan ó alumno realizar a análise de maniobrabilidade e comportamento na mar, baixo a acción de distintas excitacións externas, de buques e artefactos, incluíndo ademáis, o estudo dos requisitos normativos que son de aplicación nestos dous ámbitos

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 A03 - Coñecemento da dinámica do buque e das estruturas navais, e capacidade para realizar análise de optimización da estrutura da integración dos sistemas a bordo, e do comportamento do buque no mar e da súa manobrabilidade.
B5 CB10 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
C2 C1 Capacidade pra desenrolar a actividade profesional nun entorno multilingue
C3 ABET (a) An ability to apply knowledge of mathematics, science, and engineering.
C7 ABET (e) An ability to identify, formulate, and solve engineering problems.
C12 ABET (j) A knowledge of contemporary issues.
C13 ABET (k) An ability to use the techniques, skills, and modern engineering tools necessary for engineering practice.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento tanto dos fundamentos teóricos como da aplicación práctica da ananalise de maniobrabilidade e do comportamento do buque baixo a acción de olas incluíndo, ademais, o estudo do marco normativo nestes campos. AP3
BM5
CM2
CM3
CM7
CM12
CM13

Contidos
Temas Subtemas
Ecuacións do movemento do buque. - Derivación das ecuacións do movemento. Ecuacións lineais e non lineais.
- Cálculo dos coeficientes das ecuacións do movemento.
Excitacións as que está sometido o buque. - Forzas e momentos xerados polas ondas, ventos e correntes.
- Empurro, resistencia e forzas e momentos dos elementos de control e estabilización.
Resolución das ecuacións de movemento. - Resolución das ecuacións de movemento aplicadas a analise da maniobrabilidade do buque.
- Resolución das ecuacións de movemento aplicadas a analise do comportamento do buque en mares regulares e irregulares.
Marco normativo. - Marco normativo referido a maniobrabilidade e ao comportamento do buque no mar.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A4 B5 C2 C3 C7 C12 C13 10 15 25
Prácticas de laboratorio A4 B5 C2 C3 C7 C12 C13 10 12 22
Traballos tutelados A4 B5 C2 C3 C7 C12 C13 5 22.5 27.5
Proba obxectiva A4 B5 C2 C3 C7 C12 C13 3 0 3
Sesión maxistral A4 B5 C2 C3 C7 C12 C13 20 24 44
 
Atención personalizada 3.5 0 3.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Ao longo do curso proporanse unha serie de problemas das distintas partes de asignatura, co obxectivo de complementar a formación teórica incluida nas sesións maxistrais.
Prácticas de laboratorio Ao longo do curso realizarase unha práctica de laboratorio, que será de obrigada asistencia, e trala cal será necesario entregar unha memoria, na que se abordará un problema relacionado con ditas prácticas. A realización e entrega en prazo desta memoria, cuxo obxectivo, extensión e datas de entrega publicaranse na web (Moodle) da asignatura e faranse públicas nas clases presenciais, é tamén obrigatoria para superar a asignatura.
Traballos tutelados Ao longo do curso será proposto un traballo tutelado, de caracter individual ou en grupo relacionado con algunha das partes en que se divide a asignatura.
Este será de caracter obrigatorio, e será imprescindible a realización do mesmo para superar esta materia. Asimesmo, poderase esixir a presentación pública do mesmo.
Esta presentación pública terá lugar nas horas lectivas do horario da materia, podendo acordar cos alumnos, en casos excepcionáis e sempre a criterio do profesor, outros horarios de defensa.
Os detalles das datas/prazos dos traballos, así como o seu contido e o seu caracter individual ou en grupo, publicaranse na web (Moodle) da asignatura e se farán públicas nas clases presenciais.
Proba obxectiva Unha proba obxectiva que consistirá nun examen teórico e práctico dos contidos da asignatura.
Sesión maxistral Presentación e desenvolvemento dos temas teóricos e prácticos citados no apartado de contidos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Atención personalizada na realización dos problemas de cada unha das partes da asignatura, para a realización da memoria das prácticas e para a realización do traballo tutelado.

Este apartado é tamén de aplicación a aqueles alumnos con dispensa de asistencia a clase e que precisen de atención fora do horario de clases e/o titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A4 B5 C2 C3 C7 C12 C13 A asistencia ás prácticas de laboratorio, así como a realización e entrega en data da memoria de prácticas, é imprescindible para superar a asignatura.

A cualificación da memoria das prácticas de laboratorio representará un máximo dun 15% sobre a nota da asignatura, a condición de que a cualificación das probas obxectivas sexa superior a un 4, como se pode apreciar no apartado de Proba Obxectiva.
15
Traballos tutelados A4 B5 C2 C3 C7 C12 C13 A calificación do traballo tutelado representará un máximo dun 35% sobre a nota da asignatura, sempre e cando a calificación das probas obxectivas sexa superior a un 4, como se pode apreciar no apartado de Proba obxectiva. No caso de que se programe a presentación pública do mesmo, este 35 % dividirase nun 30% correspondente a memoria e un 5 % correspondente a presentación oral.

As datas de entrega publicitaranse a principio de curso, nas clases presenciais e na plataforma Moodle da asignatura.
35
Proba obxectiva A4 B5 C2 C3 C7 C12 C13 A calificación máxima desta proba obxectiva será dun 50 % da nota final do alumno.

Será necesario obter máis de 4 puntos sobre 10 na calificación final da proba obxectiva para superar a materia.
50
 
Observacións avaliación

Dado que a asistencia ás clases non se evalúa dentro da asignatura, os requisitos
que aqueles alumnos con dispensa de asistencia a clase terán que cumprir, tanto
en primeira como en segunda oportunidade, serán os mesmos requisitos que
aqueles sen esta dispensa, con excepción de non ser necesaria a realización da
presentación oral do traballo tutelado, nin a asistencia ás prácticas de
laboratorio, nin a memoria destas prácticas.


Con todo, na data do exame correspondente, estes alumnos deberán realizar un
exame de prácticas, cuxa cualificación corresponderase cun 15 % do total, e
deberán responder a unha serie de preguntas sobre o traballo tutelado, que
contabilizarán cun 5 % do total.


Fontes de información
Bibliografía básica R. Bhattacharyya (1978). Dynamics of marine vehicles. John Wiley & Sons
T. I. Fossen (2011). Handbook of marine craft hydrodynamics and motion control. John Wiley & Sons
O. M. Faltinsen (1990). Sea loads on ships and offshore structures. Cambridge University Press
A.R.J.M. Lloyd (1998). Seakeeping. Ship behaviour in rough weather. A.R.J.M. Lloyd
E. M. Lewandowski (2004). The dynamics of marine craft. Maneuvering and seakeeping.. World Scientific

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Oceanografía/730496208
Métodos Numéricos/730496215
Ampliación de Hidrostática e Hidrodinámica/730496222

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Traballo fin de mestrado(en extinción)/730496023
Dinámica de Artefactos Oceánicos/730496209

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":


A entrega dos traballos documentales que se realicen nesta materia:

- Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático.
- Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

En caso de ser necesario realizalos en papel:

- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.

Débese de facer un uso sostenible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías