Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Análise e Optimización do Ciclo de Vida Código 730496210
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica (plan 2018)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Castro Santos, Laura
Correo electrónico
laura.castro.santos@udc.es
Profesorado
Castro Santos, Laura
Correo electrónico
laura.castro.santos@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A14 A13 - Coñecemento da enxeñaría de sistemas aplicada á definición dun buque, artefacto ou plataforma marítima mediante a análise e optimización do seu ciclo de vida.
B5 CB10 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 G01 Capacidade para resolver problemas complexos e para tomar decisións con responsabilidade sobre a base dos coñecementos científicos e tecnolóxicos adquiridos en materias básicas e tecnolóxicas aplicables na enxeñaría naval e oceánica, e en métodos de xestión.
B11 G06 Capacidade para realizar investigación, desenvolvemento e innovación en produtos, procesos e métodos navais e oceánicos.
B12 G07 Capacidade de integración de sistemas marítimos complexos e de tradución en solucións viables.
C2 C1 Capacidade pra desenrolar a actividade profesional nun entorno multilingue
C3 ABET (a) An ability to apply knowledge of mathematics, science, and engineering.
C4 ABET (b) An ability to design and conduct experiments, as well as to analyze and interpret data.
C7 ABET (e) An ability to identify, formulate, and solve engineering problems.
C12 ABET (j) A knowledge of contemporary issues.
C13 ABET (k) An ability to use the techniques, skills, and modern engineering tools necessary for engineering practice.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento da enxeñaría de sistemas aplicada á definición dun buque, artefacto ou plataforma marítima mediante a análise e optimización do seu ciclo de vida. AP13
BM5
BP1
BP6
BP7
CM2
CM3
CM4
CM7
CM12
CM13

Contidos
Temas Subtemas
Os bloques ou temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, que son: - Conceptos xerais.
- Fiabilidade.
- Mantenibilidade.
- Efectividade.
BLOQUE I: CONCEPTOS XERAIS Tema 1: Introdución á enxeñaría de sistemas.
Tema 2: Utilidade dos sistemas.
BLOQUE II: FIABILIDADE Tema 3: Introdución á fiabilidade.
Tema 4: A fiabilidade no tempo.
BLOQUE III: MANTENIBILIDADE Tema 5: Introdución á mantenibilidade.
Tema 6: Concepto de mantemento de sistemas e plan de mantemento.
Tema 7: Figuras de mérito de mantenibilidade.
Tema 8: Conexión fiabilidade-mantenibilidade.
Tema 9: Prediccións de mantenibilidade.
Tema 10: Asignación de obxectivos de mantenibilidade.
Tema 11: Políticas de mantemento preventivo.
BLOQUE IV: EFECTIVIDADE Tema 12: Introdución á disponibilidade.
Tema 13: Modelo tradicional de disponibilidade.
Tema 14: Modelo de efectividade de modelos multifuncionais.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A14 B5 B6 B11 B12 C2 C3 C4 C7 C12 C13 10 15 25
Traballos tutelados A14 B5 B6 B11 B12 C2 C3 C4 C7 C12 C13 5 20 25
Estudo de casos A14 B5 B6 B11 B12 C2 C3 C4 C7 C12 C13 10 15 25
Sesión maxistral A14 B5 B6 B11 B12 C2 C3 C4 C7 C12 C13 20 17.5 37.5
 
Atención personalizada 12.5 0 12.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Traballos tutelados
Estudo de casos
Descrición
Os traballos tutelados, a solución de problemas e o estudo de casos serán propostos ao longo do curso, polo que o alumnado será guiado no desenvolvemento dos mesmos, requirindo unha atención personalizada.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A14 B5 B6 B11 B12 C2 C3 C4 C7 C12 C13 Consistirá na realización de diversas entregas durante o curso 80
Estudo de casos A14 B5 B6 B11 B12 C2 C3 C4 C7 C12 C13 Consistirá na realización de diversas entregas durante o curso 20
 
Observacións avaliación

No caso de alumnos con algunha entrega suspensa, deberán entregala na segunda oportunidade
(xullo), gardándose as notas das entregas aprobadas dos traballos tutelados e no estudo de casos ata a convocatoria de segunda oportunidade.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia será avaliado en función
das súas particularidades específicas.


Fontes de información
Bibliografía básica Joel A. Nachlas (1996). Fiabilidad. Isdefe
Jezdimir Knezevic (1996). Mantenibilidad. Isdefe
Jezdimir Knezevic (1996). Mantenimiento. Isdefe
Francisco Javier González Fernández (2015). Teoría y Práctica del Mantenimiento Industrial Avanzado. FC Editorial

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":
1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
 1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático
 1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
 1.3. De se realizar en papel:

  - Non se empregarán plásticos.
  - Realizaranse impresións a dobre cara.
  - Empregarase papel reciclado.
  - Evitarase a impresión de borradores.

2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

3. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…)



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías