Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Mecánica de Medios Continuos Computacional Código 730496214
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica (plan 2018)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Enxeñaría Naval e Oceánica
Coordinación
Fariñas Alvariño, Pablo
Correo electrónico
pablo.farinas@udc.es
Profesorado
Balsa Barros, Saúl
Fariñas Alvariño, Pablo
Correo electrónico
saul.balsa.barros
pablo.farinas@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia abordanse os fundamentos e aplicación das técnicas de cálculo numérico aplicables á mecánica. O curso persegue que o alumno acade un nivel de coñecemento que lle permita abordar de xeito autónomo a modelaxe numérica de problemas de teoría de campos.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
B1 CB06 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B3 CB08 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B5 CB10 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 G01 Capacidade para resolver problemas complexos e para tomar decisións con responsabilidade sobre a base dos coñecementos científicos e tecnolóxicos adquiridos en materias básicas e tecnolóxicas aplicables na enxeñaría naval e oceánica, e en métodos de xestión.
C2 C1 Capacidade pra desenrolar a actividade profesional nun entorno multilingue
C3 ABET (a) An ability to apply knowledge of mathematics, science, and engineering.
C7 ABET (e) An ability to identify, formulate, and solve engineering problems.
C12 ABET (j) A knowledge of contemporary issues.
C13 ABET (k) An ability to use the techniques, skills, and modern engineering tools necessary for engineering practice.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade de implementación de metodos numéricos aplicados a medios continuos. BM1
BM3
BM5
BP1
CM2
CM3
CM7
CM12
CM13
Capacidade para desenvolver estudos e casos fundamentais de hidrodinámica e análise structural modelados mediante PDEs elípticas BM1
BM3
BM5
BP1
CM2
CM3
CM7
CM12
CM13

Contidos
Temas Subtemas
Os bloques ou temas seguintes desarrollan os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación 1.- Método de Diferencias Finitas, Elementos Finitos e Volumes Finitos.
2.-Ecuacións Elípticas. Aplicacións Hidrodinámicas e Estructurais.
3.- Solución de Sistemas de Ecuacións Lineais.
4.- Introducción a Esquemas de Interpolación Convectiva.
5.- Programación de Casos
Recordatorio de leis de conservación: Ecuacións de conservación (masa e cantidade de movemento).
Convección e difusion combinadas.
Ecuacións constitutivas.
Métodos de acoplamento presión velocidade: Introducción ó peche das ecuacións fronte a falta de ecuacións de evolución.
Incompresibilidade numérica e física.
Mallas deslocalizadas
Métodos SIMPLE/ER/C e PISO xerais para mallas deslocalizadas
Métodos SIMPLE/ER/C e PISO xerais para mallas colocalizadas.
Programación de casos.
Sistemas de ecuacións lineais: Sistemas altamente dispersos.
Métodos punto a punto, liña a liña e plano a plano.
Erros de alta e baixa frecuencia. Métodos multimalla.
O método do gradiente conxugado.
Programación de casos
Problemas transitorios: Esquemas explícito, implícito e totalmente implícito no caso de difusión transitoria unidimensional.
Extensión ó caso 3D.
Problema de convección e difusión transitoria.
Acoplamento P-V transitorios.
Programación de casos.
Condicións de contorno especiais: Recordatorio de condicións Dirichlet e von Newmann.
Condicións de contorno combinadas.
Leis de parede.
Condicións especiais.
Superficie libre.
Casos prácticos sobre software comercial: Casos a propoñer polo profesor da materia.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B1 B3 B5 B6 C2 C3 C7 C12 C13 35 0 35
Solución de problemas B1 B3 B5 B6 C2 C3 C7 C12 C13 10 0 10
Traballos tutelados B1 B3 B5 B6 C2 C3 C7 C12 C13 0 33 33
Estudo de casos B1 B3 B5 B6 C2 C3 C7 C12 C13 0 32.5 32.5
Proba obxectiva B1 B3 B5 B6 C2 C3 C7 C12 C13 1 0 1
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais a a introducción dalgunhas preguntas dirixidas ós estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos facilitar a aprendizaxe.
Solución de problemas Técnica mediante a que ha de resolverse unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se teñen trabajado, que pode ter máis dunha posible solución.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do professor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaje do ¿cómo facelas cousas? Constituúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola sua propia aprendizaxe. Este sistema de ensino basease nos elementos básicos: a aprendizaxe independiente dos estudantes e o seguemento desta aprendizaxe polo profesor tutor.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito enfrentase á descrición dunha situación específica que plantexa un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle descrebe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a una decisión razonada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Proba obxectiva É o exame da materia. Poderá ser escrito, oral ou unha combinación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Estudo de casos
Solución de problemas
Descrición
Consiste en soporte para o desenvolvemento das tarefas propias asignadas para desenvolver de xeito autónomo por parte do alumno.

Non se puntúa a asistencia ás clases presenciais, polo tanto, non haberá diferencia algunha entre os alumnos a tempo parcial e os alumnos a tempo total. Todos terán os mesmos requisitos para aprobar a materia. Os alumnos con dispensa académica estarán sometidos ós mesmos condicionantes que os alumnos a tempo total.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B1 B3 B5 B6 C2 C3 C7 C12 C13 Entregaranse, baixo demanda do profesosr, os problemas/traballos requeridos que se propoñan ao longo do curso. A realización e entrega dos problemas/traballos será obrigatoria e será calificable de cara á nota final. 60
Proba obxectiva B1 B3 B5 B6 C2 C3 C7 C12 C13 É o exame da materia 40
 
Observacións avaliación
Para aprobar a asignatura é necesario obter unha nota superior a catro sobre 10 no exame. Ademais é obrigatorio presentar os traballos demandados polo profesor en forma e prazo. En caso de que
TODOS E CADA UN dos traballos non sexan presentados na forma e prazo requeridos o alumno perderá a posibilidade de superar a materia.

Non se puntúa a asistencia ás clases presenciais, polo tanto, non haberá diferencia algunha entre os alumnos a tempo parcial e os alumnos a tempo total. Todos eles terán os mesmos requisitos para aprobar a materia. O mesmo é aplicable ós alumnos con "dispensa académica".

A convocatoria adiantada calificarase cun exame e para superar a materia deberase obter una calificación superior a 5 sobre dez.

A calificación na convocatoria de Xullo obterase do mesmo xeito que na ordinaria.

Fontes de información
Bibliografía básica Hildebrand F.B. (1976). Advanced calculus for applications. Prentice hall
Pablo Fariñas (2013). Apuntes de clase.
Versteeg H.K. & Malalasekera W. (1995). Computational fluid dynamics, the finite volume method.. Longmann
Maliska C.R. (1995). Transferencia de calor e mecánica de fluidos computacional.. LTC editora

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostido e cumprir co obxetivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": 1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 2.- Solicitaránse en formato virtual e/ou soporte informático. 3.- Realizaránse a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. En caso de ser necesario realizalos en papel: 1.- Non se empregarán plásticos. 2.- Realizaranse impresións a doble cara. 3.- Emprearase papel reciclado. 4.- Evitarase a impresión de borradores. Débese facer un uso sustentable dos recursos e da prevención de impactos negativos sobre o medio natural.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías