Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Deseño e ensaio de máquinas Código 730497003
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Dopico Dopico, Daniel
Correo electrónico
daniel.dopico@udc.es
Profesorado
Dopico Dopico, Daniel
Gonzalez Castro, Manuel Jesus
Correo electrónico
daniel.dopico@udc.es
manuel.gonzalez@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ten por obxectivo aprender a levar a cabo o deseño e ensaio de sistemas mecánicos complexos, seguindo un enfoque práctico mediante técnicas de análise asistida por computador.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Capacidade para o deseño e ensaio de máquinas.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Calcular o movemento e os esforzos ós que se ve sometida unha máquina. AP3
BP2
Levar a cabo a análise tensional, a análise modal (vibracións) e a análise a fatiga dunha máquina ou dun compoñente dunha máquina. AP3
BP2
Coñecer e manexar as ferramentas informáticas axeitadas. AP3
BP2
Deseñar unha máquina ou compoñente considerando tensións, problemas de fatiga e vibracións. AP3
BP1
BP2

Contidos
Temas Subtemas
Cinemática e dinámica de sistemas multicorpo. Modelización de sistemas multicorpo.
Cinemática de sistemas multicorpo.
Dinámica de sistemas multicorpo.
Análise por elementos finitos de máquinas e compoñentes de máquinas a partir dos resultados do movimento. Análise tensional.
Análise modal (vibracións).
Análise a fatiga.
Deseño dunha máquina ou compoñente dunha máquina. Deseño considerando movemento, tensións, problemas de fatiga e vibracións.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 20 10 30
Aprendizaxe colaborativa B1 B2 39.25 39.25 78.5
Proba obxectiva A3 B1 B2 3.5 0 3.5
 
Atención personalizada 0.5 0 0.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Desenvólvense todos os contidos do temario necesarios para levar a cabo os deseños propostos. Para a práctica totalidade dos temas emprégase ordenador e medios audiovisuais para que os alumnos poidan seguir as explicacións interactivamente.
Aprendizaxe colaborativa Realízase un traballo de final de curso para o cal se distribúe aos alumnos en equipos de traballo e encárgase o deseño e ensaio dunha máquina ou produto complexo.
Aqueles alumnos que asistiron polo menos ao 80% das clases presenciais e superaron satisfactoriamente o traballo de fin de curso proposto, aproban a materia.
Proba obxectiva Ademais do traballo, para cubrir algúns aspectos ou para aqueles alumnos que non cumpran a asistencia, efectuarase un proba obxectiva acerca dos contidos vistos ao longo do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Durante a realización dos traballos de fin de curso na aula que constitúen a aprendizaxe colaborativa, o profesor estará a disposición do alumno para aclarar dúbidas, orientar a realización do deseño, etc.
Así mesmo, ao longo do curso o profesor estará a disposición do alumno durante as horas de titoría para aclarar todas as dúbidas que se lle poidan presentar. É posible concertar unha cita noutro horario a través do correo electrónico do profesor ou teléfono do despacho.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa B1 B2 Realizaranse traballos dos distintas partes e un traballo de final de curso supervisado polo profesor.
Para o traballo de final de curso distribúese aos alumnos en equipos de traballo e encárgase o deseño dunha máquina ou produto complexo.
Aqueles alumnos que asistiron polo menos ao 80% das clases presenciais e superaron satisfactoriamente o traballo de fin de curso proposto e proba obxectiva, aproban a materia. De non superar o traballo de fin de curso favorablemente indícanselles as deficiencias do mesmo e teñen un prazo adicional para emendalas.
90
Proba obxectiva A3 B1 B2 Exame práctico relacionado co caso de deseño exposto durante o curso. 10
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica AVILES R. (2005). Análisis de Fatiga en Máquinas. Thomson
Cuadrado J. (1999). Cinemática y dinámica de máquinas y mecanismos por computador.
NORTON R.L. (2011). Diseño de Máquinas. Un enfoque integrado. Pearson
Klaus-Jürgen Bathe (1996). Finite element procedures. Prentice Hall
Sham Tickoo (2015). SolidWorks for Designers. CADCIM

Bibliografía complementaria *** (). Dependiendo del caso práctico de diseño propuesto como trabajo de fin de curso la bibliografía recomendada varía pero en general se tratan temas multidisciplinares..


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Debuxo Técnico/730211103
Teoría de Máquinas/730211213
Tecnoloxía de Máquinas/730211309
Tecnoloxía Mecánica/730211407

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías