Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Deseño e construción de plantas industriais Código 730497014
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial 2
Coordinación
Castro Rascado, Alberto
Correo electrónico
alberto.castro@udc.es
Profesorado
Caño Gochi, Alfredo del
Castro Rascado, Alberto
Correo electrónico
alfredo.cano@udc.es
alberto.castro@udc.es
Web http://moodle.udc.es/my/
Descrición xeral Sub-sistemas dunha planta ou complexo industrial. Deseño, construción e explotación de plantas industriais en todo o relacionado co exterior das súas edificacións: implantación de conxunto, instalacións de proceso, auxiliares de proceso e xerais, infraestruturas de transporte e manutención exteriores. Deseño, normativa e cálculo de instalacións da planta e edificatorias: abastecemento e evacuación de auga, ventilación, calefacción e aire acondicionado, electricidade, protección contra incendios, seguridade do edificio e da planta, domótica e edificación intelixente.

-----------------------------------------------------------

DESIGN AND CONSTRUCTION OF INDUSTRIAL PLANTS

Systems of an industrial plant or complex. Design, construction and operation of industrial plants: general layout of the plant or complex, process equipment and installations, general facilities, facilities ancillary to the process, exterior infrastructures for transportation and maintenance. Legislation and codes for the design of building services. Design of plant and building services: water, ventilation, heating, air conditioning, electrical installations, fire protection, security, smart buildings.

Competencias do título
Código Competencias do título
A17 Capacidade para o deseño, a construción e a explotación de plantas industriais.
A20 Coñecemento e capacidades para o proxectar e deseñar instalacións eléctricas e de fluídos, iluminación, climatización e ventilación, aforro e eficiencia enerxética, acústica, comunicacións, domótica e edificios intelixentes e instalacións de seguridade.
A22 Coñecementos e capacidades para realizar a verificación e o control de instalacións, procesos e produtos.
A23 Coñecementos e capacidades para realizar certificacións, auditorías, verificacións, ensaios e informes.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e profanos dun modo claro e sen ambigüidades.
B6 Ser capaz de realizar a análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
B7 Falar ben en público.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para deseñar plantas industriais no relacionado co seu conxunto e co exterior das súas edificacións, incluíndo implantación, instalacións de proceso, auxiliares de proceso e xerais, e infraestruturas de transporte e manutención exteriores. Capacidade para deseñar instalacións edificatorias. AP17
AP20
AP22
AP23
BP2
BP3
BP4
BP6
BP7

Contidos
Temas Subtemas
Deseño e construción de plantas industriais. Sub-sistemas dunha planta ou complexo industrial. Deseño, construción e explotación de plantas industriais en todo o relacionado co exterior das súas edificacións: implantación de conxunto, instalacións de proceso, auxiliares de proceso e xerais, infraestruturas de transporte e manutención exteriores. Deseño, normativa e cálculo de instalacións edificatorias.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A17 A20 A22 A23 40 30 70
Solución de problemas A17 A20 9 5 14
Traballos tutelados A17 A20 A22 A23 B2 B3 B4 B6 B7 0 18 18
Estudo de casos A17 A20 B2 B3 B4 B6 B7 9 5 14
Proba obxectiva A17 A20 A23 B2 B3 B4 B6 2 22 24
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Solución de problemas Técnica mediante a que ha de resolverse unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do como facer as cousas. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor titor.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito enfróntase ante a descrición dunha situación específica que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Proba obxectiva Haberá senllos exames nas datas oficiais establecidas pola Escola. O exame terá dous partes. Unha será de tipo teórico-práctico, acerca dos contidos teóricos e as súas aplicacións a casos concretos, que poderá conter preguntas tipo test, preguntas curtas, ou ambos os tipos de pregunta. A outra parte do exame será de tipo práctico, e poderá incluír a resolución de exercicios, de supostos ou casos prácticos, ou combinacións de todo iso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Solución de problemas
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Estudo de casos
Descrición
O profesor atenderá en titorías a cada alumno que o requira para resolver dúbidas sobre teoría ou práctica.

A atención ao alumno poderá ser dentro ou fóra dos horarios oficiais de titorías aínda que, para evitar esperas innecesarias ao alumno, tanto nun caso como no outro, sempre a data e hora acordaranse previamente a través correoE ou teléfono.

As cifras de atención personalizada recollidas na planificación son orientativas.

A materia pode ser seguida a distancia, a través da Web. Aos alumnos que non poidan acudir a clase recoméndaselles descargar os apuntamentos, estar en contacto continuo cos compañeiros que asisten a clase para obter os exercicios e casos resoltos en clase, e tratar de resolvelos pola súa conta sen mirar as solucións. Recoméndase tamén, tras o correspondente estudo, consultar todas as dúbidas en sesións de titoría. En caso de non poder acudir a estas sesións, as dúbidas trataranse de resolver a través do teléfono ou o correo electrónico, na medida do posible.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A17 A20 A23 B2 B3 B4 B6 Véase su descripción en el apartado de Metodologías. 60
Traballos tutelados A17 A20 A22 A23 B2 B3 B4 B6 B7 Véase su descripción en el apartado de Metodologías. 40
 
Observacións avaliación
O profesor poderá realizar o exame en dúas etapas, unha primeira parte de test, e unha segunda de tipo práctico, de forma que só se poderá realizar a segunda parte se se supera a primeira.

O profesor poderá repartir a proba obxectiva ao longo da materia. Neste caso, o último parcial coincidirá co exame da primeira oportunidade (xuño).

O profesor poderá valorar, como parte da proba obxectiva, exercicios, casos prácticos ou traballos tutelados realizados polo alumno durante a materia.

Os criterios básicos de corrección son os seguintes:

A nota será nula se a resposta dada ou o deseño realizado:

- Non inclúe xustificación adecuada da decisión tomada ou, en xeral, da resposta que se pedía.

- Supoñen risco para a vida das persoas que teñen que executar a obra ou usar a instalación que se construiría en base ao devandito deseño.

- Ou non respecta algún dos requisitos imprescindibles que o enunciado establecese.

- En caso de exercicios numéricos, se o resultado numérico que se pide non coincide co que debe obterse (deixando á marxe posibles diferenzas por redondeos), ou se non se inclúe o necesario detalle das operacións realizadas.

Se a solución é válida e cumpre todos os requisitos imprescindibles do enunciado, a nota mínima será de 5 puntos sobre 10. Se ademais cumpre coas preferencias (requirimentos non imprescindibles, que resulten ser factibles) establecidas no enunciado, a nota mínima será de 8 puntos sobre 10. Ambas as notas poderán aumentar en función de que sexa unha solución mellor que outras que tamén cumpran os requisitos ou preferencias do enunciado, e en función doutros criterios non definidos no enunciado, como poderían ser a eficiencia estrutural, a facilidade de deseño e execución, estética ou o grao de sustentabilidade, entre outros (salvo que estes aspectos fosen requirimentos do enunciado).

Se a redacción realizada polo alumno non é clara, non se entende, a puntuación poderá baixar, mesmo, ata cero puntos, se dita redacción pode dar lugar a malentendidos que supoñan risco para a vida das persoas ou poidan levar a que non se respecte algún dos requisitos imprescindibles que o enunciado establecese. Téñase en conta que a misión do enxeñeiro é facer proxectos que sexan facilmente inteligibles, de maneira que os contratistas e instaladores e, sobre todo, os seus operarios, cunha formación ás veces moi inferior á do técnico competente, interpreten adecuadamente os seus documentos.


Fontes de información
Bibliografía básica Castro, A, del Caño, A, de la Cruz, MP (2015). Apuntes de la asignatura.

Bibliografía complementaria
Concepción e ingeniería de plantas industriales.
• Darley G (2010). La fábrica como arquitectura. Reverté.
• de Cos M. (1995). Teoría general del proyecto. Vol. II: Ingeniería de proyectos. Síntesis.
• Helmus FP (2008). Process plant design. Wiley-VCH.
• Neufert (2013). Arte de proyectar en arquitectura. Gustavo Gili.
• Sinnott R, Towler G (2012). Diseño en ingeniería química. Reverté.

Distribución en planta y en el espacio.
• Tompkins JA, White JA, Bozer YA, Tanchoco JMA (2006). Planeación de instalaciones. Thomson.
• Tompkins JA, White JA, Bozer YA, Tanchoco JMA (2010). Facilities Planning. Wiley.
• Konz S (1999). Diseño de instalaciones industriales. Limusa.

Instalaciones interiores y exteriores a los edificios.
• Allen E, Iano J (2011). The Architect Studio Companion. Rules of thumb for preliminary design. Wiley.
• Arizmendi LJ (1995). Instalaciones Urbanas (varios tomos). Bellisco.
• Arizmendi LJ (2005). Cálculo y normativa básica de las instalaciones en los edificios. I. Instalaciones hidráulicas, de ventilación y de suministros con gases combustibles. Eunsa.
• Arizmendi LJ (2003). Cálculo y normativa básica de las instalaciones en los edificios. II. Instalaciones energéticas y electrotécnicas. Eunsa.
• Arizmendi LJ (2004). Cálculo y normativa básica de las instalaciones en los edificios. III. Instalaciones eléctricas. Eunsa.
• Carrier (2009). Manual de aire acondicionado. Marcombo.
• De Isidro F, et al. (2012). Abecé de las instalaciones. Munilla-Lería.
• Fumadó JL (2004). Las instalaciones de servicios en los edificios. I. Agua. Ediciones CAT. Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia.
• Fumadó JL (2007). Climatización de edificios. Ediciones del Serbal.
• Garcia Valcarce A et al. (1997). Evacuación de aguas de los edificios. Universidad de Navarra.
• González Sierra C (2013). Diseño y cálculo de instalaciones de climatización. Cano Pina.
• Neufert (2013). Arte de proyectar en arquitectura, Gustavo Gili, Barcelona.
• Torrescusa A (2013). Conocimientos básicos de instalaciones térmicas en edificios. Cano Pina.
• Vázquez J, Herranz JC (2012). Números gordos en el proyecto de instalaciones. Cinter.
• Wellpot E (2009). Las instalaciones en los edificios. Gustavo Gili.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Arquitectura e urbanismo industrial/730497013

Materias que continúan o temario
Traballo fin de mestrado/730497015

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías