Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Instalacións Eléctricas Código 730497218
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2018)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Graña Lopez, Manuel angel
Correo electrónico
manuel.grana@udc.es
Profesorado
Graña Lopez, Manuel angel
Correo electrónico
manuel.grana@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es/
Descrición xeral Esta materia estuda as instalacións eléctricas en xeral e, sobor de todo, as instalacións eléctricas de baixa tensión. Estas últimas estúdanse dende o punto de vista da aplicación do Regulamento Electrotécnico de Baixa Tensión (REBT).

Competencias do título
Código Competencias do título
A20 EI4 - Coñecemento e capacidades para o proxectar e deseñar instalacións eléctricas e de fluídos, iluminación, climatización e ventilación, aforro e eficiencia enerxética, acústica, comunicacións, domótica e edificios intelixentes e instalacións de seguridade.
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e profanos dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que terá que ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 G1 - Ter coñecementos adecuados dos aspectos científicos e tecnolóxicos na Enxeñería Industrial.
B7 G2 - Proxectar, calcular e deseñar produtos, procesos, instalacións e plantas.
B13 G8 - Aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares.
B15 G10 - Saber comunicar as conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B16 G11 - Posuír as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun modo autodirigido ou autónomo.
B17 G12 - Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Industrial.
C1 ABET (a) - An ability to apply knowledge of mathematics, science, and engineering.
C3 ABET (c) - An ability to design a system, component, or process to meet desired needs within realistic constraints such as economic, environmental, social, political, ethical, health and safety, manufacturability, and sustainability.
C5 ABET (e) - An ability to identify, formulate, and solve engineering problems.
C7 ABET (g) - An ability to communicate effectively.
C8 ABET (h) - The broad education necessary to understand the impact of engineering solutions in a global, economic, environmental, and societal context.
C9 ABET (i) - A recognition of the need for, and an ability to engage in life-long learning.
C11 ABET (k) - An ability to use the techniques, skills, and modern engineering tools necessary for engineering practice.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a normativa actualmente vixente sobre instalacións eléctricas. AP20
BP2
CP3
CP5
Coñecer e aplicar os principios básicos para preservar a seguridade das persoas e os bens en instalacións eléctricas de baixa tensión (BT). AP20
BP2
BP6
BP13
BP16
BP17
CP1
CP3
CP5
CP8
CP9
CP11
Coñecer e aplicar os principios básicos para asegurar o normal funcionamento das instalacións eléctricas de BT e previr as perturbacións noutras instalacións e servizos. AP20
BP2
BP6
BP13
BP16
BP17
CP1
CP3
CP5
CP8
CP9
CP11
Coñecer e aplicar os principios básicos para contribuír á fiabilidade técnica e á eficiencia económica das instalacións eléctricas de BT. AP20
BP2
BP6
BP13
BP16
BP17
CP1
CP3
CP5
CP8
CP9
CP11
Saber argumentar se un proxecto dunha instalación eléctrica en BT cumpre ou non co Regulamento Electrótécnico de Baixa Tensión (REBT). AP20
BP2
BP4
BP5
BP6
BP7
BP13
BP15
BP17
CP1
CP3
CP5
CP7
CP11
Saber desenvolver e defender o proxecto dunha infraestrutura para a recarga de vehículos eléctricos (IRVE). AP20
BP2
BP4
BP5
BP6
BP7
BP13
BP15
BP17
CP1
CP3
CP5
CP7
CP11

Contidos
Temas Subtemas
Regulamentos electrotécnicos. Liñas eléctricas de alta tensión (AT).
Instalacións eléctricas de alta tensión (AT).
Instalacións de baixa tensión (BT).
Regulamento Electrotécnico de baixa tensión (REBT). Articulado e aspectos xerais.
Inspeccións, documentación e posta en servizo das instalacións.
Redes de distribución.
Iluminación exterior.
Instalacións de enlace.
Instalacións interiores ou receptoras.
Protección nas instalacións eléctricas.
Instalacións en vivendas, oficinas e locais.
Instalacións especiais.
Instalación de receptores.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A20 B2 B13 B16 B17 B6 C1 C3 C5 C8 C9 C11 14 21 35
Solución de problemas A20 B2 B13 B16 B17 B6 C1 C3 C5 C8 C9 C11 5 10 15
Prácticas de laboratorio A20 B2 B13 B16 B17 B6 C1 C3 C5 C8 C9 C11 2 2 4
Traballos tutelados A20 B2 B4 B5 B13 B15 B17 B7 B6 C1 C3 C5 C7 C11 0 15 15
Proba obxectiva A20 B2 B13 B16 B17 B6 C1 C3 C5 C7 C8 C9 C11 2 2 4
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas motivadoras dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Correspóndese coa clase de teoría, en grupo grande (GG).
Solución de problemas Técnica mediante a que ha de resolverse unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos e procedementos que se estudaron e traballaron.

Correspóndese coa clase de problemas, en grupo mediano (GM).
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes apliquen os coñecementos adquiridos, a través da realización de actividades de carácter práctico.

Correspóndese coas prácticas de taller, en grupo pequeno (GP).
Traballos tutelados Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor.

Con esta metodoloxía preténdese que o alumno poida desenvolver un proxecto dunha instalación eléctrica en BT de acordo ao REBT.
Proba obxectiva Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe.




Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Solución de problemas
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Titorías de revisión de exame.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A20 B2 B13 B16 B17 B6 C1 C3 C5 C8 C9 C11 As prácticas son obrigatorias, e é necesario realizalas para poder superar a materia.

As prácticas representan un 10% da nota final da materia.
10
Traballos tutelados A20 B2 B4 B5 B13 B15 B17 B7 B6 C1 C3 C5 C7 C11 Poderanse realizar a cabo varios traballos tutelados ao longo do curso, sendo a súa entrega obrigatoria e que tratasen sobre problemas ou supostos prácticos relacionados coa materia.

Os traballos tutelados, son o 60% da nota final da materia.
60
Proba obxectiva A20 B2 B13 B16 B17 B6 C1 C3 C5 C7 C8 C9 C11
Nas datas fixadas oficialmente polo centro, realizásese esta proba final.

A proba pode alternar preguntas tipo problema ou cuestións teóricas, e representa o 30% da nota final da materia.
30
 
Observacións avaliación

Na presentación da materia (primeiro día de clase) poderán indicarse actividades complementarias e voluntarias, cuxa valoración se sumará á cualificación da materia. En todo caso, a nota da materia non poderá superar os 10 puntos.

Segunda oportunidade: a avaliación nesta ocasión será a mesma que a primeira oportunidade, mantendo os pesos das actividades. Establecerase un prazo adicional para a entrega de traballos tutelados, que non fosen entregados durante o curso.

Convocatoria avanzada: nesta convocatoria o 100% da cualificación corresponderá á obtida na Proba Obxectiva.


Fontes de información
Bibliografía básica Lagunas Marqués, A. (2017). Instalaciones eléctricas comerciales e industriales. Resolución de casos prácticos. (7ª ed.). Madrid: Paraninfo
Colmenar Santos, A. y Hernández Martín, J.L. (2012). Instalaciones eléctricas en baja tensión. Diseño, cálculo dirección, seguridad y montaje. (2ª ed.). Madrid: RA-MA.
PLCMadrid (2019). Reglamento electrotécnico para baja tensión y sus instruciones técnicas complementarias. (6ª ed.). Madrid: PLCMadrid
Lagunas Marqués, A. (2004). Reglamento electrotécnico para baja tensión. Teoría y cuestiones resueltas. (2ª ed.). Madrid: Thomson-Paraninfo

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Requírense coñecementos previos de análises de circuítos en corrente contínua, alterna e trifásica.

Noutra orde de cousas, para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostido e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

            A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

              Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático

              Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

              En caso de ser necesario realizalos en papel:

                  -     Non se empregarán plásticos

                  -     Realizaranse impresións a dobre cara.

                  -     Empregarase papel reciclado.

                  -     Evitarase a impresión de borradores.

  • Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías