Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Degradación de Materiais Metálicos Código 730497229
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2018)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Mier Buenhombre, Jose Luis
Correo electrónico
jose.mier@udc.es
Profesorado
Camba Fabal, Carolina
Mier Buenhombre, Jose Luis
Correo electrónico
carolina.camba@udc.es
jose.mier@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia estúdase a degradación superficial de materiais metálicos por corrosión e desgaste. Tras unha introdución dos fundamentos básicos profundarase nos distintos mecanismos de ambos os fenómenos e nos modos de protexer o metal dos seus efectos.

Competencias do título
Código Competencias do título
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e profanos dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que terá que ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 G1 - Ter coñecementos adecuados dos aspectos científicos e tecnolóxicos na Enxeñería Industrial.
B13 G8 - Aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares.
B14 G9 - Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B15 G10 - Saber comunicar as conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B16 G11 - Posuír as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun modo autodirigido ou autónomo.
C1 ABET (a) - An ability to apply knowledge of mathematics, science, and engineering.
C2 ABET (b) - An ability to design and conduct experiments, as well as to analyze and interpret data.
C3 ABET (c) - An ability to design a system, component, or process to meet desired needs within realistic constraints such as economic, environmental, social, political, ethical, health and safety, manufacturability, and sustainability.
C6 ABET (f) - An understanding of professional and ethical responsibility.
C7 ABET (g) - An ability to communicate effectively.
C8 ABET (h) - The broad education necessary to understand the impact of engineering solutions in a global, economic, environmental, and societal context.
C9 ABET (i) - A recognition of the need for, and an ability to engage in life-long learning.
C11 ABET (k) - An ability to use the techniques, skills, and modern engineering tools necessary for engineering practice.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender os mecanismos de corrosión. BP1
BP4
BP5
BP6
BP13
BP14
BP15
BP16
CP1
CP2
CP3
CP6
CP7
CP8
CP9
CP11
Predicir o comportamento superficial dos materiais metálicos segundo as condicións de servizo aos que se someten. BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP13
BP14
BP15
CP1
CP2
CP3
CP6
CP7
CP8
CP9
CP11
Analizar as causas do fallo superficial de materiais metálicos en servizo. BP1
BP2
BP3
BP4
BP6
BP13
BP14
BP15
BP16
CP1
CP2
CP3
CP6
CP7
CP8
CP9
CP11
Coñecer as técnicas de protección e tomar as medidas eficaces para evitar a deterioración do metal. BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP13
BP14
BP15
BP16
CP1
CP2
CP3
CP6
CP7
CP8
CP9
CP11

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución á corrosión Importancia económica da corrosión. Diferenzas entre a corrosión electroquímica e a corrosión a altas temperaturas.
2. Fundamentos termodinámicos e cinéticos da corrosión electroquímica
Termodinámica da corrosión electroquímica. Potenciais de eléctrodo. Ecuación de Nernst. Diagramas de Pourbaix. Cinética da corrosión electroquímica. Lei de Faraday. Polarización. Clasificación dos fenómenos de polarización. Pasivación.
3. Tipos de corrosión electroquímica
Corrosión uniforme. Corrosión galvánica. Correntes erráticas. Aireación diferencial. Corrosión por picaduras. Corrosión intergranular. Corrosión microbiológica. Corrosión selectiva. Corrosión baixo tensión. Fatiga con corrosión. Corrosión-erosión. Corrosión con fricción. Fragilización por hidróxeno.
4. Corrosión a alta temperaturas
Termodinámica da corrosión a altas temperaturas. Mecanismos de formación dos óxidos a altas temperaturas. Diagramas de Ellingham. Cinética da corrosión a altas temperaturas. Sulfuración. Corrosión quente.
5. Protección fronte á corrosión
Protección catódica por ánodos de sacrificio. Protección catódica por correntes impresas. Protección anódica. Recubrimentos orgánicos: pinturas. Recubrimentos inorgánicos. Inhibidores de corrosión.
6. Introdución á triboloxía
Historia da Triboloxía. Importancia Industrial. Fricción, lubricación e desgaste.
7. Desgaste
Conceptos xerais sobre o desgaste. Tipos de desgaste. Ensaios de desgaste
8. Protección contra o desgaste
Introdución á lubricación. Tipos e propiedades dos lubricantes

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio B16 B15 B14 B13 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C3 C6 C7 C8 C9 C11 4 0 4
Traballos tutelados B1 B2 B3 B4 B5 B13 B15 B14 B16 B6 C1 C3 C6 C7 C8 C9 C11 2 12 14
Proba obxectiva B1 B2 B3 B4 B5 B13 B15 B14 B16 B6 C1 C7 C9 2 46 48
Sesión maxistral B1 B2 B4 B5 B13 B15 B14 B16 B6 C1 C2 C3 C6 C7 C8 C9 C11 22 22 44
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Realizaranse prácticas nas que se mostrará os alumnos distintos aspectos da corrosión e triboloxía de materiais metálicos.
Traballos tutelados Realizarase un traballo en grupo cuxo título será proposto polos propios alumnos con obxecto de incentivar a súa creatividade e iniciativa.
Proba obxectiva Realizarase unha serie de pequenos controis en horas de clases sobre a temática das últimas clases.
Sesión maxistral Realizarase unha exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Proba obxectiva
Descrición
A atención personalizada realizarase nas titorías ben por iniciativa do alumnado para aclarar ou resolver as súas dúbidas ou dificultades ou ben por iniciativa do profesor convocando persoalmente o alumnado cando a ocasión o requira

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B1 B2 B3 B4 B5 B13 B15 B14 B16 B6 C1 C3 C6 C7 C8 C9 C11 Realizarase un traballo en grupo cuxo título será proposto polos propios alumnos con obxecto de incentivar a súa creatividade e iniciativa. 35
Proba obxectiva B1 B2 B3 B4 B5 B13 B15 B14 B16 B6 C1 C7 C9 Realizarase unha serie de pequenos controis en horas de clases sobre a temática das últimas clases. 65
 
Observacións avaliación

O alumnado con dispensa académica estará exento de asistir ás sesións maxistrais e prácticas de laboratorio. A súa cualificación realizarase da seguinte maneira:

  • Traballo tutelado. Poderá presentarse en forma individual no canto de en grupo. O prazo de presentación será o mesmo que para o resto do alumnado.
  • Proba obxectiva. Deberá realizar o exame nas datas aprobadas pola Xunta de Escola da  EPS de Ferrol, as cales aparecen na páxina web da Escola.


Fontes de información
Bibliografía básica Fontana M.G. (1986). Corrosion engineering. New York: MacGraw-Hill
Trethewey, K.R. (1995). Corrosion for science and engineering. Essex: Longman
Otero Huerta, E. (1997). Corrosión y degradación de materiales. Madrid: Síntesis
Andrade M.C. (1991). Corrosión y protección metálicas . Madrid: CSIC
Sarkar A.D. (1999). Desgaste de metales. México: Limusa
Valverde Martínez A. (1985). Fundamentos y técnicas de la lubricación. Madrid: editorial Alcion
Gómez de León, F.C. (2004). Manual básico de corrosión para ingenieros. Murcia: Universidad de Murcia
Davis J.R. (2001). Surface engineering for corrosion and wear resistance. Materials Park (Ohio): ASM International
González Fernández J.A. (1984). Teoría y práctica de la lucha contra la corrosión. Madrid: CSIC
Martínez Pérez (2011). Tribología integral. México: Limusa

Bibliografía complementaria Muños Machado, J. (2009). Apuntes de tribología. Madrid: PMaraven
Shreir L.L. (1994). Corrosion Vol.1. Oxford: Butterworth-Heineman
Shreir L.L. (1994). Corrosion Vol.2. Oxford: Butterworth-Heineman
Ramsey Gohar (2012). Fundamentals of tribology. Imperial college press
Lai G.Y. (1990). High-temperature corrosion of engineering alloys. Materials Park (Ohio): ASM International
Chawla S.L. (1993). Materials selection for corrosion contro. Materials Park (Ohio): ASM International
Molera Solé P. (1989). Metales resistentes a la corrosión. Barcelona: Marcombo
Wen Shizhu (2012). Principles of tribology. Tsinghua university press
Piron D.L. (1991). The electrochemistry of corrosion. Houston: Nace


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle ou correo electrónico en formato dixital sen necesidade de imprimilos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías