Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Deseño Narrativo Código 730529003
Titulación
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
López Garrrido, Mercedes Marina
Correo electrónico
mercedes.lopez@udc.es
Profesorado
López Garrrido, Mercedes Marina
Correo electrónico
mercedes.lopez@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta asignatura afondaremos nos elementos, técnicas e factores a ter en conta á hora de crear a parte narrativa dun videoxogo: historia, trama, tema, personaxes, guión, experiencia de xogo, xéneros...Ademais, coñeceremos os termos imprescindibles da linguaxe narrativa e os recursos á nosa disposición para levar a cabo o deseño narrativo dun videoxogo.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 CE03 - Conceptualizar a idea dun videoxogo
A5 CE05 - Crear e aplicar estruturas e elementos narrativos para contar unha historia dentro dun videoxogo
A6 CE06 - Deseñar e crear unha experiencia interactiva lúdica para un videoxogo
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo
B6 CG1 - Capacidade de organización e planificación, especialmente na formulación de traballos conducentes á creación dos contidos audiovisuais dixitais que compoñen un videoxogo
B7 CG2 - Capacidade de resolver problemas de forma efectiva, principalmente de carácter tecnolóxico e no campo da creación de contidos dixitais interactivos
B11 CG6 - Capacidade crítica e autocrítica necesaria en todo proceso creativo no que se busca un compromiso coa calidade do traballo, os resultados e as solucións propostas
B12 CG7 - Traballo en equipo. Capacidade de abordar proxectos en colaboración con outros estudantes, asumindo roles e cumprindo compromisos de fronte ao grupo
B13 CG8 - Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica, integrando as diferentes partes do programa, relacionándoas e agrupándoas no desenvolvemento de produtos complexos
B14 CG9 - Capacidade de deseño e xestión de proxectos, resolvendo os aspectos narrativos, técnicos e de xestión do proxecto de videoxogo
C1 CT1 - Habilidades comunicativas e claridade de exposición oral e escrita
C2 CT2 - Capacidade de traballo persoal, organizado e planificado
C3 CT3 - Habilidade para a xestión da información
C4 CT4 - Capacidade de abstracción, análise, síntese e estruturación da información e as ideas
C5 CT5 - Asunción da importancia da aprendizaxe ao longo da vida e capacidade de autoaprendizaje mediante a inquietude por buscar e adquirir novos coñecementos
C6 CT6 - Capacidade de enfrontarse a situacións novas e utilizar o coñecemento, tecnoloxía e información dispoñibles para resolver os problemas cos que debe de enfrontarse
C7 CT7 - Comprender e valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico na profesión e no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C8 CT8 - Coñecemento e utilización das novas tecnoloxías necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumnado coñécerá os elementos e conceptos básicos da narrativa aplicados ao deseño narrativo para videoxogos. AP5
AP6
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP14
CP3
CP4
CP5
CP6
CP7
Adquirirán os coñecementos necesarios para poder realizar o deseño narrativo dun videoxogo e artellar todos os elementos que del forman parte: trama, personaxes, diálogos, recursos, xogabilidade... AP3
AP5
AP6
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP7
BP11
BP12
BP13
BP14
CP1
CP2
CP3
CP4
CP5
CP6
CP7
CP8

Contidos
Temas Subtemas
1. Introducción -Estruturas narrativas clásicas
-Xéneros
-Conceptos básicos da linguaxe audiovisual
-Narrativa lineal vs narrativa non lineal
-Crossmedia e transmedia
2. Narración e personaxes -Historia, trama e tema.
-Conflicto e tensión. O dilema.
-Arquetipos e personaxes
-Diálogos
-Recursos narrativos
3. Deseño narrativo para videoxogos -Tipoloxía de xogadores
-Estruturas narrativas nos videoxogos.
-Deseño da narración interactiva.
-Outras formas de contar a historia: Cutscenes e narrativa ambiental.
4. Narrativa e experiencia de xogo -Game story vs player story
-Player Agency
-Soportes e experiencia de usuario
5. O traballo de deseño narrativo en videoxogos -Equipo e roles
-Documentos de deseño narrativo

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A3 A5 A6 B7 B12 B13 C2 5 15 20
Traballos tutelados A3 A5 A6 B1 B2 B4 B6 B11 B13 B14 C1 C2 C4 C8 5 30 35
Proba de resposta múltiple B1 B3 B7 B11 B13 C3 C4 C5 1 4 5
Sesión maxistral A5 A3 B1 B2 B3 B5 B6 B11 C3 C4 C5 C6 C7 10 5 15
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Os alumnos desenvolverán tarefas prácticas na aula relacionadas cos conceptos explicados e coñecementos adquiridos na sesión maxistral, co apoio e supervisión do profesorado.
Traballos tutelados Os alumnos desenvolverán un traballo que será tutelado polo docente no que deberán aplicar os conceptos e fundamentos explicados en clase.
Proba de resposta múltiple Test de resposta múltiple individual sobre os coñecementos adquiridos na materia.
Sesión maxistral Exposición do programa teórico da materia e temas relacionados, para facilitar a aprendizaxe e o desenvolvemento dos traballos prácticos a realizar polo alumnado. A asistencia regular será valorada na calificación da asignatura.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
No Obradoiro e no Traballo Tutelado ofrecerase ao estudante apoio, seguemento e asesoramento individual, tanto na propia aula como nas titorías. Empregaranse tamén as comunicacións a través de Moodle e correo electrónico para a supervisión de traballos e resolución de dúbidas relacionadas coa materia.

No caso de estudantes con Dispensa académica, dado a orientación e peso da parte práctica da materia, acordaranse co alumnado fórmulas personalizadas de titorización que permitan ao alumno o seguemento, aprobeitamento e superación con éxito da asignatura, sempre respectando a organización e calendario da mesma.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple B1 B3 B7 B11 B13 C3 C4 C5 Resolución dun cuestionario breve tipo test, relacionado cos contidos expostos nas sesións maxistrais e obradoiros. 20
Obradoiro A3 A5 A6 B7 B12 B13 C2 Entrega de todas as prácticas realizadas na aula de clase relacionadas coas sesións maxistrais. 40
Traballos tutelados A3 A5 A6 B1 B2 B4 B6 B11 B13 B14 C1 C2 C4 C8 Entrega dun traballo final consistente no deseño narrativo dun videoxogo. 50
 
Observacións avaliación
Para superar a materia é imprescindible ter aprobado o traballo tutelado
(mínimo 2,5 puntos), ter entregadas un mínimo do 50% das prácticas
realizadas no obradoiro e obter un mínimo de cinco puntos na
calificación final (suma do traballo tutelado, prácticas do obradoiro e
nota do exame).

Para a avaliación da materia é preciso ter
participado nas 3 actividades evaluables: prácticas (obradoiro),
traballo tutelado e exame. No caso de non desenvolver algunha destas
actividades, a calificación será a de "Non presentado".

A asistencia e participación nas clases será valorada positivamente.

Os
estudantes con dispensa académica deberán presentar as prácticas
relacionadas co obradoiro e o traballo final en tempo en forma (os
prazos deberán ser consensuados coa docente a principio de curso). Así
mesmo, deberán acudir ao exame na data prevista ou ben realizalo nunha
data anterior se existise algunha incompatibilidade.

Fontes de información
Bibliografía básica Solarski, Chris (2017). Interactive stories and video game art : a storytelling framework for game design. Boca Raton : Taylor & Francis
Rogers, Scott (2014). Level up! : the guide to great video game design. Chichester : John Wiley & Sons
Block, Bruce A. (2008). Narrativa visual : creación de estructuras visuales para cine, video y medios digitales. Barcelona : Omega
Schell, Jesse (2015). The art of game design : a book of lenses. Boca Raton : CRC Press
Skolnick, Evan (2014). Video game storytelling : what every developer needs to know about narrative techniques. Berkeley : Watson-Guptill

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Deseño de Personaxes/730529010
Taller de Deseño de Videoxogos I/730529005
Deseño de Xogabilidade/730529011
Deseño de Niveis/730529013
Taller de Deseño de Videoxogos II/730529015
Deseño de Contornas/730529012

Materias que continúan o temario

Observacións
  • Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostido e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol". A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
· Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático
· Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
· En caso de ser necesario realizalos en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.
  • Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural
  • Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais
  • Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
  • Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
  • Deberanse detectar situacións de discriminación e se proporán accións e medidas para correxilas.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías