Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Arte de Concepto I. Personaxes Código 730529007
Titulación
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Métodos Matemáticos e de Representación
Coordinación
Fariña Lamosa, Ángel José
Correo electrónico
angel.farina@udc.es
Profesorado
Fariña Lamosa, Ángel José
Correo electrónico
angel.farina@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia introduce ao alumno na conceptualización e representación visual dos personaxes de un videoxogo.

Competencias do título
Código Competencias do título
A18 CE18 - Coñecer os fundamentos artísticos e técnicos que permitan conceptualizar gráficamente os elementos dun videoxogo
A19 CE19 - Crear a arte conceptual dos distintos elementos necesarios para facer un videoxogo
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo
B11 CG6 - Capacidade crítica e autocrítica necesaria en todo proceso creativo no que se busca un compromiso coa calidade do traballo, os resultados e as solucións propostas
C1 CT1 - Habilidades comunicativas e claridade de exposición oral e escrita
C2 CT2 - Capacidade de traballo persoal, organizado e planificado
C4 CT4 - Capacidade de abstracción, análise, síntese e estruturación da información e as ideas
C6 CT6 - Capacidade de enfrontarse a situacións novas e utilizar o coñecemento, tecnoloxía e información dispoñibles para resolver os problemas cos que debe de enfrontarse
C8 CT8 - Coñecemento e utilización das novas tecnoloxías necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumno aprenderá a conceptualizar de maneira visual os personaxes dun videoxogo. AP19
BP1
BP2
BP3
CP1
Adquirirá os coñecementos necesarios para crear esbozos e ilustracións que representen de maneira visual os personaxes, aprendendo a reflectir tanto o seu aspecto como a súa personalidade e historia do personaxe, en coherencia coa historia e xugabilidade do xogo. AP18
BP4
BP5
BP11
CP2
CP4
CP6
CP8

Contidos
Temas Subtemas
Introducción Arte conceptual de personaxes. Representación gráfica de personaxes para videoxogos. Proporcións humanas.
Anatomía artística Sistema articular óseo. Sistema anatómico muscular.
Herramientas conceptuales Silueta. Expresividade. Pose. Expresión facial.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B3 B4 C1 8 8 16
Proba mixta A18 B1 B4 C4 1.5 0 1.5
Proba práctica B1 C6 C8 2 0 2
Portafolios do alumno A19 B2 B5 B11 C2 C8 0 30 30
Obradoiro A18 A19 B2 B11 C2 C6 C8 8 16 24
 
Atención personalizada 1.5 0 1.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Proba mixta Exame teórico
Proba práctica Exame práctico
Portafolios do alumno Traballo final
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
As titorías complementarán os talleres e as clases teóricas, para resolver de forma individual ou en pequenos grupos as dúbidas ou dificultades que xurdan durante o estudo e o traballo non presencial dos alumnos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A18 B1 B4 C4 Exame teórico 25
Obradoiro A18 A19 B2 B11 C2 C6 C8 Exercicios prácticos 25
Portafolios do alumno A19 B2 B5 B11 C2 C8 Traballo final 25
Proba práctica B1 C6 C8 Exame práctico 25
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia consistirá nun exame práctico, un exame teórico, un traballo final ( portfolio,  showreel…) e os exercicios prácticos realizados ao longo da materia. Cada proba supón un 25% da nota total.

As datas de entrega e a presentación dos traballos prácticos indicaranse previamente en clase e publicaranse en Moodle ao longo do cuadrimestre.

Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade serán os mesmos.

O alumnado que se atope en situación de dispensa académica deberá realizar os exames práctico e teórico e entregar o traballo final nas datas establecidas.  Recoméndase que os exercicios semanais váianse entregando semanalmente nas datas solicitadas; podendo tamén entregalos todos  xuntos o mesmo día da entrega do traballo final.


Fontes de información
Bibliografía básica Edwards, Betty. (2013). Nuevo aprender a dibujar con el lado derecho del cerebro : un curso que potencia la creatividad y la confianza creativa. Culver City, CA : Design Studio Press
Arnould Moreaux (). Anatomia artistica: Del hombre .
Chris Legaspi (). Anatomy for 3D Artists: The Essential Guide for Cg Professionals .
Uldis Zarins, Sandis Kondrats (). Anatomy for Sculptors Understanding the Human Form .
Amid Amidi (2011 ). Art of Pixar: 25th Anniv .
Daniel González Jiménez (2014). Arte De Videojuegos. Da Forma A Tus Sueños. Ra-Ma
Bill Stoneham (2012). Cómo crear arte fantástico para videojuegos. Barcelona: Norma Editorial
Chris Patmore (2006). Diseño de Personajes. Barcelona: Norma Editorial
Chris Solarski (2012). Drawing Basics and Video Game Art. New York: Watson-Guptill
Walt Stanchfield (2009). Drawn to Life. Volume 1 y Volume 2.
Gilland, Joseph (). Elemental magic .
Andrei Tarskovski (). Esculpir en el tiempo .
Mateu-Mestre, Marcos (). Framed perspective .
Todd Gantzler (). Game Development Essentials: Video Game Art. New York: Thomson Delmar Learning
Robertson, Scott (2013). How to draw : drawing and sketching objects and environments from your imagination. Culver City, CA : Design Studio Press
Frederic Delavier (). Strength Training Anatomy .
Hayao Miyazaki (2005). The Art of Howl's Moving Castle .
(2015). The Art Of Inside Out .
Tia Kratter (2017). The Color Of Pixar .

Bibliografía complementaria

CÓMIC:

Blacksad : la historia de las acuarelas Signatura: L-C-384

Blacksad : integral Signatura: L-C-390

Blacksad : cómo se hizo Signatura: L-C-393

El arte de Charlie Chan Signatura: L-C-388

Pyongyang Signatura: L-C-292

Guía del mal padre ignatura: L-C-394

Cómo no hacer nada Signatura: L-C-385

Crónicas birmanas Signatura: L-C-386

Crónicas de Jerusalén Signatura: L-C-387

Escapar : historia de un rehén Signatura: L-C-389

Inspector Moroni Signatura: L-C-391

Shenzhen Signatura: L-C-397

Mauss Signatura: L-C-213

Metamaus : [viaje al interior del un clásico moderno, Maus] Signatura: L-C-396 EL-C-396 DVD


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Modelaxe de Personaxes II. Materiais/730529036
Modelaxe de Personaxes I. Xeometría/730529035
Modelaxe e Animación 3D para Videoxogos II/730529016
Arte de Concepto II. Contornas/730529017
Modelaxe e Animación 3D para Videoxogos I/730529006

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

 1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:  

          1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.   

          1.2.  Realizarase  a  través  de  Moodle,  en  formato  dixital  sen  necesidade  de  imprimilos  

          1.3. De se realizar en papel:  

                    Non se empregarán plásticos.  

                    Realizaranse impresións a dobre cara.  

                    Empregarase papel reciclado.  

                    Evitarase a impresión de borradores.  

2. Débese  facer  un  uso  sostible  dos  recursos  e  a  prevención  de  impactos  negativos  sobre o medio natural.  

3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da  sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.  

4.  Segundo  se  recolle  nas  distintas  normativas  de  aplicación  para  a  docencia  universitaria  deberase  incorporar  a  perspectiva  de  xénero  nesta  materia  (usarase  linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase  a intervención en clase de alumnos e alumnas…).  

5. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na  contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.  

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse  accións e medidas para corrixilas.  

7.  Facilitarase  a  plena  integración  do  alumnado  que  por  razón  físicas,  sensoriais,  psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario  e proveitoso á vida universitaria. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías