Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Videoxogos 2D Código 730529009
Titulación
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Computación
Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
Coordinación
Castro Pena, Luz
Correo electrónico
maria.luz.castro@udc.es
Profesorado
Castro Pena, Luz
Correo electrónico
maria.luz.castro@udc.es
Web
Descrición xeral Deseño e desenvolvemento de videoxogos 2D

Competencias do título
Código Competencias do título
A20 CE20 - Coñecer os fundamentos e técnicas específicas que se aplican na creación de videoxogos 2D
A30 CE30 - Construír, compoñer e programar un videoxogo
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo
B6 CG1 - Capacidade de organización e planificación, especialmente na formulación de traballos conducentes á creación dos contidos audiovisuais dixitais que compoñen un videoxogo
B7 CG2 - Capacidade de resolver problemas de forma efectiva, principalmente de carácter tecnolóxico e no campo da creación de contidos dixitais interactivos
B8 CG3 - Coñecementos informáticos, en especial os relativos ao uso de tecnoloxías e programas de última xeración no campo de estudo
B10 CG5 - Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas con que deben enfrontarse
B11 CG6 - Capacidade crítica e autocrítica necesaria en todo proceso creativo no que se busca un compromiso coa calidade do traballo, os resultados e as solucións propostas
B14 CG9 - Capacidade de deseño e xestión de proxectos, resolvendo os aspectos narrativos, técnicos e de xestión do proxecto de videoxogo
C3 CT3 - Habilidade para a xestión da información
C4 CT4 - Capacidade de abstracción, análise, síntese e estruturación da información e as ideas
C6 CT6 - Capacidade de enfrontarse a situacións novas e utilizar o coñecemento, tecnoloxía e información dispoñibles para resolver os problemas cos que debe de enfrontarse
C7 CT7 - Comprender e valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico na profesión e no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C8 CT8 - Coñecemento e utilización das novas tecnoloxías necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O obxectivo deste curso é aprender as caracteri?sticas especi?ficas do desenvolvemento de videoxogos 2D. El alumnado coñecera? as distintas alternativas que existen para crear estes xogos, asi? como preparar personaxes e compoñer niveis optimizando os recursos de forma eficiente. AP20
AP30
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP7
BP8
BP10
BP11
BP14
CP3
CP4
CP6
CP7
CP8

Contidos
Temas Subtemas
Videoxogos 2D 1. Programación visual.
2. Motores de xogo.
3. Preparación de materiais.
4. Animación de personaxes.
5. Composición e escenarios.
6. Animación para videoxogos.
7. Optimización.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A30 A20 B8 B14 C7 4 5 9
Prácticas de laboratorio A20 A30 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B10 B11 C3 C4 C6 C8 11 25 36
Traballos tutelados A30 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B11 B14 C3 C4 C6 C8 4 20 24
Proba práctica A20 A30 B14 C4 C6 2 0 2
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases de teoría onde se imparten os contidos do temario.
Prácticas de laboratorio Elaboración de traballos prácticos no laboratorio.
Traballos tutelados Resolución de traballos tutelados propostos e resoltos en horario de titorías.
Proba práctica Proba obxectiva (exame)

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Proba práctica
Descrición
Resolución de dúbidas de teoría ou prácticas, traballos tutelados, etc. en horario de titorías.

O seguimento da materia non debe presentar problemas ao estudantado con matrícula a tempo parcial, xa que non se esixe nin se puntúa a asistencia. Porén, este alumnado é responsable de estar ao corrente dos materiais colgados no Moodle, así como das tarefas que por ese medio se propoñan para entrega. Estas entregas, de non ser telemáticas, serán acordadas co estudantado a tempo parcial de xeito que se compatibilice na medida do posible coa súa dispoñibilidade e a do profesorado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A20 A30 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B10 B11 C3 C4 C6 C8 Entrega e defensa de traballos prácticos de laboratorio. Computa ata un máximo de 4 puntos na nota final. A súa realización non é obrigatoria para superar a materia. 40
Traballos tutelados A30 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B11 B14 C3 C4 C6 C8 Resolución e participación en traballos tutelados en horario de titorías. Computa un máximo de 2 puntos da nota final. A súa realización non é obrigatoria para superar a materia. 20
Proba práctica A20 A30 B14 C4 C6 Exame eminentemente práctico que computa un máximo de 4 puntos sobre a nota final. É necesario aprobar o exame para superar a materia. 40
 
Observacións avaliación

En caso de non acadar o mínimo na proba práctica, a nota final será a obtida nesta proba.

Na convocatoria de segunda oportunidade, a proba práctica poderá ir
acompañada dunha actividade de avaliación das prácticas de laboratorio

De acordo
coa normativa da UDC en relación ao estudantado matriculado a tempo
parcial, o réxime de asistencia a clase non afectará negativamente ao
proceso de avaliación, admitíndose nesta materia a dispensa académica
para a asistencia solicitada polas canles institucionais habilitadas ao
efecto. Porén, esta flexibilidade asistencial non eximirá da entrega de
traballos tutelados e prácticas nos mesmos prazos fixados para o
estudantado a tempo completo.


Fontes de información
Bibliografía básica ADOBE (). Adobe Animate User Guide. https://helpx.adobe.com/animate/user-guide.html
Salmond, Michael (2017). Diseño de videojuegos. Badalona : Parramon

Bibliografía complementaria González Jiménez, Daniel (2014). Arte de videojuegos : da forma a tus sueños. Paracuellos de Jarama : Ra-Ma


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":
A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

- Solicitaranse en formato virtual ou soporte informático
- Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
- En caso de ser necesario realizalos en papel:
                 -      Non se empregarán plásticos
                 -      Realizaranse impresións a dobre cara.
                 -      Empregarase papel reciclado.

                 -      Evitarase a impresión de borradores.


Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia.
Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación e proporanse accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías