Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Deseño de Contornas Código 730529012
Titulación
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
López Garrrido, Mercedes Marina
Correo electrónico
mercedes.lopez@udc.es
Profesorado
López Garrrido, Mercedes Marina
Martínez Costa, Sandra
Correo electrónico
mercedes.lopez@udc.es
s.martinez@udc.es
Web
Descrición xeral Deseño de contornas é a materia que achegará ao alumnado oas coñecementos e ferramentas precisas para abordar o deseño dos espazos visuais e sonoros dun videoxogo.
Os contidos da materia buscan fomentar a capacidade analítica dos/as estudantes así como estimular a súa creatividade para que poidan facer fronte á creación de contornas, escenografías e ambientacións para videoxogos. Neste sentido formarase e orientarase ao/o alumno/a na creación de espazos e elementos de decorado -visuais e sonoros- coherentes co deseño narrativo e xogabilidade de diferentes tipos de videoxogos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 CE10 - Deseñar as contornas e as escenografías onde transcorre un videoxogo
A11 CE11 - Crear a ambientación sonora e visual das contornas onde transcorre un videoxogo
A17 CE17 - Analizar e interpretar as formas, aspectos e movementos a partir do mundo real ou da arte conceptual para recrear os elementos necesarios dun videoxogo
A18 CE18 - Coñecer os fundamentos artísticos e técnicos que permitan conceptualizar gráficamente os elementos dun videoxogo
A19 CE19 - Crear a arte conceptual dos distintos elementos necesarios para facer un videoxogo
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo
B6 CG1 - Capacidade de organización e planificación, especialmente na formulación de traballos conducentes á creación dos contidos audiovisuais dixitais que compoñen un videoxogo
B11 CG6 - Capacidade crítica e autocrítica necesaria en todo proceso creativo no que se busca un compromiso coa calidade do traballo, os resultados e as solucións propostas
B12 CG7 - Traballo en equipo. Capacidade de abordar proxectos en colaboración con outros estudantes, asumindo roles e cumprindo compromisos de fronte ao grupo
B14 CG9 - Capacidade de deseño e xestión de proxectos, resolvendo os aspectos narrativos, técnicos e de xestión do proxecto de videoxogo
C1 CT1 - Habilidades comunicativas e claridade de exposición oral e escrita
C2 CT2 - Capacidade de traballo persoal, organizado e planificado
C3 CT3 - Habilidade para a xestión da información
C4 CT4 - Capacidade de abstracción, análise, síntese e estruturación da información e as ideas
C5 CT5 - Asunción da importancia da aprendizaxe ao longo da vida e capacidade de autoaprendizaje mediante a inquietude por buscar e adquirir novos coñecementos
C6 CT6 - Capacidade de enfrontarse a situacións novas e utilizar o coñecemento, tecnoloxía e información dispoñibles para resolver os problemas cos que debe de enfrontarse
C7 CT7 - Comprender e valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico na profesión e no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C8 CT8 - Coñecemento e utilización das novas tecnoloxías necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Afondar nas potencialidades do deseño visual e sonoro para a narrativa dun videoxogo e a súa xogabilidade AP10
AP11
AP18
BP2
BP14
CP1
CP4
Deseñar a escenografía dun videoxogo atendendo ao xénero e en coherencia co seu deseño narrativo e xogabilidade. AP10
AP17
AP18
AP19
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP11
BP12
CP1
CP3
CP4
CP5
CP6
CP7
Enfrontarse ao deseño sonoro dun videoxogo tanto no que respecta á creación de espazos como á selección de música e os sons-acción, dende unha perspectiva estética e/ou funcional. AP10
AP11
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP11
BP12
BP14
CP1
CP2
CP3
CP4
CP5
CP6
CP7
CP8
Abordar o deseño e creación de obxectos de atrezo específicos para cada contorna tendo en conta o deseño narrativo, xogabilidade e personaxes do videoxogo. AP10
AP11
AP17
AP18
AP19
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP11
BP12
BP14
CP1
CP2
CP4
CP6
CP7
CP8
Crear as contornas, escenografías e ambientación dun videoxogo, tanto dende unha perspectiva visual como sonora. AP11
AP17
AP18
BP2
BP5
BP6
BP12
BP14
CP2
CP6
CP8

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución · Mundos do xogo
· Localizacións
· Estilo visual
2. Deseño visual · Aspectos culturais, estéticos e semióticos
· Deseño visual y xogabilidade
3. Escenografía e atrezzo · Arquitectura
· Vexetación
· Obxectos de atrezzo
· Fluxo de traballo
4. Props · Cualidades e relevancia
· Equipamento dos personaxes
· Vehículos e maquinaria
· Evolución visual e narrativa
· Fluxo de traballo
5. Deseño sonoro · Deseño de son para contornas interactivas
· A música nos videoxogos
· Efectos de son
· Voces
· Fluxo de traballo
6. Ambientación · Iluminación e cor
· Efectos ambientais
· Paisaxes sonoros
7. Documentación · O libro de arte de entornos. Contidos e desenvolvemento
· Props. Ficha de especificidades
· Documento de deseño sonoro. Contidos e desenvolvemento

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A10 A11 A19 B2 B4 B6 B12 B14 C1 C2 C4 C5 C6 C8 6 42 48
Presentación oral B1 B2 B3 B4 C1 C3 C4 2 2 4
Eventos científicos e/ou divulgativos A10 A11 A18 B1 B5 C7 3 0 3
Sesión maxistral A17 A18 B1 B3 B5 B11 C3 C7 9 10 19
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Desenvolvemento do deseño de espazos, escenografía, ambientación e props dun videoxogo tanto dende unha perspectiva visual coma sonora.
Presentación oral Presentación do traballo. A presentación centrase naqueles aspectos más salientables do deseño levado a cabo ademais de responder a cuestións relativas ás decisións adoptadas no plano estético/narrativo.
Eventos científicos e/ou divulgativos Conferencia a cargo dun profesional experto no deseño de contornas en xeral, ou dalgún aspecto concreto do temario.
Sesión maxistral Clase expositiva ilustrada con exemplos de videoxogos.
Nas sesións maxistrais poderanse desenvolver actividades encamiñadas a facilitar a comprensión da materia así como discusións dirixidas, que esixan ao estudantado amosar a adquisición de conceptos e coñecementos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Presentación oral
Sesión maxistral
Descrición
Nesta materia estableceranse fórmulas para a atención aos estudantes, a resolución de cuestións e o seguimento do traballo persoal/grupal tanto nas clases e horas oficiais de tutorías, como noutros momentos, a través de Moodle e outras canles TIC.

No caso de estudantes con Dispensa académica, dado a orientación práctica desta materia, estableceranse fórmulas personalizadas de titorización que faciliten ao/á alumno/a o seguimento da asignatura e o desenvolvemento do traballo, sempre respetando a organización e posibilidades docentes.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A10 A11 A19 B2 B4 B6 B12 B14 C1 C2 C4 C5 C6 C8 Deseño de espazos, escenografía, ambientación e props dun videoxogo tanto dende unha perspectiva visual coma sonora.
Esta avaliación atenderá a os criterios fixados na clase e artellados nunha rúbrica de avaliación.
80
Presentación oral B1 B2 B3 B4 C1 C3 C4 Presentación do traballo.
Teranse en conta aspectos como contidos, expresión oral, participación e/ou capacidade de síntese, entre outros. En calquera caso, ditos criterios de avaliación concretaranse na aula.
20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é preciso ter aprobado o traballo tutelado (mínimo 4 puntos) e obter un mínimo de cinco puntos na calificación final (sumatorio de traballo tuleado e presentación oral).

Para a avaliación da materia cómpre presentarse as dúas actividades con peso na nota final: traballo tutelado e presentación oral. No caso de non desenvolver algunha destas actividades, ou non facelo en tempo e forma, sinalarase un "Non presentado" na correspondente convocatoria.

Aqueles traballos que conten con algún apartado, deseño ou proposta copiada, serán calificados cun cero, co consecuente suspenso na materia.

Os/as estudantes con dispensa académica deberán presentarse e superar ambas partes -traballo e presentación oral- se ben, no caso de incompatibilidades, poderán desenvolver a presentación oral noutra data-hora previamente acordada coa docente. En calquera caso na primeira titoría se comunicarán os aspectos e especificacións destas tarefas, deseñando un itinerario personalizado en función as posibilidades e intereses docentes-discentes.


Fontes de información
Bibliografía básica Shell, Jesse (2008). Art of Game Design: A Book of Lenses. Burlington. Morgan Kaufmann
González Jiménez, Daniel (2014). Arte de videojuegos: da forma a tus sueños. Paracuellos de Jarama. Ra-Ma
Brandon, Alexander (2005). Audio for games: Planning, process and production. Brandon, Alexander
Pardew, Less (2005). Beginning Illustration and Storyboarding for Games. Boston. Thomson CourseTecnology PTR.
Hoffert, Paul (2007). Music for new media. Boston. Berklee Press
Galuzin, Alez (2016). Preproduction Blueprint: How to plan game environments and level designs paperback. WorldoflevelDesign.com
Nesta materia Moodle constitúe a principal fonte de información dado o seu emprego como espazo para centralizar e organizar os diferentes recursos didácticos.
Nesta esta plataforma o/a alumno/a terá á súa disposición material de consulta, exemplos de apoio, así como diversos recursos -como bancos de son ou música creative commons- necesarios tanto para un correcto seguimento da materia e desenvolvemento do traballo como para ampliar e enriquecer os contidos tratados na aula.
Bibliografía complementaria Chion, Michel (1994). La audiovisión. Introducción a un análisis conjunto de la imagen y sonido. Barcelona: Paidós


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Taller de Deseño de Videoxogos I/730529005
Deseño Narrativo/730529003
Arte de Concepto I. Personaxes/730529007

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Deseño de Personaxes/730529010
Arte de Concepto II. Contornas/730529017
Deseño de Xogabilidade/730529011
Deseño de Niveis/730529013
Taller de Deseño de Videoxogos II/730529015

Materias que continúan o temario

Observacións
  • Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostido e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol". A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
· Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático
· Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
· En caso de ser necesario realizalos en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.
  • Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural
  • Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais
  • Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
  • Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías