Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Arte de Concepto II. Contornas Código 730529017
Titulación
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Expresión Gráfica Arquitectónica
Coordinación
López Chao, Vicente Adrián
Correo electrónico
v.lchao@udc.es
Profesorado
Castro Pena, Luz
López Chao, Vicente Adrián
Correo electrónico
maria.luz.castro@udc.es
v.lchao@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia introducirase o alumnado na conceptualización e representación visual das contornas dun videoxogo. O alumnado aplicará de maneira supervisada os coñecementos adquiridos para crear os contidos visuais necesarios para conceptualizar as contornas dun videoxogo.

Competencias do título
Código Competencias do título
A18 CE18 - Coñecer os fundamentos artísticos e técnicos que permitan conceptualizar gráficamente os elementos dun videoxogo
A19 CE19 - Crear a arte conceptual dos distintos elementos necesarios para facer un videoxogo
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo
B11 CG6 - Capacidade crítica e autocrítica necesaria en todo proceso creativo no que se busca un compromiso coa calidade do traballo, os resultados e as solucións propostas
C1 CT1 - Habilidades comunicativas e claridade de exposición oral e escrita
C2 CT2 - Capacidade de traballo persoal, organizado e planificado
C4 CT4 - Capacidade de abstracción, análise, síntese e estruturación da información e as ideas
C6 CT6 - Capacidade de enfrontarse a situacións novas e utilizar o coñecemento, tecnoloxía e información dispoñibles para resolver os problemas cos que debe de enfrontarse
C8 CT8 - Coñecemento e utilización das novas tecnoloxías necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumnado aprenderá a conceptualizar de maneira visual as contornas dun videoxogo. AP19
BP1
BP2
BP3
CP1
Adquirirá os coñecementos necesarios para conceptualizar de maneira visual, a través de esbozos e ilustracións, as contornas dun videoxogo. AP18
BP4
BP5
BP11
CP2
CP4
CP6
CP8

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 00: INTRODUCIÓN Arte de concepto de contornas.
Referentes en arte de concepto de contornas.
Fundamentos de arte: Thumbnailing, perspectivas, composición, iluminación, cor e textura.
TEMA 01: TÉCNICAS DE DESENVOLVEMENTO DE CONCEPTOS Thumbnailing
Planos de profundidade
Contraste e puntos clave
Ferramentas en contornas dixitais
TEMA 02: PERSPECTIVA Tipos de perspectivas que se poden aplicar nun videoxogo. O punto de vista. Debuxo ao natural
TEMA 03: COR Tipos de cores. Cualidades. Psicoloxía. Harmonía. Volume.
TEMA 04: ILUMINACIÓN Luminosidade da cor e volume en dúas dimensións. Proxección da luz e das sombras. Ferramentas dixitais para traballar a luz. Perspectiva atmosférica.
TEMA 05: TEXTURA Fundamentos de debuxo orgánico. Técnicas de edición dixital: phototexturing, photobashing, digital matte painting.
TEMA 06: COMPOSICIÓN Equilibrio. Puntos de interese. Composición da imaxe. Maquetación de láminas (model sheets). Storyline.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A18 B2 B11 C4 C6 C8 21 0 21
Traballos tutelados A18 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B11 C1 C2 C4 C6 C8 0 70 70
Portafolios do alumno A18 A19 B1 B5 C2 C4 0 37 37
Sesión maxistral B3 B4 C1 21 0 21
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro O alumnado realizará os traballos prácticos que reforzarán os conceptos expostos en cada sesión, co apoio e supervisión do profesorado.
Traballos tutelados O alumnado realizará os traballos prácticos propostos na aula, co apoio e supervisión do profesorado.
Portafolios do alumno Cada alumna/o realizará unha showreel cos traballos prácticos solicitados polo profesorado.
Sesión maxistral Clases teóricas presenciais, onde se exporán os conceptos teóricos que o alumnado debe coñecer e que serán de aplicación nos traballos prácticos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
Durante cada sesión do obradoiro, o alumnado recibirá de forma individual correccións sobre o seu traballo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A18 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B11 C1 C2 C4 C6 C8 Presentación de traballos e informes / Avaliación continua 80
Portafolios do alumno A18 A19 B1 B5 C2 C4 Presentación dun portfolio persoal que mostre os mellores traballos realizados 20
 
Observacións avaliación

Avaliación de primeira oportunidade

Cada estudante deberá asistir activamente ao 80% das clases teóricas e prácticas. Para optar á avaliación na primeira oportunidade, todas as prácticas deben entregarse en tempo e forma, para favorecer o seguemento continuo da materia mediante feedback semanal colectivo ou individual.

Dispensa académica (exención de asistencia)

Aquel alumnado que teña unha exención académica deberá dirixirse ao profesorado para establecer o método de seguimento da materia e a elaboración dos traballos para superar a materia en primeira convocatoria.

Avaliación de segunda oportunidade

O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade ou que non cumpra co 80% da asistencia, deberá acudir á convocatoria de segunda de oportunidade. Deberanse entregar tódalas prácticas do curso e, no caso de non ter seguemento do curso, a avaliación realizarase mediante unha proba de carácter gráfico de modo presencial que sustituirá ao "Portafolio do alumno"

Cláusula de fraude académica

A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación implicará directamente unha cualificación de 0 (SUSPENSO) na materia da convocatoria correspondente, quedando invalidada o resto das cualificacións obtidas.


Fontes de información
Bibliografía básica Sean Lagh (ed.) (2020). Art fundamentals: light, shape, color, composition, perspective, depth & anatomy . 3dTotal Publishing
Marisa Lewis (ed.) (2016). Beyond art fundamentals: A guide to emotion, mood and storytellig for artists . 3dtotal Publishing
Juan Díaz Canales y Juanjo Guarnido (2005). Blacksad: cómo se hizo . Barcelona: Norma Editorial
James Gurney (2010). Color and light: a guide for the realist painter . Kansas City: Andrews McMeel Publishing
Hans P. Bacher (2018). Dream worlds: production design for animation . Abingdon, Oxon: Routledge
Robh Ruppel (2021). Graphic L.A. Los Angeles: Designstudio Press
James Gurney (2009). Imaginative realism: how to paint what doesn't exist . Kansas City: Andrews McMeel Publishing
Ian Roberts (2007). Mastering Composition: Techniques and Principles to Dramatically Improve Your Painting . North Light Book
John Canemaker (1999). Paper dreams : the art & artists of Disney storyboards . New York: Disney Editions
Alex Galuzin (2016 ). Preproduction Blueprint: how to plan game environments and level designs . North Charleston: CreateSpace
Hans P Bacher (2015). Sketchbook: composition studies for film . Laurence King
Amid Amidi (2011). The Art of Pixar: The Complete Colorscripts and Select Art from 25 Years of Animation . San Francisco: Chronicle Books
Naughty Dog Studios (2020). The art of The Last of Us: part II . Milwaukie: Dark Horse Books
Tia Kratter (2017). The color of Pixar. San Francisco: Chronicle Books
Hans P Bacher (2016). Vision: Color and Composition for Film . Talisman

Bibliografía complementaria Michael Neilson (2020). The Art of Crash Bandicoot 4 : It's About Time . Santa Monica, California: Activision Publishing
StudioMDHR (2019). The art of Cuphead . Milwaukie: Dark Horse Books
Titan Books (2020). The art of Death Stranding . London: Titan Books
Ian Tucker (ed.) (2020). The art of Ghost of Tsushima . Milwaukie: Dark Horse Books
Eric S. Trautmann (2004). The art of Halo: creating a virtual world . New York: Del Rey
Paul Davies (2017). The Art of Horizon zero dawn . London: Titan Books
Bioware (2017). The Art of Mass Effect : Andromeda . Milwaukie: Dark Horse Books
Future Press (2020). The art of Ori and the Will of the wisps: a Future Press Art Book . Hamburg: Future Press
ArenaNet (2020). The complete art of Guild wars : ArenaNet 20th anniversary edition . Milwaukie: Dark Horse Books
Nick Stuttner y Wil Murray (2017). The last Guardian : an Extraordinary Story . Hamburg: FuturePress
Nintendo (2018). The Legend of Zelda: Breath of the Wild, Creating a Champion . Milwaukie: Dark Horse Books


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Arte de Concepto I. Personaxes/730529007

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

“Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

-Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático

-Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

En caso de ser necesario realizalos en papel:

-Non se empregarán plásticos

-Realizaranse impresións a dobre cara.

-Empregarase papel reciclado.

 -Evitarase a impresión de borradores.

 

Ademais:

• Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

• Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais

• Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…)

• Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

• Deberanse detectar situacións de discriminación e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías