Identifying Data 2020/21
Subject (*) Enterprise and Entrepreneurship Code 730529029
Study programme
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
Second Obligatory 3
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Empresa
Coordinador
E-mail
Lecturers
Gago Cortés, María Carmen
E-mail
m.gago@udc.es
Web http://mastervideojuegos.udc.gal/
General description Esta materia pretende que o alumnado adquira a capacidade de plantexarse integralmente a creación e desenvolvemento dunha empresa, dende o plantexamento ata a execución. Por este motivo adquirirá coñecementos sobre planificación, organización, dirección e xestión de recursos humanos.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral.
- Proba de resposta múltiple (computa na avaliación).
- Traballos tutelados (computa na avaliación).
- Atención personalizada.

*Metodoloxías docentes que se modifican
- Non se realizarán cambios.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen dos foros da materia para formular as consultas necesarias.
- Teams: Unha sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia. Ademais, realizaranse as sesións que demande o alumnado en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación
- Non se realizarán cambios.

*Observacións de avaliación:
- Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A29 CE29 - Crear e dirixir proxectos e empresas de videoxogos
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo
B6 CG1 - Capacidade de organización e planificación, especialmente na formulación de traballos conducentes á creación dos contidos audiovisuais dixitais que compoñen un videoxogo
B9 CG4 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
B12 CG7 - Traballo en equipo. Capacidade de abordar proxectos en colaboración con outros estudantes, asumindo roles e cumprindo compromisos de fronte ao grupo
C1 CT1 - Habilidades comunicativas e claridade de exposición oral e escrita
C2 CT2 - Capacidade de traballo persoal, organizado e planificado
C3 CT3 - Habilidade para a xestión da información
C4 CT4 - Capacidade de abstracción, análise, síntese e estruturación da información e as ideas
C6 CT6 - Capacidade de enfrontarse a situacións novas e utilizar o coñecemento, tecnoloxía e información dispoñibles para resolver os problemas cos que debe de enfrontarse
C9 CT9 - Capacidade para dirixir e xestionar equipos de persoas e grupos de empresa

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer as fases e procedementos para a creación e desenvolvemento dunha empresa no ámbito dos videoxogos. AJ29
BJ1
BJ3
BJ5
BJ6
BJ9
CJ1
CJ2
CJ3
CJ6
CJ9
Adquirir os coñecementos, tanto teóricos como prácticos, sobre a planificación, organización, dirección e xestión de recursos humanos. AJ29
BJ2
BJ4
BJ6
BJ12
CJ1
CJ2
CJ4
CJ9

Contents
Topic Sub-topic
Os temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria, que son: Planeamento e viabilidade.
Organización e persoas.
Habilidades de dirección de equipos.
Recursos financeiros e técnicos.
Control de resultados.
Tema 1. Iniciativas de negocio e emprendemento. 1.1. Os proxectos de negocio nas fases iniciais de desenvolvemento.
1.2. A financiación do proxecto emprendedor.
Tema 2. O plan de negocio. 2.1. Procura de oportunidades.
2.2. Sustentabilidade da vantaxe competitiva.
2.3. Organización dos recursos humanos.
2.4. Plan financeiro.
2.5. Integración do proxecto de empresa.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Multiple-choice questions B1 B2 B3 C2 C3 C4 2 21 23
Guest lecture / keynote speech A29 B1 B3 B5 B9 C3 10 0 10
Supervised projects A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B12 C1 C2 C3 C4 C6 C9 7 33 40
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Multiple-choice questions Test de resposta múltiple individual.
Guest lecture / keynote speech Explicación dos contidos do programa teórico da materia mediante exposición oral guiada co uso de presentacións e medios audiovisuais.
Supervised projects Resolución de caso ou traballo práctico por parte do grupo.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
Seguemento dos traballos prácticos.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Multiple-choice questions B1 B2 B3 C2 C3 C4 Test de resposta múltiple individual. 30
Supervised projects A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B12 C1 C2 C3 C4 C6 C9 Desenvolvemento e defensa do caso ou traballo práctico. 70
 
Assessment comments

Resolver sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento das sesións, recorrendo á atención personalizada se é necesario. A.-Exame: 30% da cualificación. B.-Traballos tutelados: 70% da cualificación. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia.

Os criterios de avaliación son os mesmos para a primeira e a segunda oportunidade de cada convocatoria, así como para a convocatoria adiantada. No caso de non superar a materia na primeira oportunidade, pódese gardar a puntuación do traballo tutelado (parte B) para a segunda oportunidade, ou pódese facer un novo traballo de xeito individual, que deberá presentarse tres días antes da data sinalada para a proba oficial.

No caso de alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a plataforma virtual e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, atención personalizada e entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, pero terán o mesmo deber de realizar actividades e probas de avaliación que o alumnado a tempo completo. A efectos de cualificación, a cualificación de non presentado corresponde ao alumnado cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación conseguida.


Sources of information
Basic Longenecker, J.G.; Petty, J. W.; Palich, L. E. y Hoy, F. (2012). Administración de pequeñas empresas. Lanzamiento y crecimiento de iniciativas de emprendimiento. Cengage Learning
Gil Estallo, M. A. y Giner de la Fuente, F. (2013). Cómo crear y hacer funcionar una empresa. ESIC
Ruano, L. A. y Velasco, R. (2018). Emprendimiento en el entorno digital. El lanzamiento de una startup. Alfaomega
Hoyos Iruarrizaga, J. y Blanco Mendialdua, A. (2014). Financiación del proceso emprendedor. Pirámide
Osterwalder, A. y Pigneur, Y. (2011). Generación de modelos de negocio. Un manual para visionarios, revolucionarios y retadores. Deusto
Jones, Gareth R. (2013). Teoría organizacional: diseño y cambio en las organizaciones. Pearson Educación

Complementary Llorente Olier, J. I. (2013). Análisis de la viabilidad empresarial. Centro de Estudios Financieros (CEF)
Valbuena, E. y Pardinas, C. (2013). Aspectos legales del emprendimiento y la gestión empresarial. ESIC
Grant, R. M. (2004). Dirección estratégica. Conceptos, técnicas y aplicaciones. Thomson Civitas
Mintzberg, H. (2012). La estructuración de las organizaciones. Ariel
Maqueda, J.; Olamendi, G. y Parra, F. (2003). Tu propia empresa: un reto personal. Manual útil para emprendedores. ESIC


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Video Game Operative Marketing/730529022
Brand Design and Development/730529002
Strategic Marketing of Video Games/730529001

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Recomendacións:

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

1.3. De se realizar en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).

5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

7. Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.