Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Prácticas Externas Código 730529031
Titulación
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Computación
Economía
Empresa
Enxeñaría Civil
Enxeñaría Naval e Industrial
Enxeñaría Naval e Oceánica
Química
Coordinación
Díaz Casás, Vicente
Correo electrónico
vicente.diaz.casas@udc.es
Profesorado
Díaz Casás, Vicente
Seoane Nolasco, Antonio José
Correo electrónico
vicente.diaz.casas@udc.es
antonio.seoane@udc.es
Web http://https://eps.udc.es/grados/documentacion-practicas-externas/
Descrición xeral O enlace do apartado anterior leva ó Manual de prácticas externas para estudos de grao e mestrado da Escola Politécnica Superior.
Plan de continxencia As practicas externas están en revisión permanente en funcióndas instrucións que se reciban das autoridades competentes. 1. Modificacións nos contidos Non se modifican os contidos. 2. Metodoloxías As metodoloxías non se modifican agas a necesidade de facelas online. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Os mecanismos de atención personalizada non se modifican agas a necesidade de facelas online. 4. Modificacións na avaliación Non se modifica agas modifiquese a normativa relativa a prácticas externas. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se modifica.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 CE04 - Coñecer o proceso de produción dun videoxogo
A29 CE29 - Crear e dirixir proxectos e empresas de videoxogos
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo
B7 CG2 - Capacidade de resolver problemas de forma efectiva, principalmente de carácter tecnolóxico e no campo da creación de contidos dixitais interactivos
B8 CG3 - Coñecementos informáticos, en especial os relativos ao uso de tecnoloxías e programas de última xeración no campo de estudo
B9 CG4 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
B11 CG6 - Capacidade crítica e autocrítica necesaria en todo proceso creativo no que se busca un compromiso coa calidade do traballo, os resultados e as solucións propostas
B12 CG7 - Traballo en equipo. Capacidade de abordar proxectos en colaboración con outros estudantes, asumindo roles e cumprindo compromisos de fronte ao grupo
B13 CG8 - Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica, integrando as diferentes partes do programa, relacionándoas e agrupándoas no desenvolvemento de produtos complexos
C1 CT1 - Habilidades comunicativas e claridade de exposición oral e escrita
C2 CT2 - Capacidade de traballo persoal, organizado e planificado
C3 CT3 - Habilidade para a xestión da información
C4 CT4 - Capacidade de abstracción, análise, síntese e estruturación da información e as ideas
C6 CT6 - Capacidade de enfrontarse a situacións novas e utilizar o coñecemento, tecnoloxía e información dispoñibles para resolver os problemas cos que debe de enfrontarse
C8 CT8 - Coñecemento e utilización das novas tecnoloxías necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C10 CT10 - Capacidade de traballo en equipo e facilidade para a integración en equipos multidisciplinares

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento dunha empresa real e capacidade para integrarse na estructura da mesma para desenrolar nela unha tarefa profesional do ámbito do mestrado. Ser capaz de realizar unaha estancia nunha empresa realizando tarefas relacionadas coa súa titulación. AP4
AP29
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP7
BP8
BP9
BP11
BP12
BP13
CP1
CP2
CP3
CP4
CP6
CP8
CP10

Contidos
Temas Subtemas
tema único Realización de prácticas en empresas, organizacións administrativas, económicas ou profesionais tanto dos sectores publicos coma privados, ou de calquer outra forma que se estableza, colaborando ou formándose en tarefas técnicas no ámbito da súa titulación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A4 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C6 C8 C10 149 0 149
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O estudante realizará as prácticas nunha empresa ou institución na cal realizará un traballo relacionado coas competencias da súa titulación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
As prácticas estarán titorizadas por un titor profesional e por un titor académico, que serán os encargados de que se realicen correctamente.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C6 C8 C10 Unha vez rematadas as prácticas o/a estudante e o/a titor/a profesional deberán presentar os seus informes ó titor/a académico, sendo esta última persona a que porá a nota do/a estudante.
100
 
Observacións avaliación
Atendendo ao indicado no manual de prácticas externas da EPS:

Para ser avaliado/a, o/ a alumno/a deberá ter subido ao Moodle da materia de

prácticas correspondente o proxecto formativo, o informe profesional e a

memoria final de prácticas con anterioridade ao inicio do período de

avaliación de dita oportunidade.

Abrirase esta  tarefa para subir dita documentación, en caso de dúbida o que exista

algún problema contacte no correo do coordinador de prácticas externas:

empresa.eps@udc.es

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
  • Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
  • Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
“Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":
            A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
             •  Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático
             •  Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
             •  En caso de ser necesario realizalos en papel:
                 -      Non se empregarán plásticos
                 -      Realizaranse impresións a dobre cara.
                 -      Empregarase papel reciclado.
                 -      Evitarase a impresión de borradores.


Ademais:
• Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural
• Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais
• Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…)
• Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
• Deberanse detectar situacións de discriminación e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías