Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Modelaxe de Personaxes II. Materiais Código 730529036
Titulación
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Segundo Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Coordinación
Davite Aguiar, Fátima
Correo electrónico
fatima.davite@udc.es
Profesorado
Davite Aguiar, Fátima
Correo electrónico
fatima.davite@udc.es
Web
Descrición xeral Creación da textura e aplicación do material á xeometría dos personaxes.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos:
Non houbo cambios nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Portafolios do alumno: Traballo final.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
Sesión maxistral: Clase maxistral online na que o profesorado mostrará un exemplo práctico no que aplicará os contidos teórico-prácticos expostos na sesión.
Obradoiro: Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes expostos a través da clase maxistral online, no que o alumnado desenvolverá de forma autónoma as tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Teams Mecanismo que se utiliza para atender as titorias: uso libre, previo aviso a través do correo electrónico. Uso para as sesións semanais online síncronas.
Streams: Mecanismo a través do cal se comparten os vídeos das clases online síncronas. Ou algún video-titorial para complementar as clases Moodle Foro de dudas: uso libre, mecanismo a través do cal se comparten os contidos teóricos, mecanismo a través do cal o alumnado entrega as tarefas .

4. Modificacións na avaliación:
Entrega do traballo final un 100%, *Observacións de avaliación : Durante as clases síncronas dase feedback persoal ao alumno xa que o traballo final pode realizarse en partes máis pequenas revisables, para posteriomente facer as modificacións convintes para a súa entrega final nas datas plantexadas no calendario de exámen. Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade serán os mesmos, entrega do traballo final

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non se realizaron cambios

Competencias do título
Código Competencias do título
A17 CE17 - Analizar e interpretar as formas, aspectos e movementos a partir do mundo real ou da arte conceptual para recrear os elementos necesarios dun videoxogo
A37 CE37 - Crear personaxes animados coa personalidade e comportamento definidos a partir do deseño dun videoxogo
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo
B7 CG2 - Capacidade de resolver problemas de forma efectiva, principalmente de carácter tecnolóxico e no campo da creación de contidos dixitais interactivos
B8 CG3 - Coñecementos informáticos, en especial os relativos ao uso de tecnoloxías e programas de última xeración no campo de estudo
B10 CG5 - Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas con que deben enfrontarse
B11 CG6 - Capacidade crítica e autocrítica necesaria en todo proceso creativo no que se busca un compromiso coa calidade do traballo, os resultados e as solucións propostas
C2 CT2 - Capacidade de traballo persoal, organizado e planificado
C4 CT4 - Capacidade de abstracción, análise, síntese e estruturación da información e as ideas
C5 CT5 - Asunción da importancia da aprendizaxe ao longo da vida e capacidade de autoaprendizaje mediante a inquietude por buscar e adquirir novos coñecementos
C6 CT6 - Capacidade de enfrontarse a situacións novas e utilizar o coñecemento, tecnoloxía e información dispoñibles para resolver os problemas cos que debe de enfrontarse
C8 CT8 - Coñecemento e utilización das novas tecnoloxías necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumno será capaz de crear, a partir do model sheet, o aspecto final dun personaxe dentro dun motor de videoxogos. AP17
AP37
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP7
BP8
BP10
BP11
CP2
CP4
CP5
CP6
CP8

Contidos
Temas Subtemas
Introdución Tipos de superficies. Conceptos e ferramentas básicas para crear materiais.
Texturizado

Texturizado de personaxes: pel, roupa, pelo e ollos.
Materiais Materiais para personaxes: pel, roupa, pelo e ollos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A17 B3 B4 B10 C5 8 8 16
Proba mixta B1 B4 C4 1.5 0 1.5
Proba práctica B1 B7 B8 C4 C6 2 0 2
Portafolios do alumno A37 B2 B5 B8 B11 C2 C5 C8 0 30 30
Obradoiro A17 A37 B2 B8 B11 C2 C6 C8 8 16 24
 
Atención personalizada 1.5 0 1.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Proba mixta Exame teórico
Proba práctica Exame práctico
Portafolios do alumno Traballo final
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Portafolios do alumno
Descrición
As titorías complementarán os talleres e as clases teóricas, para resolver de forma individual ou en pequenos grupos as dúbidas ou dificultades que xurdan durante o estudo e o traballo non presencial dos alumnos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A17 A37 B2 B8 B11 C2 C6 C8 Exercicios prácticos 25
Portafolios do alumno A37 B2 B5 B8 B11 C2 C5 C8 Traballo final 25
Proba mixta B1 B4 C4 Exame teórico 25
Proba práctica B1 B7 B8 C4 C6 Exame teórico 25
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia consistirá nun exame práctico, un exame teórico, un traballo final ( portfolio,  showreel…) e os exercicios prácticos realizados ao longo da materia. Cada proba supón un 25% da nota total.

As datas de entrega e a presentación dos traballos prácticos indicaranse previamente en clase e publicaranse en Moodle ao longo do cuadrimestre.

Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade serán os mesmos.

O alumnado que se atope en situación de dispensa académica deberá realizar os exames práctico e teórico e entregar o traballo final nas datas establecidas.  Recoméndase que os exercicios semanais váianse entregando semanalmente nas datas solicitadas; podendo tamén entregalos todos  xuntos o mesmo día da entrega do traballo final.


Fontes de información
Bibliografía básica Wolfe, Art (2014). El arte de la fotografía . Madrid : Anaya Multimedia
Josef Albers (). Interacción del color .
Birn, Jeremy. (2014). lighting and rendering.
Bacher, Hans P. (2018). Vision : Color and Composition for Film. London : Laurence King

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Modelaxe de Personaxes I. Xeometría/730529035
Modelaxe e Animación 3D para Videoxogos II/730529016
Modelaxe e Animación 3D para Videoxogos I/730529006
Arte de Concepto I. Personaxes/730529007

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

 1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:  

          1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.   

          1.2.  Realizarase  a  través  de  Moodle,  en  formato  dixital  sen  necesidade  de  imprimilos  

          1.3. De se realizar en papel:  

                    Non se empregarán plásticos.  

                    Realizaranse impresións a dobre cara.  

                    Empregarase papel reciclado.  

                    Evitarase a impresión de borradores.  

2. Débese  facer  un  uso  sostible  dos  recursos  e  a  prevención  de  impactos  negativos  sobre o medio natural.  

3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da  sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.  

4.  Segundo  se  recolle  nas  distintas  normativas  de  aplicación  para  a  docencia  universitaria  deberase  incorporar  a  perspectiva  de  xénero  nesta  materia  (usarase  linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase  a intervención en clase de alumnos e alumnas…).  

5. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na  contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.  

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse  accións e medidas para corrixilas.  

7.  Facilitarase  a  plena  integración  do  alumnado  que  por  razón  físicas,  sensoriais,  psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario  e proveitoso á vida universitaria. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías