Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Eficiencia nos Sistemas Eléctricos Código 730547012d
Titulación
Máster Universitario en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade (a distancia)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Graña Lopez, Manuel angel
Correo electrónico
manuel.grana@udc.es
Profesorado
Graña Lopez, Manuel angel
Méndez Sanmartín, Cristian
Correo electrónico
manuel.grana@udc.es
cristian.mendez@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Aplicar metodoloxías e normativas para unha xestión eficiente da enerxía
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionan unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B6 CG1 - Busca e selecciona alternativas considerando as mellores solucións posibles
B7 CG2 - Desenvolver habilidades de análise e síntese; fomentar a discusión crítica, defender argumentos e sacar conclusións
B11 CG6 - Adquirir novos coñecementos e habilidades relacionadas co ámbito profesional do máster
B15 CG10 - Coñecer a lexislación e a normativa vixente aplicable ao sector das enerxías renovables e da eficiencia enerxética
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumno identificará os diversos fenómenos (reactivos, desequilibrios e harmónicos) que se poden atopar nun sistema ou instalación eléctrica, que reducen a súa eficiencia, saberá cuantificar a súa importancia e procederá a propor a mellor solución para eles, de xeito que o sistema sexa o máis eficiente posible desde o punto de vista eléctrico, de acordo coas normas e normativas vixentes. AM1
BM1
BM6
BM7
BM11
BM15
CM3

Contidos
Temas Subtemas
Introdución ás ineficiencias nos sistemas eléctricos. Introdución.
Teoria Unificadora da Potencia Eléctrica.
Compensación da potencia reactiva. Introdución.
Caracterización e medida da enerxía reactiva.
Equipos de compensación do cos fi.
Equilibrado dos sistemas eléctricos a tres e catro fíos. Introdución. Teorema de Stokvis-Fortescue.
Caracterización e medida da energia de desequilibrio.
Circuítos equivalentes de receptores e instalacións.
Eliminación de desquilibrios. Filtros de secuencia.
Cargas Distorsionantes. Introdución.
Orixe dos sinais periódicos non senoidales.
Factores dos sinais periódicos.
Limites sobre armonicos.
Potencia de distorsión.
Corrección de perturbacións. Introdución.
Norma UNE-EN-61642. Filtros de harmónicos.
Filtros de rexeitamento.
Filtros de Absorción.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A1 B11 0 10 10
Traballos tutelados A1 B1 B6 C3 0 50 50
Proba obxectiva B6 B7 B15 0 12 12
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Proporcionarase ao alumno o material didáctico necesario para poder desenvolver os contidos da materia.
Traballos tutelados Metodoloxía pensada para favorecer a aprendizaxe autónoma do alumnado, baixo a tutela do profesorado e en ámbitos variados (académicos e profesionais). Refírese principalmente a aprender "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción por parte do alumnado da responsabilidade da súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensinanza baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe autónoma do alumnado e o seguimento desa aprendizaxe por parte do profesor-titor.
Proba obxectiva Proba de avaliación onde o alumno debe demostrar o seu nivel de aprendizaxe de forma obxectiva.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Descrición
Tutorías

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B6 B7 B15 Nas datas marcadas oficialmente polo centro realizarase esta proba final.

A proba pode alternar preguntas tipo problema ou preguntas teóricas, e supón o 50% da nota final da materia.
50
Traballos tutelados A1 B1 B6 C3 Ao longo do curso poderán realizarse varios traballos tutelados, sendo a súa entrega obrigatoria e tratando problemas ou supostos prácticos relacionados coa materia.

Os traballos tutelados, supoñen o 50% da nota final da materia, que se sumará á nota obtida na proba obxectiva, sempre que sexa cualificada con polo menos 3,0 puntos sobre 10,0 puntos.
50
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica León Martínez, Vicente; Montañana Romeu, Joaquín (2017). Circuitos Conductivos Lineales. Universidad Politécnica de Valencia
Bacells, Josep y otros (2011). Eficiencia en el uso de la Energía Eléctrica. Marcambo
León Martínez, Vicente; Montañana Romeu, Joaquín (2001). Ineficiencias de los Sistemas Eléctricos. Universidad Politécnica de Valencia

Bibliografía complementaria Graña López, Manuel Ángel, León Martínez, Vicente y Montañana Romeu, Joaquín. (2012). Fenómenos de desfase en sistemas trifásicos desequilibrados lineales.. Editorial Académica Española
Singh, Bhim; Chandra Ambrish (2015). Power Quality. Problems and Mitigation Techniques. Wiley&Sons
Sastry Vadam, R; Sarma, Mulukutla (2009). Power Quality. VAR Compensation in Power Systems. CRC Press
Hofman, Wolfgang; Schlabbach, J. (2012). Reactive Power Compensation. Wiley&Sons


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Calidade do Servizo Eléctrico/730547013d

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías