Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Polímeros nun Desenvolvemento Enerxético Sustentable Código 730547014d
Titulación
Máster Universitario en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade (a distancia)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Química
Coordinación
Abad López, María José
Correo electrónico
maria.jose.abad@udc.es
Profesorado
Abad López, María José
Ares Pernas, Ana Isabel
González Rodríguez, María Victoria
Correo electrónico
maria.jose.abad@udc.es
ana.ares@udc.es
victoria.gonzalez.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral Achegar coñecementos básicos e discutir o papel que poden desempeñar os polímeros condutores como materiais activos en dispositivos capaces de producir, almacenar ou aforrar enerxía limpa.

Competencias do título
Código Competencias do título
A9 CE9 - Tomar decisións nun entorno tecnolóxico onde se utilizan materiais en aplicacións de eficiencia
B9 CG4 - Extraer, interpretar e procesar información, de diferentes fontes, para a súa utilización no estudo e análise
B14 CG9 - Aplicar os coñecementos das ciencias e tecnoloxías avanzadas á práctica profesional ou investigadora de eficiencia
B16 CG11 - Avaliar a aplicación das tecnoloxías emerxentes no ámbito da enerxía e do medio ambiente
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto oralmente como por escrito, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero
C8 CT8 - Valorar a importancia da investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no progreso socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aprendizaxe dos conceptos fundamentais dos materiais poliméricos condutores, destacando a integración coas demais materias que compoñen o máster BM16
CM8
Familiarizarse cun entorno tecnolóxico onde os conceptos de polímeros condutores están orientados á eficiencia enerxética e ao desenvolvemento sostible AM9
BM14
BM16
CM8
Acostumarse ao uso de diversas fontes de información escritas e electrónicas (bases de datos, revistas técnicas e científicas especializadas) valorando a importancia dunha boa documentación nos plantexamentos de calquera tipo de proxecto ou estudo AM9
BM9
BM14
CM1
CM4
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Bloque 1. Introdución aos polímeros condutores 1.1. Introducción os materais poliméricos
1.2. Polímeros intrínsecamente conductores
1.3. Compostos conductores
Bloque 2. Polímeros en harvesting energy 2.1. Concepto de harvesting energy
2.2. Polímeros en termoelectricidade
2.3. Polímeros en piezoelectricidade
Bloque 3. Polímeros condutores en diodos emisores de luz e
células solares
3.1. Fundamento
3.2. Dispositivos
3.3. Aplicacions
Bloque 4. Polímeros condutores en dispositivos
electrocrómicos
4.1. Fundamento
4.2. Dispositivos
4.3. Aplicacións
Bloque 5. Polímeros condutores en pilas 5.1. Fundamento
5.2. Dispositivos
5.3. Aplicacions

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B9 B14 B16 9 0 9
Prácticas de laboratorio A9 B14 B16 C4 12 1 13
Proba de resposta múltiple B9 B16 0 4 4
Traballos tutelados C1 C4 C8 1 47 48
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
As profesoras exporán os contidos mais importantes da materia utilizando presentacións audivisuais. Facilitarase o dialogo e discusións de cuestións relacionadas co alumnado presente.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite ao alumnado aprender efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico que se poidan realizar a distancia, tales como demostracións, exercicios, experimentos on line e investigacións.
Proba de resposta múltiple Despois de cada sesión maxistral o alumnado , poderá facer un test online sobre a materia vista, a través da plataforma Moodle.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos/das estudantes, baixo a tutela do profesorado. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do alumnado e o seguimento desa aprendizaxe pola profesora-titora.
As profesoras proporán varias temáticas a elixir para o traballo tutelado. Cada estudante elaborará o seu traballo baixo a supervisión da titora correspondente. Finalmente, o/a alumno/a exporá os aspectos principais diante do resto da clase cunha breve exposición oral.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Descrición
O/A estudante guiado pola profesora realizará as actividades prácticas correspondientes onde se traballarán conceptos relacionados coa estimación da eficiencia enerxética de polímeros condutores.
Cada estudante deberá realizar de forma autónoma un traballo tutelado pola profesora que lle fará un seguimento en titorías individualizadas mediante videoconferencia e/ou correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados C1 C4 C8 O estudantado realizará un traballo individual sobre un tema relacionado cos polímeros condutores que deberá entregar e presentar ao resto da clase mediante videoconferencia.
Avaliarase tanto o traballo escrito como a presentación do mesmo.
60
Prácticas de laboratorio A9 B14 B16 C4 O alumnado realizará varias actividades prácticas relacionadas coa eficiencia enerxética de polímeros condutores. Avaliaranse tanto as competencias adquiridas como o informe de prácticas presentado. 30
Proba de resposta múltiple B9 B16 Despois de cada sesión maxistral, o alumnado poderá facer un test online sobre a materia vista, a través da plataforma Moodle. O resultados dos tests puntuará na nota final. 10
 
Observacións avaliación

Levarase un rexistro da asistencia on line do alumnado as clases maxistrales. Os/as estudantes que acumulen máis dun 20% de faltas de asistencia sen xustificar, que non realicen e entreguen as actividades prácticas (sen causa xustificada) ou que non entreguen o traballo tutelado quedan excluídos do proceso de avaliación continua, polo que a súa avaliación na primeira oportunidade será NON PRESENTADO.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

As situacións especiais das/dos estudantes que con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, non poidan cursar a materia de maneira presencial, deben ser comunicadas ao profesorado o inicio do cuatrimestre e xustificalas adecuadamente. Daranse as instruccións oportunas para que o alumnado siga a materia sen problemas, sustituíndo aquelas metodoloxías presenciais por outros traballos individuais ca mesma puntuación.

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA NA PRIMEIRA OPORTUNIDADE :

1.Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.

2.Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.

3.Facer e entregar toda as actividades prácticas nas datas indicadas.

4.Obter en total unha puntuación mínima de 5 sobre 10.

Na segunda oportunidade, o alumnado terá que facer unha proba obxectiva (examen  on line) que poderá constar de distintos tipos de preguntas (múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación). Ademais, pediráselles un traballo adicional para completar a avaliación. A cualificación será o 50% a proba obxectiva (examen),  50% traballo/prácticas adicionais.

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA OPORTUNIDADE :

1.Aprobar o exame (50% da puntuación máxima do exame)

2.Facer e entregar en data o traballo/prácticas adicionais

3.Obter en total unha puntuación mínima de 5 sobre 10.


Fontes de información
Bibliografía básica

- Hideki Shirakawa . The Discovery of Polyacetylene Film: The Dawning of an Era of Conducting Polymers. Angew. Chem. Int. Ed. 2001, 40, 2574 - 2580

- Alan G. MacDiarmid . Synthetic Metals: A Novel Role for Organic Polymers. Angew. Chem. Int. Ed. 2001, 40, 2581 - 2590

- Alan J. Heeger. Semiconducting and Metallic Polymers: The Fourth Generation of Polymeric Materials. Angew. Chem. Int. Ed. 2001, 40, 2591 - 2611

- Olga Bubnova and Xavier Crispin. Towards polymer-based organic thermoelectric generators. Energy & Environmental Science 2012, 5, 9345-9362

- Javier Padilla Martínez; Rafael Garcia Valverde; Antonio Jesús Fernández Romero y Antonio Urbina Yer. Polímeros conductores. Su papel en un desarrollo energético sostenible. Editorial Reverté

- Sambhu Bhadraa; Dipak Khastgir; Nikhil K. Singhaa and Joong Hee Lee. Progress in preparation, processing and applications of polyaniline. Progress in Polymer Science 34 (2009) 783?810

- Yong Dua, Shirley Z. Shenb, Kefeng Caia, Philip S. Casey. Research progress on polymer inorganic thermoelectric nanocomposite materials. Progress in Polymer Science 37 (2012) 820- 841

- Petr Novák; Klaus Müller; K. S. V. Santhanam and Otto Haas . Electrochemically Active Polymers for Rechargeable Batteries. Chem. Rev. 1997, 97, 207-281

- Pierre M. Beaujuge and John R. Reynolds (). Color Control in ?-Conjugated Organic Polymers for Use in Electrochromic Devices. Chem. Rev. 2010, 110, 268?320

- Yasuhiko Shirota and Hiroshi Kageyama (). Charge Carrier Transporting Molecular Materials and Their Applications in Devices. Chem. Rev. 2007, 107, 953-1010

- K. Walzer, B. Maennig, M. Pfeiffer, and K. Leo. Highly Efficient Organic Devices Based on Electrically Doped Transport Layers. Chem. Rev. 2007, 107, 1233-1271

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente e Igualdade de Xénero:

1. A entrega dos traballos documentais (traballo tutelado/aprendizaxe servizo) que se realicen nesta materia farase da seguinte maneira:
1.1Entregarase en formato virtual e / ou soporte informático
1.2.No caso de ter que imprimir algo en papel (por exemplo, carteis, dípticos, etc...) a impresión farase en papel reciclado e a dobre cara. Non se imprimirán borradores, só a versión final.
2. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural fomentarase que os materiais que se desfeiten da materia (papeis, plásticos) se tiren nos respectivos contenedores habilitados nos centros donde se imparte a materia ou na rúa para tal fin.
3. Intentarase transmitir aos/as estudantes a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade para que estos os apliquen non so na aula, senón nos comportamentos persoais e profesionais.
4. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).
5.Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
6.Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías