Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Enerxía, Cooperación e Sustentabilidade Código 730547015d
Titulación
Máster Universitario en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade (a distancia)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Rodríguez Gómez, Benigno Antonio
Correo electrónico
benigno.rodriguez@udc.es
Profesorado
Rodríguez Gómez, Benigno Antonio
Correo electrónico
benigno.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A13 CE13 - Analizar, aplicar e optimizar sistemas de uso enerxético
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionan unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 CB8 - Que o alumnado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados de forma clara e sen ambigüidades
B5 CB10 - Que os estudantes teñan as habilidades de aprendizaxe que lle permitan seguir estudando dun xeito que será en gran parte autodirixido ou autónomo
B6 CG1 - Busca e selecciona alternativas considerando as mellores solucións posibles
B7 CG2 - Desenvolver habilidades de análise e síntese; fomentar a discusión crítica, defender argumentos e sacar conclusións
B9 CG4 - Extraer, interpretar e procesar información, de diferentes fontes, para a súa utilización no estudo e análise
B10 CG5 - potenciar a creatividade
B16 CG11 - Avaliar a aplicación das tecnoloxías emerxentes no ámbito da enerxía e do medio ambiente
B18 CG13 - Plantexar e resolver problemas, interpretar un conxunto de datos e analizar os resultados obtidos; no ámbito da eficiencia enerxética e da sustentabilidade
C2 CT2 - Dominar a expresión e comprensión oral e escrita dunha lingua estranxeira
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero
C5 CT5 - Comprender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios dos que dispoñen os emprendedores

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumno será capaz de avaliar e xestionar os Índices Enerxéticos e de Sostibilidade AM13
BM1
BM2
BM3
BM6
BM9
BM16
BM18
CM2
CM4
O alumno será capaz de atopar solucións para sistemas enerxéticos estables, accesibles e ambientalmente aceptables AM13
BM2
BM7
BM10
CM2
CM4
CM5
O alumno será capaz de propoñer proxectos de cooperación para o desenvolvemento humano sostible co enfoque do Marco Lóxico BM1
BM3
BM4
BM5
BM16
BM18
CM2
CM4
CM5

Contidos
Temas Subtemas
Sostibilidade Enerxética. Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable
Ciclo de Vida
O papel da Enerxía na Economía Circular
Cooperación ao desenvolvemento. Actores do sistema internacional de cooperación para o desenvolvemento
Desenvolvemento humano e estratexias de intervención
Participación en proxectos de cooperación internacional Os instrumentos da cooperación internacional para o desenvolvemento
A xestión do ciclo das accións de cooperación
O Enfoque do Marco Lóxico

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A13 B4 B6 B9 B10 B16 B18 C5 6 18 24
Aprendizaxe colaborativa B1 B3 B5 B7 B9 B10 B18 C5 6 6 12
Análise de fontes documentais A13 B3 B5 B9 C4 C5 0 16 16
Sesión maxistral A13 B3 B6 C2 C4 5 10 15
Mesa redonda B1 B2 B3 B5 B7 2 4 6

Atención personalizada 2 0 2

*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados. Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. No caso da docencia a distancia, esta metodoloxía pode aplicarse de xeito síncrono, mediante videoconferencias, ou de xeito asíncrono mediante a grabación das clases e a súa dispoñibilidade en rede.
Mesa redonda Técnica de dinámica de grupos en que un grupo de especialistas nun tema, que teñen puntos de vista diverxentes ou contraditorios, levan a cabo unha discusión diante dun grupo coordinados por un moderador. No caso da docencia a distancia esta metodoloxía aplícase mediante videoconferencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
O profesor guía ao alumnado na preparación de temas propostos, para que entre eles fagan un bo reparto das tarefas necesarias no desenvolvemento dun tema.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Mesa redonda B1 B2 B3 B5 B7 Valoraranse os seguintes aspectos:
Presenza intervención e participación activa no debate.
Elaboración de documentos posteriores no caso de que se solicitase a súa entrega.
20
Traballos tutelados A13 B4 B6 B9 B10 B16 B18 C5 Valorarase o proceso de elaboración e o resultado final acadado, tendo en conta o esforzo realizado, e o interese final do producto logrado. 30
Aprendizaxe colaborativa B1 B3 B5 B7 B9 B10 B18 C5 Valorarase a participación no grupo, e o resultado alcanzado que deberá demostrarse mediante exposición ou presentación dun documento de carácter individual ou conxunto. 25
Análise de fontes documentais A13 B3 B5 B9 C4 C5 Esta actividade pode servir como base tanto aos traballos tutelados, como á aprendizaxe colaborativa. Pero tamén pode ser independente das mesmas. Solicitarase a entrega dun traballo individual relativo as fontes analizadas 25

Observacións avaliación

Se por calquera causa non se podese levar a cabo a actividade de Mesa Redonda a súa puntuación pasarase aos traballos tutelados, que nese caso poderán alcanzar os 50 puntos.

Ademáis do indicado enriba, individualmente e tendo en conta a casuística persoal poderan acordarse outras vías de avaliación, cando por motivos razoables así o consideren as partes.

Considerase ademáis a posibilidade de que na cualificación final da materia podan ser aplicadas estratexias de coevaluación e autoevaluación.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017):

Se este alumnado pode participar de xeito telemático nas clases do  curso, seguirase o mesmo procedemento de avaliación que co resto do alumnado.

No caso de non darse a condición anterior, deberán concertar ao inicio da materia un réxime de titorías regulares co profesor, para seguir o desenvolvemento da materia mediante a realización de traballos, e planificar a súa entrega e exposición.

No caso de non supera a materia na primeira oportunidade, deberán presentarse á realización dunha proba obxectiva na segunda oportunidade.

Fontes de información
Bibliografía básica Jonker Geral/ Jan Harmsen (2013). Ingeniería para la Sostenibilidad. Barcelona:Reverté
Fernández Franco, Lorenzo y Román Marugán, Paloma (2013). Manual de cooperación al desarrollo . Madrid:Síntesis

Aínda que a bibliografía poder ter un sentido orientador, durante o curso farase análise de fontes documentais suxeridas na aula que normalmente serán recursos da rede.

Bibliografía complementaria

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías