Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) MATERIAIS PARA SISTEMAS E TÉCNICAS DE UNIÓN Código 730G02132
Titulación
Grao en Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial 2
Enxeñaría Naval e Oceánica
Coordinación
Mier Buenhombre, Jose Luis
Correo electrónico
jose.mier@udc.es
Profesorado
Fernandez Feal, Maria Mercedes del Coro
Mier Buenhombre, Jose Luis
Correo electrónico
coro.ffeal@udc.es
jose.mier@udc.es
Web
Descrición xeral Os obxectivos principais desta materia son:
Coñecementos básicos da metalurxia da soldadura.
Coñecementos das distintas técnicas de corte e unión de materiais metálicos (soldadura), así como da inspección de unións soldadas.
Coñecemento das distintas propiedades dos materiais co obxecto de realizar correctamente a súa selección en función da aplicación á que vaian destinados.
Estudo dos procesos de corrosión e protección de materiais metálicos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Coñecemento da ciencia e tecnoloxía de materiais e capacidade para a súa selección e para a avaliación do seu comportamento.
A18 Coñecemento dos materiais específicos para máquinas, equipos e sistemas navais e dos criterios para a súa selección.
A31 Coñecemento e capacidade para a inspección con ensaios non destrutivos.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B7 Actitude orientada ao traballo persoal intenso.
B9 Actitude orientada á análise.
B22 Positivos fronte a problemas.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento da ciencia e tecnoloxía de materiais e capacidade para a súa selección e para a avaliación do seu comportamento. A8
Coñecemento dos materiais específicos para máquinas, equipos e sistemas navais e dos criterios para a súa selección. A18
Coñecemento e capacidade para a inspección con ensaios non destrutivos. A31
Aprender a aprender. B1
Resolver problemas de forma efectiva. B2
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. B3
Actitude orientada ao traballo persoal intenso. B7
Actitude orientada á análise B9
Positivos fronte a problemas. B22
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución á soldadura de materiais metálicos Clasificación dos procedementos de soldadura
Concepto de soldabilidade
Soldabilidade operatoria
Soldabilidade metalúrxica
Soldabilidade construtiva

2. Soldadura por fusión Definición
Metalurxia da soldadura
Modificacións químicas na zona fundida
Absorción de gases na zona fundida
Precipitación de compostos en solución sólida
Transformacións eutécticas
Transformacións metalúrxicas na zona afectada pola calor
Efectos na ZAC segundo o tipo de aliaxe
3. Soldadura oxiacetilénica (OAW) Química da chama oxiacetilénica
Chama carburante
Chama oxidante
Chama neutra
Zonas da chama oxicetilénica
Metais e aliaxes de achega
Equipo de soldadura oxicetilénica
4. Soldadura por arco Definición de arco eléctrico
Métodos de ionización un gas. Descarga de alta voltaxe. Cebado
Partes do arco eléctrico
Emisión de radiacións
Clasificación dos electrodos
Electrodos consumibles nus.
Electrodos consumibles revestidos
Tipos de revestimento por espesor
Tipos de revestimento pola súa natureza
5. Soldadura TIG Fundamento do método
Equipo de soldadura
Polaridade. Corrente continua. Corrente alterna
Procedemento operatorio
Variantes da soldadura TIG
6. Soldadura MIG / MAG Fundamentos do procedemento
Equipo de soldadura
Gases de protección
Parámetros operatorios
Transferencia do metal
Material de achega
7. Soldadura por arco mergullado (SAW) Fundamento do método
Equipo
Características da soldadura baixo flux
Consumibles
Factores que inflúen na SAW
Soldadura con fío quente
Soldadura con electrodos múltiples
8. Soldadura por láser (LBW) Introdución ao láser
Laser de CO2
Laser de Nd-YAG
Tipos de soldadura láser
9. Soldadura en estado sólido (SSW) Soldadura por forxa
Soldadura por fricción
Soldadura por explosión
Soldadura por alta frecuencia
Soldadura por indución
Soldadura por ultrasóns
Soldadura por presión en quente
Soldadura por presión en frío
10. Soldadura branda e soldadura forte Definicións.
Elementos de achega.
Tipos de fundentes empregados
11. Corte Oxicorte. Fundamento. Gases empregados no oxicorte. Métodos operatorios no oxicorte
Corte por plasma. Fundamento. Equipos de corte por plasma. Gases plasmógenos. Procedementos de corte e parámetros a regular. Corte por láser
12. Defectos das unions soldadas Fisuras
Poros
Inclusións sólidas
Falta de fusión
Falta de penetración
Defectos de forma
Outros defectos
13. Ensaios non destrutivos Radioloxía
Partículas magnéticas
Correntes inducidas
Líquidos penetrantes
Ultrasóns
Termografía
Holografía
14. Criterios físicos para a selección de materiais Densidade,
Propiedades térmicas,
Propiedades eléctricas e magnéticas
Propiedades ópticas.

15. Criterios mecánicos para a selección de materiais Deformación e fractura por cargas estáticas
Resistencia ao impacto
Fatiga
Resistencia á fluencia
Dureza
Triboloxía
16. Criterios químicos para a selección de materiais Corrosión electroquímica e corrosión a altas temperaturas.
Termodinámica da corrosión.
Cinética da corrosión.
Clasificación dos diferentes tipos de corrosión.
Corrosión mariña
17. Protección contra a corrosión Recubrimentos metálicos.
Pinturas
Protección catódica
Inhibidores de corrosión

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A8 A18 A31 B2 B3 B7 B9 6 66 72
Sesión maxistral A8 A18 A31 B1 B2 B22 C6 C8 30 0 30
Traballos tutelados A8 A18 A31 B1 B2 B3 B7 B9 B22 C6 C8 2 34 36
Solución de problemas A8 A18 A31 B1 B2 B3 B9 2 4 6
Prácticas de laboratorio A8 A18 A31 B1 B3 C6 4 0 4
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
No caso da proba obxectiva, os traballos tutelados e a presentación oral os alumnos poderán asistir ás titorías para resolver as súas dúbidas para o exame ou a presentación dos traballos. Nas prácticas de laboratorio o profesor resolverá os problemas e dúbidas que se fagan por parte dos alumnos sobre as prácticas in-situ ou en horas de titoría para calquera aclaración

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A8 A18 A31 B2 B3 B7 B9 Haberá dous parciais. Para ter opción ao aprobado o alumno debe obter máis de 4,0 en ambas as dúas probas e obter polo menos 5.0 nunha delas. 75
Traballos tutelados A8 A18 A31 B1 B2 B3 B7 B9 B22 C6 C8 Realizarase un traballo tutelado en grupo sobre distintos aspectos de selección de materiais. 20
Sesión maxistral A8 A18 A31 B1 B2 B22 C6 C8 Os alumnos que asistan a máis do 80% das clases terán 0,5 puntos sobre 10 na nota final 5
 
Observacións avaliación
<p>A asistencia a prácticas de laboratorio é obrigatoria para aprobar a materia</p>

Fontes de información
Bibliografía básica Marián García (2012). Apuntes de soldadura: conceptos básicos. Ed. Bellisco
Enrique Otero (1997). Corrosión y degradación de materiales. Ed. Síntesis
Jose M. Franco (1999). Ensayos no destructivos para la industria y construcción. Ed. Prensas Universitarias de Zaragoza
Carles Riba (2008). Selección de materiales en el diseño de máquinas. Ed. UPC
Larry Jeffus (2009). Soldadura : principios y aplicaciones. Ed. Paraninfo
Manuel Reina (2003). Soldadura de los aceros : aplicaciones. Ed. Weld-Work
Oleh Zabara (1989). Soldadura y técnicas afines. Ed. Bellisco
Francisco Carrillo y Elena López (1996). Soldadura, corte e inspección de obra soldada. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Cádiz
José A. González (1984). Teoría y práctica de la lucha contra la corrosión. Ed. CSIC

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
CIENCIA E ENXEÑARÍA DOS MATERIAIS/730G02113

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías