Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) CONTABILIDADE. PLANIFICACIÓN E CONTROL DE CUSTOS Código 730G02145
Titulación
Grao en Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Castro Santos, Laura
Correo electrónico
laura.castro.santos@udc.es
Profesorado
Castro Santos, Laura
Correo electrónico
laura.castro.santos@udc.es
Web
Descrición xeral Elaboración e análise comparado de contas de explotación e balances de estaleiros e empresas navais. Planificación e xestión de actividades. Estruturación e xestión de sistemas de custos, especialmente de novos sistemas de custos basados en actividades. Elaboración de previsións económico financeiras en tempo real.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Coñecemento axeitado do concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Comportase con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B10 Actitude creativa.
B12 Capacidade de comunicación oral e escrita.
B14 Concepción espacial.
B16 Analizar e descompoñer procesos.
B17 Capacidade de abstracción, comprensión e simplificación de problemas complexos.
B18 Motivar ao grupo de traballo.
B20 Abertos ao cambio.
B22 Positivos fronte a problemas.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a contabilidade financeira da empresa marítima e naval A6
B2
B3
B4
B5
B10
B12
B14
B16
B17
B18
B20
B22
C3
C5
C6
C7
C8
Capacidade para a planificación A6
B2
B3
B4
B5
B10
B12
B14
B16
B17
B18
B20
B22
C3
C5
C6
C7
C8
Coñecer os sistemas de control de custos na construcción e reparación naval A6
B2
B3
B4
B5
B10
B12
B14
B16
B17
B18
B20
B22
C3
C5
C6
C7
C8
Coñecer a elaboración de orzamentos na construcción e reparación naval A6
B2
B3
B4
B5
B10
B12
B14
B16
B17
B18
B20
B22
C3
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Os bloques ou temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, que son: - Coñecer a contabilidade financeira da empresa marítima e naval.
- Capacidade para a planificación da producción.
- Coñecer os sistemas de control de custos na construción e reparación naval
- Coñecer a elaboración de orzamentos na construción e reparación naval

BLOQUE I: SISTEMAS DE CONTROL DE CUSTOS Tema 1: Introdución á contabilidade de xestión.
Tema 2: Sistemas de contabilidade de custos.
Tema 3: Sistemas de custos completos.
Tema 4: Sistemas de custos estándar.
Tema 5: Sistemas de custos variables. Análise custo-volumen-beneficio.
Tema 6: Sistemas de custos ABC.
BLOQUE II: CONTABILIDADE FINANCEIRA EN EMPRESAS NAVAIS Tema 7: Ratios de control.
Tema 8: A empresa e o seu patrimonio.
Tema 9: As contas.
Tema 10: Libros contables.
Tema 11: O ciclo contable.
BLOQUE III: PLANIFICACIÓN DE PROXECTOS NAVAIS Tema 12: Avances de situación.
Tema 13: Curvas de control de proxectos.
Tema 14: A mellora continua e as curvas de aprendizaxe.
BLOQUE IV: ELABORACIÓN DE ORZAMENTOS Tema 15: Elaboración de orzamentos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A6 B2 B3 B4 B5 B10 B12 B14 B16 B17 B18 B20 B22 C3 C5 C6 C7 C8 7.5 0 7.5
Esquemas B12 B16 B17 B18 B20 C3 C5 C6 C7 C8 7.5 0 7.5
Portafolios do alumno A6 B2 B3 B4 B5 B10 B12 B14 B16 B17 B18 B20 B22 C3 C5 C6 C8 15 0 15
Prácticas a través de TIC A6 B2 B3 B4 B5 B10 B12 B14 B17 B18 B20 C3 15 0 15
Proba obxectiva A6 B2 B3 B4 B5 B10 C3 15 0 15
Sesión maxistral A6 B2 B3 B4 B5 B10 B12 B14 B16 B17 B18 B20 B22 C3 C5 C6 C7 C8 37.5 0 37.5
Solución de problemas A6 B2 B3 B4 B5 B10 B12 B14 B16 B17 B18 B20 B22 C3 C5 C6 C7 C8 30 0 30
Estudo de casos A6 B2 B3 B4 B5 B10 B12 B14 B16 B17 B18 B20 B22 0 7.5 7.5
Traballos tutelados A6 B2 B3 B4 B5 B10 B12 B14 B16 B17 B18 B20 B22 C3 C5 C6 C7 C8 0 10 10
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Esquemas Un esquema é a representación gráfica e simplificada da información que conleva uns determinados contidos de aprendizaxe.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canal para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os traballos tutelados requiren unha atención personalizada do alumnado para guialo no proceso de elaboración dos mesmos.
Esta será levada a cabo mediante titorías co alumnado grupais ou individuais e de formas diversas (presenciais, correo electrónico, etc.).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A6 B2 B3 B4 B5 B10 C3 Elaboración dunha proba obxectiva con contidos teóricos e prácticos 70
Solución de problemas A6 B2 B3 B4 B5 B10 B12 B14 B16 B17 B18 B20 B22 C3 C5 C6 C7 C8 Resolución de problemas propostos pola profesora 10
Estudo de casos A6 B2 B3 B4 B5 B10 B12 B14 B16 B17 B18 B20 B22 Resolución de casos propostos pola profesora 10
Traballos tutelados A6 B2 B3 B4 B5 B10 B12 B14 B16 B17 B18 B20 B22 C3 C5 C6 C7 C8 Elaboración dun un varios traballos tutelados sobre os contidos da materia 10
 
Observacións avaliación

Tanto as metodoloxías aplicadas coma o sistema de avaliación poderán sufrir modificacións para adaptarse á heteroxeneidade do alumnado.


Fontes de información
Bibliografía básica Laura Castro Santos (2015). Apuntes de la asignatura.
A. Alonso (1997). Conceptos de organización industrial productiva. Marcombo
F. Pereira, J.Mª Rosanas, E. Ballarín y Mª J. Grandes (2012). Contabilidad para Dirección. IESE Business School
Boletín Oficial del Estado (2007). Plan General de Contabilidad. Boletín Oficial del Estado

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías