Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) ENXEÑARÍA TÉRMICA E DE FLUÍDOS Código 730G02150
Titulación
Grao en Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Oceánica
Coordinación
Lopez Peña, Fernando
Correo electrónico
fernando.lopez.pena@udc.es
Profesorado
Lopez Peña, Fernando
Prieto Garcia, Abraham
Correo electrónico
fernando.lopez.pena@udc.es
abraham.prieto@udc.es
Web
Descrición xeral PROCESOS CON TRANSFERENCIA DE CALOR E FLUÍDOS. ANÁLISE E DIMENSIONADO DOS INTERCAMBIADORES DE CALOR. CICLOS DE REFRIXERACIÓN. INSTALACIÓNS FRIGORÍFICAS. INSTALACIÓNS DE CLIMATIZACIÓN. INTRODUCIÓN ÁS MÁQUINAS HIDRÁULICAS. CURVAS CARACTERÍSTICAS E ACOPLAMENTOS DE BOMBAS A UNHA REDE.

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 Coñecemento dos conceptos fundamentais da mecánica de fluídos e da súa aplicación ás carenas de buques e artefactos, e ás máquinas, equipos e sistemas navais.
A14 Coñecemento da termodinámica aplicada e da transmisión da calor.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Comportase con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B8 Capacidade de integrarse en grupo de traballo.
B10 Actitude creativa.
B18 Motivar ao grupo de traballo.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir os coñecementos básicos sobre os conceptos fundamentais do intercambio de calor, a produción de frío, do acondicionamento do aire dos locais, así como sobre os mecanismos implicados neses procesos, sobre as operacións básicas necesarias para levalos a cabo e os equipos e accesorios que deben ser empregados para desenvolvelos, a nivel particular e, sobre todo, industrial. A7
A14
B2
B3
B4
B5
B8
B10
B18
C6

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: PROCESOS CON TRANSFERENCIA DE CALOR E FLUIDOS. - Modos de tranferencia de calor
- A convección forzada
Tema 2: ANÁLISE E DIMENSIONADO DOS INTERCAMBIADORES DE CALOR - Tipos de intercambiadores
- Coeficiente global de transferencia de calor
- Diferencia media de temperaturas logarítmica
- Número de Unidades de Transferencia, NUT
Tema 3: CICLOS DE REFRIGERACIÓN - A producción de frío.
- Análise termodinámico dos ciclos frigoríficos.
SISTEMAS DE PRODUCCIÓN DE FRÍO.
- Compresión mecánica simple.
- Compresión mecánica múltiple.
Tema 4: INSTALACIONS FRIGORÍFICAS COMPOÑENTES DUN SISTEMA DE PRODUCIÓN DE FRÍO.
- Compresores.
- Dimensionamento y rendemento dun compresor.
- Evaporadores.
- Expansores.
- Condensadores.
- Canalizacións e accesorios.
- Estudio del aire atmosférico. Psicometría
- Fluidos frigorígenos.
Tema 5: INSTALACIONS DE CLIMATIZACIÓN. - Fundamentos de acondicionamento do aire.
- Cálculo das cargas de calefacción e refrixeración dun edificio
- Circulación do fluído nos sistemas de aire acondicionado.
- Deseño de sistemas de aire acondicionado.
- Deseño dos condutos de aire.
- Sistemas de control automático de aire acondicionado.
- Instalacions de aire acondicionado.
Tema 6: INTRODUCIÓN AS MÁQUINAS HIDRÁULICAS - Conceto de máquina hidráulica
- Tipos de turbomáquinas hidráulicas
- Balance enerxético de turbomáquinas hidráulicas
- Semellanza en máquinas hidráulicas
Tema 7: CURVAS CARACTERÍSTICAS E ACOPLAMENTOS DE BOMBAS A UNA REDE - Curvas ideais de turbobombas
- Efecto do non guiado
- Curvas características de turbobombas
- Instalacións de turbobombas
- Regulación de turbobombas
- Cavitación en turbobombas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A7 A14 B3 B5 8 32 40
Sesión maxistral A7 A14 B4 B8 B10 C6 22 33 55
Solución de problemas A7 A14 B2 B3 B4 B8 B18 C6 18 36 54
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Actividades levadas a cabo no laboratorio mediante o uso de instalacións experimentais. Posta en práctica dos coñecementos adquiridos na parte teórica da materia. Se fose posible, tamén se realizará unha visita á Escola de Enerxía e Propulsión da Armada en Ferrol.
Sesión maxistral Clases para a exposición de concetos teóricos.
Solución de problemas Clases para a resolución de problemas prácticos mediante a aplicación dos concetos expostos nas clases maxistrais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
Actualmente parte das prácticas desta materia, correspondente á parte de enxeñaría térmica, desenvólvense na Escola de Enerxía e Propulsión da Armada Español, en Ferrol. Necesítase, polo tanto o guiado personalizado dos alumnos por parte do profesor da materia, así como por parte dun profesor da Armada.

As prácticas de máquinas hidráulicas realízanse no laboratorio da EPS en grupos reducidos cun máximo de 8 persoas.

A atención personalizada refírese ás horas de titoría habituais

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A7 A14 B2 B3 B4 B8 B18 C6 A proba escrita supón un 90% de la nota. O 50%, corresponde a resolución de problemas de aplicación. 45
Prácticas de laboratorio A7 A14 B3 B5 Será necesario elaborar unha memoria das prácticas realizadas nos laboratorios da EPS, que terá un peso do 10% na nota final da materia. A asistencia ás prácticas é obrigatoria e imprescindible para que o alumno poida aprobar a materia, sendo ademais necesario que obteña unha cualificación mínima de aprobado na avaliación da memoria antes mencionada.
Os alumnos que realizasen e aproben as prácticas nun mesmo curso académico, en caso de que a media da materia non lle de aprobado, non terán que repetir as prácticas en cursos sucesivos. En ningún caso se avaliarán memorias de prácticas realizadas en cursos precedentes.
10
Sesión maxistral A7 A14 B4 B8 B10 C6 A proba escrita supón un 90% da nota. A mitade desta corresponde aos contídos teóricos expostos na sesión maxistral. 45
 
Observacións avaliación

O alumno que aprobe algunha das probas mixtas conservará esta nota e liberará a parte correspondente da materia en todas as convocatorias do presente curso académico ás que puidese presentarse (pero non se conserva para cursos posteriores).La parte de Enxeñaría Térmica ten un peso do 50% da nota media e a de Máquinas Hidráulicas do 50%. Para aprobar a materia o alumno necesita unha nota media igual ou superior a 5 e terá que ter unha nota superior a 3.5 en cada unha das partes. Ademais, o exámen de cada parte da materia dividirase en teoría e problemas cun peso do 50% cada unha, sendo necesario obter unha nota mínima de 3 en cada unha delas para que se poida cualificar esa parte. A segunda proba mixta farase coincidir co exame da convocatoria ordinaria da materia.

En todas as convocatorias oficiais da materia o exame terá unha parte de Enxeñaría Térmica e outra de Máquinas Hidráulicas. As prácticas de laboratorio son obrigatorias, teñen un peso do 10% na nota final e son imprescindibles para que o alumno poida aprobar a materia. A nota de prácticas obterase da avaliación da memoria que o alumno ha de realizar a partir da parte de prácticas realizada na EPS.


Fontes de información
Bibliografía básica Pizetti, Carlo (1991). Acondicionamiento del aire y refrigeración. Teoría y cálculo de las instalaciones . Editorial Bellisco
A. L. Miranda Barreras (2002). Aire acondicionado. Ediciones CEAC. Barcelona
A. MacIntyre (1997). Bombas e Instalaçoes de Bombeamento. LivrosTécnicos e Científicos Editora, S.A., Brasil
W. M. Kays, A. L. London (1998). Compact heat exchangers. Krieger
E. Hernández Goribar (1999). Fundamentos de aire acondicionado y refrigeración. Noriega Editores
Sánchez y Pineda de las infantas, Mª Teresa (2001). Ingeniería del frío: Teoría y práctica. AMV Ediciones Muni Presa
J. M. Hernández Krahe (1976). Mecánica de Fluidos y Máquinas Hidráulicas . UNED, Madris
J. Hernández, A. Crespo (1976). Problemas de Mecánica de Fluidos y Máquinas Hidráulicas . UNED, Madrid
C. Mataix (1975). Turbomáquinas Hidráulicas. ICAI, España

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
TERMODINÁMICA TECNICA/730G02115
MECÁNICA DE FLUÍDOS/730G02119

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
TURBOMÁQUINAS TÉRMICAS/730G02139
CLIMATIZACIÓN E REFRIXERACIÓN APLICADAS AO BUQUE/730G02154

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías