Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) FÍSICA II Código 730G03009
Titulación
Grao en Enxeñaría Mecánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Tobar Vidal, María José
Correo electrónico
maria.jose.tobar@udc.es
Profesorado
Alvarez Feal, Jose Carlos Juan
Amado Paz, José Manuel
Saavedra Otero, Emilio
Tobar Vidal, María José
Correo electrónico
carlos.alvarez@udc.es
jose.amado.paz@udc.es
emilio.saavedra@udc.es
maria.jose.tobar@udc.es
Web
Descrición xeral Leis xerais da termodinámica e o electromagnetismo, así como a súa aplicación na resolución de problemas propios da enxeñaría.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 FB2 - Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
B1 CB01 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita encontrarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB02 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 CB03 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B6 B3 - Ser capaz de concibir, deseñar ou poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con rigor científico para resolver calquera problema formulado, así como de comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a un público tanto especializados como leigo dun xeito claro e sen ambigüidades
B7 B5 - Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
B8 B7 - Deseñar e realizar investigacións en ámbitos novos ou pouco coñecidos, con aplicación de técnicas de investigación (con metodoloxías tanto cuantitativas como cualitativas) en distintos contextos (ámbito público ou privado, con equipos homoxéneos ou multidisciplinares etc.) para identificar problemas e necesidades
B9 B8 - Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación (de carácter cuantitativo e/ou cualitativo) cunha finalidade estratéxica e que contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento
C1 C3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 C7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender e dominar os conceptos básicos sobre as leis xerais da termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría. A2
B1
B2
B3
B6
B7
B8
B9
C1
C5

Contidos
Temas Subtemas
Os bloques ou temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación: Termodinámica
Electromagnetismo
TERMODINÁMICA


TEMA 1. Propiedades térmicas da materia.
TEMA 2. Principio cero da termodinámica
TEMA 3. Calor e traballo. Primeiro principio da Termodinámica.
TEMA 4. Procesos de transmisión de calor.
TEMA 5. Transformacións en sistemas termodinámicos. Aplicacions do primeiro principio.
TEMA 6. Reversibilidade dos procesos. Segundo principio da Termodinámica.
ELECTROMAGNETISMO TEMA 7. Campo eléctrico
TEMA 8. Potencial eléctrico
TEMA 9. Aplicacións electrostáticas
TEMA 10. Corrente eléctrica
TEMA 11. Magnetostática. Forzas sobre cargas en movemento.
TEMA 12. Campos magnéticos xerados por correntes.
TEMA 13. Propiedades magnéticas da materia.
TEMA 14. Inducción electromagnética.
TEMA 15. Circuitos de corrente alterna.
TEMA 16. Ecuacions de Maxwell.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 B1 B2 B3 C5 C1 26 41.6 67.6
Solución de problemas B2 B6 B7 B8 B9 C1 22 26.4 48.4
Prácticas de laboratorio B6 B8 B9 C1 8 12 20
Proba mixta A2 B1 B2 B3 B6 B7 B8 4 6 10
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases de teoría na pizarra
Solución de problemas Resolución por parte do profesor e por parte dos alumnos, dos exercicios propostos.
Prácticas de laboratorio Realización de (3 prácticas + 1 examen) en 8 horas, con entrega de informes.
Proba mixta En evaluación continua: Exame intermedio con contido parcial (1/3 aproximadamente) e un exame final do resto (2/3) do contido da materia. Constarán dunha parte teórica e outra de problemas.
Aternativamente: Exame final con todo o contido da materia. Constarán dunha parte teórica e outra de problemas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
Discusión sobre os diferentes aspectos da materia: teoría, problemas, prácticas.

No caso de dispensa académica, o alumno/a poderá resolver dúbidas no horario de titorías do mesmo
xeito que o resto de alumnado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B6 B8 B9 C1 Obrigatorias: Non se permiten faltas non xustificadas 10
Proba mixta A2 B1 B2 B3 B6 B7 B8 Proba de Evaluación continua o longo do cuatrimestre (30% da cualificación)

Proba final (60% en evaluación continua, 90% noutro caso )

En todas as probas a teoría contribúe o 40% á nota e os problemas un 60%.
90
 
Observacións avaliación

Realizarase dúas probas obxectivas, unha parcial ao longo do cuadrimestre e outra final. Ambas as dúas coincidirán coas datas de exame aprobadas en Xunta de Escola. As probas constarán dunha parte de teoría e outra de problemas, cunha duración máxima de 4 horas.

A proba parcial abranguerá os contidos impartidos antes da data da proba parcial e correspondentes ao 30% da materia. A nota acadada suporá o 30% da nota global.

A proba final abranguerá todos os contidos da materia. Supoñerá o 90% da nota global para aqueles alumnos que non se presentasen á proba parcial. Os alumnos que se presentasen a proba parcial poderán examinarse únicamente da parte da materia restante, cuxo resultado representará o 60% da nota global. Alternativamente poderán optar por examinarse das dúas partes se desexasen subir a nota do exame parcial.

En segunda oportunidade avaliaranse as partes pendentes tendo os resultados parciais e as prácticas a mesma validez que na primeira oportunidade.

A asistencia ao laboratorio é obrigatoria e a realizar no primeiro ano de matrícula. A nota de prácticas manterase perante 3 cursos consecutivos. Non se admiten faltas non xustificadas. O alumno deberá realizar 3 prácticas de laboratorio, entregar os informes solicitados e facer un exame final individual.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” deberá poñelo en coñecemento do coordinador da asignatura. A avaliación realizarase nos mesmos termos que a do alumnado a tempo completo. A posible dispensa académica de exención de asistencia a clase non será de aplicación nas prácticas de laboratorio, ás que deberán asistir obrigatoriamente e no horario establecido, así como ao exame final correspondente.


Fontes de información
Bibliografía básica Paul A. Tipler, Gene Mosca. (2011). Física para la ciencia y la tecnología. Reverté
Francis W. Sears, Mark. W. Zemansky (2009). Física universitaria. Addison-Wesley
M. R. Fernández, J. A. Fidalgo (1994). 1000 Problemas de física general. Everest, Madrid
Serway, Raymond A. (2008). Física : para ciencias e ingenierías. Cengage Learning
Alcaraz i Sendra, Olga (2006). Física : problemas y ejercicios resueltos. Pearson
Burbano de Ercilla, Santiago (1991). Física General: problemas. Mira Editores
Giancoli, Douglas C. (2009). Física para ciencias e ingeniería. Pearson educación
Giancoli, Douglas C. (2002). Física para universitarios. Pearson Educación
Oliver Pina, Ramón (1987). Problemas de física: resueltos y explicados. ETSII , Madrid

Bibliografía complementaria Zemanski, Dittman (). Calor y Termodinámica. McGraw-Hill
Roald K. Wangsness (). Campos Electromagnéticos. Limusa
Francis Sears, Gerhard Salinger (). Termodinámica, Teoría Cinética y Termodinámica Estadística. Reverté


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
CÁLCULO/730G03001
FÍSICA I/730G03003
ÁLXEBRA/730G03006

Materias que continúan o temario
FUNDAMENTOS DA ELECTRICIDADE/730G03012
TERMODINÁMICA/730G03014
FUNDAMENTOS DE ELECTRÓNICA/730G03016
CALOR E FRÍO INDUSTRIAL/REFRIXERACIÓN/730G03020

Observacións

Para axudar a acadar un entorno inmediato sostido e cumprir co obxetivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

A entrega dos traballos documentais que se realicen en esta materia:

  • Solicitaránse en formato virtual e/ou en soporte informático
  • Realizarase a traverso de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
  • En caso de ser necesario realizalos en papel:
    • Non se emplearán plásticos
    • Realizaranse impresións a dobre cara.
    • Emplearase se papel reciclado.
    • Evitarase a impresión de borradores

Debe facerse un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías