Identifying Data 2021/22
Subject (*) Fundamentals of Electricity Code 730G03012
Study programme
Grao en Enxeñaría Mecánica
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Second Obligatory 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Enxeñaría Industrial
Coordinador
Vazquez Rodriguez, Santiago
E-mail
santiago.vazquez@udc.es
Lecturers
Santome Couto, Emilio
Vazquez Rodriguez, Santiago
E-mail
emilio.santome@udc.es
santiago.vazquez@udc.es
Web http://https://campusvirtual.udc.es
General description Nesta materia se estudia o análise de circuitos eléctricos en réximen permanente e una breve introducción ao funcionamiento das máquinas eléctricas
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
Non se modifican os contidos.

2. Metodoloxías
Mantense todas as metodoloxías docentes modificando únicamente o seu carácter presencial

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Ferramentas: Moodle, Teams ou correo electrónico.

4. Modificacións na avaliación
Mantense as metodoloxías de avaliación e a súa ponderación, agás o seu carácter presencial.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A10 CR4 - Coñecemento e utilización dos principios de teoría de circuítos e máquinas eléctricas.
B2 CB02 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 CB03 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B5 CB05 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B7 B5 - Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
C1 C3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 C7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecemento e utilización dos principios da teoría de circuitos e máquinas eléctricas A10
B2
B3
B5
B7
C1
C5

Contents
Topic Sub-topic
Análise de circuitos en corrente contínua Conceptos básicos
Elementos dos circuitos
Asociación de elementos
Análise por correntes de malla
Análise por tensións de nó
Principios e teoremas no análise de circuitos
Análise de circuitos en corrente alterna Conceptos básicos
Análises de circuítos en réxime estacionario sinusoidal
Potencia e enerxía en réxime estacionario sinusoidal
Principios e teoremas en réxime estacionario sinusoidal
Análise de circuitos trifásicos Xeralidades
Circuitos trifásicos equilibrados e desequilibrados
Potencia en circuitos trifásicos
Medida da potencia en circuitos trifásicos
Introducción ó funcionamento das máquinas eléctricas Circuitos magnéticos e conversión de enerxía
Principios xerais das máquinas eléctricas

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities A10 1.5 0 1.5
Guest lecture / keynote speech A10 B2 B3 B5 B7 C1 C5 24 39 63
Problem solving A10 B2 B3 B5 B7 C5 C1 22 30 52
Laboratory practice A10 B2 B3 B5 B7 C5 C1 9 13.5 22.5
Mixed objective/subjective test A10 2.5 7.5 10
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Presentación da materia, os seus contidos, metodoloxía e criterios de avaliación
Guest lecture / keynote speech Sesión expositiva xeral con resolución de dúbidas que poidan exporse. Ao longo do curso, durante as sesións de clase, o profesor poderá expor cuestións ou exercicios aos alumnos e avaliar as súas respostas. A cualificación destas respostas poderá ser incorporada á cualificación da materia segundo detállase no apartado de avaliación.
Problem solving O profesor propón problemas en clase para a súa resolución. Estes serán resoltos, segundo estime o profesor, polos alumnos ou polo profesor no encerado. O profesor pode elixir a un alumno para a resolución dalgún problema no encerado
Laboratory practice Os alumnos terán a oportunidade de contrastar os coñecementos adquiridos mediante montaxes prácticas no laboratorio da materia
Mixed objective/subjective test Baixo esta denominación inclúense:
1.- As probas de carácter oficial que se realizan ao finalizar o cuadrimestre e de segunda oportunidade. Estas constan dun conxunto de exercicios e preguntas que o alumno deberá resolver e responder nun tempo máximo estipulado polo profesor.
2.- Todas aquelas actividades avaliables propostas polo profesor ao longo do período lectivo e que permitan a aquel facer unha avaliación continuada do traballo e coñecemento dos alumnos no tocante á materia.

Personalized attention
Methodologies
Problem solving
Mixed objective/subjective test
Guest lecture / keynote speech
Description
Durante todo período de clases, o profesor conta cunhas horas de titoría nas que se resolven cuestións dos alumnos de forma personalizada, tanto para unha mellor comprensión dos contidos da materia, como para a resolución de problemas e a preparación das actividades avaliables.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A10 A proba de carácter oficial consistirá nun exame final 80
Laboratory practice A10 B2 B3 B5 B7 C5 C1 Para a avaliación das Prácticas de laboratorio entran en xogo os conceptos seguintes:

1.- asistencia ás prácticas programadas
2.- cualificación obtida nas probas tras a realización das prácticas
3.- cualificación obtida en exame final
20
 
Assessment comments

A cualificación obtida en cada unha das metodoloxías avaliables e, por extensión, en cada unha das probas ou actividades nas que se dividen estas, consistirá nunha nota numérica que vai de 0 a 10 puntos. 

A cualificación final da materia obterase como suma ponderada da nota obtida en cada unha das metodoloxías avaliables, resultando nun valor numérico sobre un máximo de 10 puntos.

cualificación final = cualificación Proba mixta (80%) + cualificación Prácticas de laboratorio (20%)

O aprobado da materia establécese en 5 puntos e está condicionado polo aprobado de todas e cada unha das metodoloxías avaliables e de cada unha das probas ou actividades en que estas puidesen dividirse.

Puidese darse o caso no que, aínda cando un alumno suspendese algunha das metodoloxías avaliables, a suma ponderada das notas de todas elas lanzase unha cualificación maior ou igual a 5. Nestes casos, a nota que se consignará na acta da convocatoria en curso será de 4,5 puntos.

Baixo ningún concepto poderase aprobar a materia sen superar con éxito a Proba mixta.

Observacións á avaliación da Proba mixta

A actividade avaliable principal e única necesaria para aprobar a Proba mixta é o exame final. É dicir, a nota máxima obtida neste exame supón un 10 na Proba mixta.

Con todo, o profesor poderá propoñer actividades que permitan ao alumno mellorar a súa cualificación. Estas actividades serán de carácter voluntario.

No caso de que a suma da cualificación obtida no exame final e as obtidas nas distintas actividades propostas sexa superior a 10 puntos, a cualificación da Proba mixta será de 10 puntos.

A mera asistencia a clase non é obrigatoria para a superación da materia e tampouco supón ningún tipo de recompensa en termos de cualificación final da materia. O profesor da materia non levará un control de asistencia ás clases máis aló do que estime necesario para coñecer o nome dos alumnos.

Observacións á avaliación das Prácticas de laboratorio

A forma de cualificar as Prácticas de laboratorio nas distintas convocatorias é a seguinte:

  • Convocatoria de 1ª Oportunidade, a cualificación resultará da suma dos conceptos seguintes:
    1. Asistencia ás prácticas (42%)
    2. Test de avaliación das mesmas (8%)
    3. Exame escrito (50%)
  • Convocatoria de 2ª Oportunidade, a cualificación será o valor máximo obtido nalgunha das dúas opcións seguintes:
    1. Nota obtida na convocatoria de 1ª Oportunidade
    2. Exame escrito

Os alumnos repetidores quedan eximidos da asistencia ás prácticas a condición de que asistisen á totalidade das prácticas no curso inmediatamente anterior. É dicir, a nota da apartado "Asistencia ás prácticas" se garda unicamente un curso académico

Convocatoria de segunda oportunidade

Salvo as diferenzas indicadas anteriormente na forma de avaliar a parte de Prácticas de laboratorio, os criterios de avaliación para a convocatoria de segunda oportunidade serán os mesmos que os empregados para a convocatoria de primeira oportunidade.

Convocatoria adiantada

Os criterios de avaliación para a convocatoria adiantada de decembro serán os mesmos que os empregados para a convocatoria de segunda oportunidade do curso anterior.


Sources of information
Basic Fraile Mora, J. (2012). Circuitos Eléctricos. Madrid: Pearson
Ortega Jiménez, Jesús; Parra Prieto, Valentín; Pastor Gutiérrez, Antonio; Pérez Coyto, Ángel (2003). Circuitos Eléctricos. Vol. I. Madrid: UNED
Fraile Mora, J. (2008). Máquinas Eléctricas. Madrid: McGraw-Hill
Gomollón García, Jesús Á. y Vázquez Rodríguez, Santiago (2003). Teoría de Circuitos. Santiago de Compostela: Andavira

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Calculus /730G03001
Linear Algebra/730G03006
Physics II/730G03009

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Fundamentals of Electronic Circuits/730G03016
Installations for Industrial Plants/730G03031

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.