Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) MECÁNICA Código 730G03026
Titulación
Grao en Enxeñaría Mecánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Lopez Diaz, Ana Jesus
Correo electrónico
ana.xesus.lopez@udc.es
Profesorado
Lopez Diaz, Ana Jesus
Correo electrónico
ana.xesus.lopez@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo xeral é o desenvolvemento dos coñecementos habilidades e actitudes necesarias para a aplicación dos principios fundamentais da mecánica á resolución de problemas de interese na enxeñaría. Abórdase a estática, cinemática e dinámica do punto material, dos sistemas e do sólido ríxido dende a formulación newtoniana e dende a formulación lagrangiana. Esta materia contribuirá á mellora da capacidade de análise e de construción de modelos matemáticos que describen os efectos das forzas e os movementos sobre unha gran variedade de estruturas e máquinas incorporando as hipóteses físicas e as aproximacións matemáticas axeitadas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A13 CR7 - Coñecemento dos principios de teoría de máquinas e mecanismos.
B1 CB01 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita encontrarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB02 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 CB03 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B6 B3 - Ser capaz de concibir, deseñar ou poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con rigor científico para resolver calquera problema formulado, así como de comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a un público tanto especializados como leigo dun xeito claro e sen ambigüidades
B7 B5 - Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
B8 B7 - Deseñar e realizar investigacións en ámbitos novos ou pouco coñecidos, con aplicación de técnicas de investigación (con metodoloxías tanto cuantitativas como cualitativas) en distintos contextos (ámbito público ou privado, con equipos homoxéneos ou multidisciplinares etc.) para identificar problemas e necesidades
B9 B8 - Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación (de carácter cuantitativo e/ou cualitativo) cunha finalidade estratéxica e que contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento
C1 C3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 C7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender a cinemática do sólido ríxido, e ser quen de aplicar a composición dos movementos. A13
B1
B2
B3
B6
B7
B8
B9
C1
C5
Coñecer e comprender o método dos traballos virtuais e do potencial para a súa aplicación na resolución dos problemas de estática A13
B1
B2
B3
B6
B7
B8
B9
C1
C5
Coñecer e comprender as leis da dinámica, tanto na súa formulación vectorial como analítica. A13
B1
B2
B3
B6
B7
B8
B9
C1
C5

Contidos
Temas Subtemas
Cinemática do sólido ríxido. Composición de movementos.
Estática: método dos traballos virtuais e do potencial.
Dinámica de sistemas: formulación vectorial e analítica.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A13 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 C1 C5 21 42 63
Solución de problemas A13 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 C1 C5 21 42 63
Traballos tutelados A13 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 C1 C5 3 9 12
Proba mixta A13 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 C1 C5 3 7 10
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición na aula dos distintos temas nos que se desenvolven os contidos da materia incluindo demostracións, exemplos, exercicios...
Solución de problemas Resolución de problemas e exercicios relacionados cos temas que se van desenvolvendo nas sesións maxistrais.
Traballos tutelados Traballo deseñado para promover a aprendizaxe autónoma. O tema pode incluir aspectos non tratados nas clases maxistrais para desenvolver as distintas competencias da titulación.
Proba mixta Proba escrita que consta de preguntas de diferente tipo (resposta curta, ensaio, exercicios ou problemas) sobre os contidos da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Sesión maxistral
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
Recoméndase a cada estudante que acuda ás titorías pra recibir unha orientación personalizada sobre os métodos de resolución dos problemas, dificultades, dúbidas, etc., na resolución dos problemas así como nos conceptos desenvolvidos nas clases maxistrales e todas as dúbidas que poidan encontrar na preparación das probas de avaliación.
No traballo tutelado existe o deber de asistir a un mínimo de horas de orientación-titorización que teñen como obxecto definir o contido do traballo e o seu alcance, así como comprobar o progreso do mesmo.
A atención personalizada levarse a cabo nas horas de titorías (6h/semana) publicado na web da UDC.
Quen teña dispensa académica poderá solicitar a atención personalizada nun horario diferente ao publicado na web da UDC.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A13 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 C1 C5 As catro probas mixtas terán carácter de avaliación continua polo que en cada proba se incluirán os contidos de todas as anteriores.
O peso de cada proba será 10%, 20%, 30% e 40% do total da proba mixta.
As datas das probas serán as que figuren no calendario da planificación do curso publicado polo centro.
90
Traballos tutelados A13 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 C1 C5 Cada estudante deberá entregar o seu informe no prazo establecido e asistir ás titorías obrigatorias no calendario establecido. En caso de non cumprir estas condicións o traballo puntuarase como 0.
A entrega realizarase a través da plataforma de teleformación da UDC.
10
 
Observacións avaliación

Soamente se cualificará como NON PRESENTADO quen non concorra a
ningunha das probas mixtas.

Admítese a dispensa académica nos termos establecidos no punto 5 do
artigo 7º da "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a
permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na
universidade da Coruña”, aprobada polo Consello Social do 04/05/2017. Polo
tanto, quen teña recoñecida a dispensa académica avaliarase en primeira
oportunidade utilizando o mesmo sistema que o resto do alumnado, é dicir,
traballo tutelado 10% + proba mixta 90%.

Na 2ª oportunidade non será posible a avaliación continua polo que
a cualificación do traballo será a recibida na 1ª oportunidades e a proba mixta
consistirá nunha única proba que se realizará na data establecida para a proba
final no calendario de exames do centro.

Na convocatoria adiantada non existe posibilidade de realizar o
traballo tutelado polo que se realizará unha única proba mixta, na data
establecida pola dirección do centro, que supoñerá o 100% da cualificación.









A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso 0 na materia, na
convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en
todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.


Fontes de información
Bibliografía básica José María Bastero; Joaquín Casellas (1991). Curso de Mecánica (4ª Ed.). EUNSA
Carlos F. González Fernández (2003). Mecánica del sólido rígido. Ariel

LIBROS DE PROBLEMAS:

SPIEGEL, Murray R.: "Teoría y Problemas de Mecánica Teórica". McGraw-Hill

CARRIL, Roberto D.,   FANO, Javier.: "Mecánica. Problemas Explicados". Jucar (1987)

MESHERSKI, I.: "Problemas de Mecánica Teórica". Mir 2ªed (1985)

LUMBROSO, Hubert.: "Problemas resueltos de mecánica…". Reverté (1986)

ESTELLÉS, Hermelando; BELMAR , Francisco, CERVERA, Francisco : "Problemas de Dinámica". UPV 2ªed (1989)

SEELY, Fred B.; ENSIGN, Newton E. : "Mecánica Analítica para Ingenieros". UTEHA 3ªed (1992) 

KOTKIN G. L., SERBO V.G.: "Problemas de Mecánica Clásica". MIR 2ª ed (1988)

Bibliografía complementaria Goldstein, Herbert (2002). Classical Mechanics. San Francisco : Addison Wesley
Prieto Alberca, Manuel (1986-1994). Curso de mecánica racional. Aula Documental de Investigación
Fernández-Rañada, Antonio (1990). Dinámica clásica. Alianza


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
CÁLCULO/730G03001
FÍSICA I/730G03003
ÁLXEBRA/730G03006
FÍSICA II/730G03009

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
ECUACIÓNS DIFERENCIAIS/730G03011
FUNDAMENTOS DA ELECTRICIDADE/730G03012
TERMODINÁMICA/730G03014

Materias que continúan o temario
RESISTENCIA DOS MATERIAIS/730G03013
TEORÍA DE MÁQUINAS/730G03019
ELEMENTOS DE MÁQUINAS/730G03029

Observacións

Coñecementos básicos para aboradr con éxito esta materia:

Matemáticas

·         Vectores:  compoñentes  dun  vector, módulo  dun  vector, operacións con vectores (produto escalar, produto vectorial, produto mixto)

·         Trigonometría

·         Cálculo dun determinante

·         Derivar e integrar as funcións elementais

·         Ecuacións diferenciais de segunda orde con coeficientes constantes

·         Calcular os  autovalores dunha matriz

Física

·         Diferenza entre magnitudes escalares e vectoriais.

·         Coordenadas polares, cilíndricas e esféricas.

·         Vectores de posición, velocidade e aceleración dun punto material.

·         Diagrama do sólido libre

·         Resultante e momento resultante dun sistema de forzas

·         Centro de masas dun corpo xeométrico sinxelo

·         Forzas conservativas

·         Calcular o potencial a partir dunha forza e viceversa

·         Oscilador harmónico libre, amortecido e forzado

·         Movemento relativo dunha masa puntual

·         Cálculo das magnitudes dinámicas (cantidade de movemento, momento  cinético, enerxía …) nunha masa puntual e un sistema de masas puntuais.

Dimensión de Xénero

- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia.

- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.




(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías