Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) TECNOLOXIA DE MAQUINAS Código 730G03028
Titulación
Grao en Enxeñaría Mecánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Cuadrado Aranda, Francisco Javier
Correo electrónico
javier.cuadrado@udc.es
Profesorado
Cuadrado Aranda, Francisco Javier
Rodríguez González, Antonio Joaquín
Correo electrónico
javier.cuadrado@udc.es
antonio.rodriguez.gonzalez@udc.es
Web http://lim.ii.udc.es/docencia/iin-g-tecmaq/
Descrición xeral Deseño de máquinas

Competencias do título
Código Competencias do título
A20 Coñecementos e capacidades para o cálculo, deseño e ensaio de máquinas.
B1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita encontrarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Ser capaz de concibir, deseñar ou poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con rigor científico para resolver calquera problema formulado, así como de comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a un público tanto especializados como leigo dun xeito claro e sen ambigüidades
B7 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
B9 Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación (de carácter cuantitativo e/ou cualitativo) cunha finalidade estratéxica e que contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento
C4 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C6 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Síntese de mecanismos, fluencia, fatiga e fractura, tensións de contacto, rozamiento, desgaste e lubricación, dinámica de máquinas. A20
B1
B2
B4
B5
B6
B7
B9
C4
C6

Contidos
Temas Subtemas
Os bloques ou temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, que son: Síntese de mecanismos.
Fluencia.
Fatiga e fractura.
Tensións de contacto.
Rozamiento, desgaste e lubricación.
Dinámica de máquinas.
Introdución. Deseño de máquinas.
O ciclo de vida do produto.
As tecnoloxías informáticas.
Seguridade no deseño.
Confiabilidade e robustez no deseño.
Códigos e normas.
Vendedores e catálogos.
Unidades.
Propiedades dos materiais. Clasificación dos materiais sólidos.
Materiais dúctiles e fráxiles.
Diagramas tensión-deformación.
Propiedades dos materiais sólidos.
Efecto da temperatura. Creep.
Teorías do fallo estático. Fallo estático. Tipos de rotura.
Factores que inflúen no comportamento dúctil ou fráxil.
Criterios clásicos de fallo.
Pezas agretadas: aplicación da Mecánica Lineal da Fractura.
Esforzo efectivo e diagrama de fluxo do cálculo estático.
Cálculo a fatiga: teoría clásica. Fallo por fatiga. Fases.
Ensaios de fatiga. Límite de fatiga. Resistencia á fatiga.
Factores que inflúen na resistencia a fatiga.
Tensións alternadas.
Tensións flutuantes.
Tensións combinadas.
Tensións aleatorias.
Cálculo a fatiga: mecánica lineal da fractura. Campo de aplicación da Mecánica Lineal da Fractura.
Fases na propagación de gretas.
Análise do crecemento de gretas.
Integración das ecuacións: vida da peza.
Caso xeral: tensións aleatorias.
Triboloxía. Tensións de contacto.
Rozamento e desgaste.
Lubricación.
Extensometría. Teoría básica.
Efecto térmico sobre as medidas.
Circuíto e instrumentación: a ponte de Wheatstone.
Cálculo de tensións.
Síntese de mecanismos. Definicións.
Síntese do mecanismo biela-manivela.
O cuadrilátero articulado: leis de Grashof.
Mecanismo manivela-balancín.
Xeración de función co cuadrilátero articulado.
Guiado de sólido co cuadrilátero articulado.
Xeración de traxectoria co cuadrilátero articulado.
Defectos cinemáticos que poden presentarse.
Deseño de levas de disco.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A20 B4 B5 B6 B7 B9 C4 C6 20 30 50
Solución de problemas A20 B4 B5 B6 B7 B9 25 45 70
Prácticas de laboratorio A20 B1 B2 12 12 24
Proba obxectiva A20 B1 B2 3 0 3
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases en lousa, con emprego de transparencias de xeito ocasional para mostrar figuras complexas, fotos, gráficas, etc. Os alumnos toman apuntamentos, e estudan a materia pola súa conta.
Solución de problemas Resolución de problemas en lousa. Os alumnos toman apuntamentos. Adicionalmente, os alumnos dispoñen dunha colección de problemas de clase para ir traballando pola súa conta.
Prácticas de laboratorio Encárgase o deseño e a construción dun prototipo de vehículo ou máquina que cumpra unhas especificacións dadas. Os alumnos abordan o traballo por parellas. Ao rematar o prazo concedido para o traballo, realízase un concurso entre todas as parellas, para ver cal é o prototipo gañador.
Proba obxectiva Exame escrito con preguntas conceptuais e problemas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas de laboratorio
Descrición
Na práctica de laboratorio adoitan xurdir preguntas sobre as especificacións establecidas para o prototipo, validez de certas solucións, adquisición de compoñentes, etc. Para resolver estes problemas, o alumno conta coa atención personalizada do profesor.
As horas dedicadas a titorías teñen a finalidade de aclarar as dúbidas que xurdisen ao alumno durante o estudo da teoría e a preparación dos problemas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A20 B1 B2 No concurso de prototipos obtense unha clasificación. Aos alumnos que forman a primeira parella clasificada outórganselles 3 puntos, cantidade que se reduce de xeito lineal segundo se descende na clasificación. No exame, o alumno xógase os puntos que restan ata 10. Asi pois, non é posible establecer unha porcentaxe común para o valor desta práctica. 15
Proba obxectiva A20 B1 B2 O exame consta de preguntas conceptuais e problemas. O criterio para a avaliación do alumno é que este demostre unha comprensión suficiente da materia. 85
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

- AVILES R., "Análisis de Fatiga en Máquinas", Thomson, 2005.

- CALERO R. y CARTA J.A., "Fundamentos de Mecanismos y Máquinas para Ingenieros", McGraw-Hill, 1999.

- HAMROCK B.J., JACOBSON B. and SCHMID S.R. "Elementos de Máquinas", McGraw-Hill, 2001.

- MOTT R.L., "Diseño de Elementos de Máquinas", 2ª ed., Prentice-Hall, 1995.

- NORTON R.L., "Diseño de Máquinas", Prentice-Hall, 1999.

- SHIGLEY J.E. and MISCHKE C.R., "Diseño en Ingeniería Mecánica", 6ª ed., McGraw-Hill, 2002.

- SPOTTS M.F. and SHOUP T.E., "Elementos de Máquinas", 7ª ed., Prentice-Hall, 1999.

Bibliografía complementaria

- CASTANY J., FERNANDEZ A. y SERRALLER F., "Principios de Diseño en el Proyecto de Máquinas", Prensas Universitarias Zaragoza, 1999.

- COLLINS J.A., "Mechanical Design of Machine Elements and Machines: A Failure Prevention Perspective", Wiley, 2003.

- DIMAROGONAS A.D., "Machine Design", Wiley, 2001.

- JUVINALL R.C. and MARSHEK K.M., "Fundamentals of Machine Component Design", 3th ed., Wiley, 2000.

- KRUTZ G.W., SCHNELLER J.K. and CLAAR P.W., "Machine Design for Mobile and Industrial Applications", SAE, 1994.

- SERRANO A., "El Diseño Mecánico", Mira Editores, 1999.

- ZAHAVI E. and BARLAM D., "Nonlinear Problems in Machine Design", CRC Press, 2001.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
TEORÍA DE MÁQUINAS/730G03019

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
ELEMENTOS DE MÁQUINAS/730G03029

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías