Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) ENXEÑARÍA DE VEHÍCULOS Código 730G03038
Titulación
Grao en Enxeñaría Mecánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Naya Villaverde, Miguel angel
Correo electrónico
miguel.naya@udc.es
Profesorado
Naya Villaverde, Miguel angel
Correo electrónico
miguel.naya@udc.es
Web
Descrición xeral Coñecemento da dinámica lonsitudinal, transveral e vertical dos diversos vehículos, principalmente dos automóbiles e máis dos seus subsitemas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
B1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita encontrarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B7 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
B9 Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación (de carácter cuantitativo e/ou cualitativo) cunha finalidade estratéxica e que contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C2 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C3 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C4 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C5 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C6 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os principáis elementos dun vehículo automóvil e o seu funcionamento. A2
B1
B2
B4
B9
C3
C4
C6
Realizar cálculos para determinar o comportamento dinámico longitudinal, transversal e vertical dun vehículo. A2
B1
B2
B4
B7
C1
C2
C4
C6
Coñecer as condicións de deseño que axudan a evitar situacións de accidente. A2
B1
B2
B5
B7
B9
C1
C4
C5
C6

Contidos
Temas Subtemas
Os temas seguintes desenrolan os contidos establecidos na ficha da memoria de verificación que son: Vehículos automóviles. Interacción entre o vehículo e a superficie de rodadura: o pneumático. Características do motor e a transmisión. Sistemas de Freado. Resistencias ao avance. Conducción e
confort. Dinámica lateral. Sistema de dirección. Suspensións. Ferrocarrís. Xeometría da vía. Contacto rueda-carril. Tracción. Dinámica vehícular.
1. Introdución 1.1 Introdución á dinámica de vehículos
1.2 Fundamentos de modelización
1.3 Cargas dinámicas nos eixos
2. Tracción 2.1 Motor e transmisión. Tipoloxía e compoñentes
2.2 Transferencia de carga
2.3 Prestacións. Capacidade máxima de tracción. Velocidade máxima e rampla máxima.
3. Freado 3.1 Ecuacións fundamentais
3.2 Forzas de freado
3.3 Freos
3.4 Fricción no contacto pneumático-solo
3.5 Repartición de forzas no freado
3.6 Sistemas ABS
3.7 Eficacia ou rendemento de freado
3.8 Bloqueo da roda traseira
3.9 Forza no pedal de freo.
4. Forzas de oposición ao avance 4.1 Aerodinámica
4.2 Resistencia á rodaxe
4.3 Consumo de combustible
5. Condución 5.1 Fontes de excitación
5.2 Características da resposta do vehículo
5.3 Percepción da condución
6. Dinámica lateral 6.1 Introdución
6.2 Xiro a baixas velocidades
6.3 Xiro a altas velocidades
6.4 Efectos debidos ás suspensións no xiro
6.5 Resposta direccional
7. Suspensión 7.1 Suspensións con eixo ríxido
7.2 Suspensións independentes
7.3 Diversas xeometrías da suspensión
7.4 Movementos de cabeceo e abalo
7.5 Suspensións activas
8. O sistema de dirección 8.1 Mecanismos de dirección
8.2 Erros na xeometría da dirección
8.3 Forzas e momentos na dirección
8.4 Tipos de direccións
8.5 Influencia da tracción dianteira
8.6 Dirección nas catro rodas



9. Pneumáticos 9.1 Composición do pneumático
9.2 Factor de tamaño e factor de carga
9.3 Terminoloxía
9.4 Proceso de xeración de forza no pneumático
9.5 Propiedades de tracción
9.6 Comportamento lateral
9.7 Ángulo de caída
9.8 Momento autoalineante
9.9 Esforzos combinados
10.Envorco
10.1 Introdución
10.2 Aproximación case-estática
10.3 Modelo case-estático con masa suspendida
10.4 Réxime transitorio
10.5 Outros fenómenos relacionados co envorco
11. Introducción ao ferrocarril 11.1. O ferrocarril
11.2. Xeometría da vía
11.3. Caracterización do contacto rueda-carril
11.4. Principais sistemas de tracción
11.5. Cuestiones fundamentales da dinámica vehicular

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A2 B1 B2 B4 B5 B7 B9 C1 C2 C3 C4 0 35 35
Proba obxectiva A2 B1 B2 B5 B7 C2 C4 3 0 3
Aprendizaxe colaborativa A2 B1 B2 B4 B5 B7 B9 C3 C4 C5 14 14 28
Proba de resposta múltiple A2 B1 B2 B5 B7 C2 C4 0 25 25
Sesión maxistral A2 B1 B2 B4 B5 B7 C2 C3 C5 C6 28 28 56
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados A materia orientarase á realización de diversos modelos computacionais de vehículos ou algunha dos seus partes (suspensión, dirección, etc.). Organizados por grupos, os alumnos deberán realizar os modelos propostos polo profesor. Para o desenvolvemento dos traballos contarase co seguimento do profesor.
Proba obxectiva Ao finalizar a materia, no caso de non superar a materia mediante a realización dos traballos realizarase un exame escrito.
Aprendizaxe colaborativa Parte das sesións dedicaranse ao traballo cun software adecuado para a realización dos traballos.
Proba de resposta múltiple Aproximadamente, cada dous temas o alumno encherá un cuestionario a través de Moodle con preguntas relacionadas con eses temas.
Sesión maxistral A docencia desenrolarase mediante a presentación na aula dos contidos do temario. O material empregado deixarase a disposición dos alumnos en Moodle.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba de resposta múltiple
Descrición
Para a realización dos traballos realizarase un seguimento por parte do profesor. Estableceranse os grupos de traballo e realizaranse varias sesións cos grupos para resolver dúbidas, seguir o avance, etc.

O profesor estará dispoñible para guiar o estudo dos alumnos de face á realización de probas de resposta múltiple.

No caso dos alumnos con dispensa académica o seguimento da materia realizarase mediante titorías quincenais.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 B1 B2 B4 B5 B7 B9 C1 C2 C3 C4 Neste apartado contémplase a entrega das prácticas realizadas por computador e os traballos que voluntariamente realicen os alumnos en grupos de 2 ou 3 compoñentes 40
Proba obxectiva A2 B1 B2 B5 B7 C2 C4 Aqueles alumnos que non realizasen os traballos ou desexen subir nota poderán realizar un exame sobre os contidos da materia.
Dentro do valor da proba obxectiva inclúense os resultados das probas de respuesta múltiple. No caso de que o alumno non realizase as probas de resposta múltiple, terá que realizar unha proba obxetiva para cualificarse.
60
Proba de resposta múltiple A2 B1 B2 B5 B7 C2 C4 As probas de resposta múltiple completarán a nota xunto coa dos traballos tutelados.
No caso de que o alumno non realizase os traballos tutelados, a proba constituirá a única nota da materia.
Quen o seuspendan, deberán realizar a proba obxectiva.
0
 
Observacións avaliación

Como se indicou, osprocedementos básicos de avaliación son:
- Os cuestionarios dos distintos temas que se irán enchendo durante o curso.
- Os traballos tutelados. Estes contemplan tanto as prácticas que se realizaránen clase como a presentación de diversos traballos relacionados coa materia. Arealización destes últimos será voluntaria e realizarase en grupos de 2 ou 3persoas.
Finalmente, quen non superasen a materia coas probas anteriores ou deba acudirá segunda oportunidade deberá realizar unha proba obxectiva sobre os contidosda materia.

No caso dos alumnos con dispensa académica a avaliación realizarase do mesmo xeito.


Fontes de información
Bibliografía básica Díaz López, Vicente y otros (2012). Automóviles y Ferrocarriles. UNED
Gillespie, Thomas D. (1992). Fundamentals of Vehicle Dynamics. Society of Automotive Engineers, Inc. (SAE)
Luque, Pablo y otros (2004). Ingeniería del Automóvil. Thomson

Bibliografía complementaria Shabana, Ahmed A. et al. (2008). Railroad Vehicle Dynamics. A Computational Approach. CRC Press


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
CÁLCULO/730G03001
EXPRESION GRAFICA/730G03002
ÁLXEBRA/730G03006
ECUACIÓNS DIFERENCIAIS/730G03011
TEORÍA DE MÁQUINAS/730G03019
TECNOLOXIA DE MAQUINAS/730G03028
MECÁNICA/730G03026

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
ELEMENTOS DE MÁQUINAS/730G03029
ACTUADORES E SENSORES/730G03045
FIABILIDADE ESTATÍSTICA E MÉTODOS NUMÉRICOS/730G03046

Materias que continúan o temario
Traballo Fin de Grao/730G03068

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías