Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) CONSTRUCIÓNS INDUSTRIAIS II Código 730G03043
Titulación
Grao en Enxeñaría Mecánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial 2
Coordinación
Caño Gochi, Alfredo del
Correo electrónico
alfredo.cano@udc.es
Profesorado
Caño Gochi, Alfredo del
Castro Rascado, Alberto
Correo electrónico
alfredo.cano@udc.es
alberto.castro@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es/my/
Descrición xeral Asignatura profesionalizante de ampliación de los conocimientos adquiridos en la asignatura predecesora, denominada Construcciones Industriales, fundamentalmente para que el alumno conozca las bases del diseño de las construcciones industriales y empresariales más frecuentes, en lo relativo a instalaciones de abastecimiento y evacuación de agua, ventilación, calefacción, climatización, electricidad y protección contra incendios en edificios, y se introduzca en el cálculo y dimensionamiento de sistemas constructivos básicos en la construcción industrial.

--------------------------------------
DESIGN OF INDUSTRIAL BUILDINGS II

1. Water supply and evacuation. Typology; characteristics; design and construction; advantages, disadvantages and applications of the main types of systems. Introduction to the calculation of water supply services.

2. Ventilating, heating and air conditioning. Typology; characteristics; design and construction; advantages, disadvantages and applications of the main types of systems. Introduction to the calculation of heating and air conditioning services.

3. Electrical services. Design and construction. Introduction to the calculation of electrical services.

4. Fire protection installations. Design and construction.

Competencias do título
Código Competencias do título
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B7 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
C3 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C4 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C5 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento das tipoloxías das instalacións edificatorias e capacidade de seleccionar a tipoloxía máis adecuada para cada proxecto en particular. Capacidade de realizar os proxectos conceptual e básico das instalacións edificatorias. B2
B3
B4
B5
B7
C3
C4
C5

Contidos
Temas Subtemas
1. Complementos de instalacións de abastecemento e evacuación de auga en edificacións industriais. Tipoloxía; vantaxes, inconvenientes e campos de aplicación dos diferentes tipos. Complementos de deseño de instalacións de abastecemento e evacuación de auga.
2. Complementos de instalacións de ventilación, calefacción e aire acondicionado en edificacións industriais. Tipoloxía; vantaxes, inconvenientes e campos de aplicación dos diferentes tipos. Complementos de deseño de instalacións de ventilación, calefacción e aire acondicionado.
3. Complementos de instalacións eléctricas en edificacións industriais. Complementos de deseño de instalacións eléctricas.
4. Complementos de sistemas de protección contra incendios en edificacións industriais. Complementos de deseño de sistemas de protección contra incendios (PCI).
5. Complementos de concepción de construcións industriais. Integración das instalacións co resto de sistemas construtivos da edificación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B7 B5 C3 C4 C5 20 20 40
Estudo de casos B2 B3 B4 B5 B7 C3 C4 C5 24 38.5 62.5
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito enfróntase ante a descrición dunha situación específica que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Sesión maxistral
Descrición
O profesor atenderá en titorías a cada alumno que o requira para resolver dúbidas sobre teoría e casos prácticos.

A atención ao alumno poderá ser dentro ou fóra dos horarios oficiais de titorías aínda que, para evitar esperas innecesarias ao alumno, tanto nun caso como no outro, sempre a data e hora acordaranse previamente a través correoE ou teléfono.

As cifras de atención personalizada recollidas na planificación son orientativas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos B2 B3 B4 B5 B7 C3 C4 C5 A avaliación basearase na entrega da resolución dos casos prácticos que o profesor estableza. Véxase o devandito máis abaixo nas observacións. 100
 
Observacións avaliación
Para superar a materia mediante o sistema anterior é necesario asistir a un mínimo do 90% das clases da materia.

Os alumnos que asistan a menos dun 90% das clases terán o mesmo sistema de avaliación, pero deberán realizar traballos das sesións prácticas ás que non asistan.

Os alumnos que non superen a avaliación continua (casos prácticos) poderán realizar senllos exames, nas datas oficiais de exame que estableza a escola.

Os criterios básicos de corrección dos traballos para entregar polo alumno son os seguintes:

(1) A nota dun caso práctico será nula se a resposta dada ou o deseño realizado: 

(1.1) Non inclúe xustificación adecuada da decisión tomada ou, en xeral, da resposta que se pedía.

(1.2) Supoñen risco para a vida das persoas que teñen que executar a obra ou usar a instalación que se construiría en base ao devandito deseño. 

(1.3) Ou non respecta algún dos requisitos imprescindibles que o enunciado establecese. 

(2) Se a solución é válida e cumpre todos os requisitos imprescindibles do enunciado, a nota mínima será de 5 puntos sobre 10. Se ademais cumpre coas preferencias (requirimentos non imprescindibles, que resulten ser factibles) establecidas no enunciado, a nota mínima será de 8 puntos sobre 10. Ambas as notas poderán aumentar en función de que sexa unha solución mellor que outras que tamén cumpran os requisitos ou preferencias do enunciado, e en función doutros criterios non definidos no enunciado, como poderían ser a facilidade de deseño e execución, ou o grao de sustentabilidade, entre outros (salvo que estes aspectos fosen requirimentos do enunciado). 

(3) Se a redacción realizada polo alumno non é clara, ou non se entende, a puntuación poderá baixar, mesmo, ata cero puntos, se dita redacción pode dar lugar a malentendidos que supoñan risco para a vida das persoas ou poidan levar a que non se respecte algún dos requisitos imprescindibles que o enunciado establecese. Téñase en conta que a misión do enxeñeiro é facer proxectos que sexan facilmente inteligibles, de maneira que os contratistas e instaladores e, sobre todo, os seus operarios, cunha formación ás veces moi inferior á do técnico competente, interpreten adecuadamente os seus documentos.

(4) No caso de cálculo e dimensionamiento, se o dimensionamiento é insuficiente, a nota será nula. Un sobredimensionado non xustificable levará ao mesmo resultado. A nota será máxima en caso de dimensionados adecuados, cando o alumno achega todas as xustificacións e cálculos oportunos de forma que estes son claros e a redacción do documento é ordenada e clara, incluíndo todo o que pide o enunciado.


Fontes de información
Bibliografía básica del Caño A, de la Cruz MP, Castro A (2016). Apuntes de la asignatura.

Bibliografía complementaria
• Allen E, Iano J (2011). The Architect Studio Companion. Rules of thumb for preliminary design. Wiley.
• Arizmendi LJ (1995). Instalaciones Urbanas (varios tomos). Bellisco.
• Arizmendi LJ (2005). Cálculo y normativa básica de las instalaciones en los edificios. I. Instalaciones hidráulicas, de ventilación y de suministros con gases combustibles. Eunsa.
• Arizmendi LJ (2003). Cálculo y normativa básica de las instalaciones en los edificios. II. Instalaciones energéticas y electrotécnicas. Eunsa.
• Arizmendi LJ (2004). Cálculo y normativa básica de las instalaciones en los edificios. III. Instalaciones eléctricas. Eunsa.
• Carrier (2009). Manual de aire acondicionado. Marcombo.
• De Isidro F, et al. (2012). Abecé de las instalaciones. Munilla-Lería.
• Fumadó JL (2004). Las instalaciones de servicios en los edificios. I. Agua. Ediciones CAT. Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia.
• Fumadó JL (2007). Climatización de edificios. Ediciones del Serbal.
• Garcia Valcarce A et al. (1997). Evacuación de aguas de los edificios. Universidad de Navarra.
• González Sierra C (2013). Diseño y cálculo de instalaciones de climatización. Cano Pina.
• Neufert (2013). Arte de proyectar en arquitectura, Gustavo Gili, Barcelona.
• Torrescusa A (2013). Conocimientos básicos de instalaciones térmicas en edificios. Cano Pina.
• Vázquez J, Herranz JC (2012). Números gordos en el proyecto de instalaciones. Cinter.
• Wellpot E (2009). Las instalaciones en los edificios. Gustavo Gili.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
FUNDAMENTOS DA ELECTRICIDADE/730G03012
CALOR E FRIO INDUSTRIAL/REFRIG/730G03020
CONSTRUCIÓNS INDUSTRIAIS I/730G03034

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Traballo Fin de Grao/730G03068

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías