Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Tecnoloxía e Deseño de Estruturas Código 730G03071
Titulación
Grao en Enxeñaría Mecánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Reinosa Prado, Jose Manuel
Correo electrónico
j.reinosa@udc.es
Profesorado
Fernández Martínez, José
Reinosa Prado, Jose Manuel
Correo electrónico
j.fernandezm@udc.es
j.reinosa@udc.es
Web
Descrición xeral A asignatura complementa os coñecementos dos alumnos sobre deseño e cálculo de estructuras metálicas, abordando temas avanzados como o pandeo lateral, aboiadura ou deseño de unións atornilladas e soldadas. Por outro lado, introducirase o deseño e cálculo de estructuras de formigón armado, así como os coñecementos básicos de mecánica do solo que permitan abordar o cálculo de cimentacións superficiais. Realizaranse visitas a obra e un proxecto de curso baseado no cálculo dunha nave industrial.

Competencias do título
Código Competencias do título
B5 CB05 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B7 B5 - Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
B9 B8 - Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación (de carácter cuantitativo e/ou cualitativo) cunha finalidade estratéxica e que contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Manexar os principios básicos das estructuras. B5
B7
B9
Manexar as leis básicas e a normativa que regula a análise e deseño de estructuras. B5
B7
B9
Resolver exercicios e problemas de forma completa e razonada. B5
B7
B9
Saber aplicar os coñecementos á analise e deseño dunha nave industrial. B5
B7
B9

Contidos
Temas Subtemas
Bases de cálculo Bases de cálculo
Análise e deseño de estructuras metálicas.
Esforzos en estructuras metálicas. Comprobación en ELU e ELS.
Pandeo lateral e aboiadura.
Pandeo lateral e aboiadura.
Unións de estructura metálica.
Unións de estructura metálica.
Análise e deseño de estructuras de formigón.
Introducción á análise e deseño de estructuras de formigón. Método simplificado de cálculo do armado a flexo-compresión. Exemplo práctico de cálculo do armado. Resolución mediante programas comerciais de cálculo.
Mecánica do solo e cimentacións.
Propiedades elementais dos solos. El auga no terreo. Deseño de estructuras de cimentación superficial. Aplicación da norma EHE e exemplo práctico.

Práctica do deseño de estructuras con ordenador.
Aplicación á análise e deseño dunha nave industrial. (Proxecto de curso)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Saídas de campo B5 B7 B9 5 2.5 7.5
Sesión maxistral B5 B7 B9 24 48 72
Traballos tutelados B5 B7 B9 2 10 12
Proba mixta B5 B7 B9 0 6 6
Solución de problemas B5 B7 B9 6 15 21
Prácticas a través de TIC B5 B7 B9 5 10 15
 
Atención personalizada 16.5 0 16.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Saídas de campo Realizaranse varias visitas a obras e instalacións industriais na comarca de Ferrolterra.
Sesión maxistral Expoñeranse os distintos temas da asignatura a nivel teórico e práctico en canto a resolución de exercicios mediante sesións maxistrais.
Traballos tutelados Realizarase un traballo tutelado baseado no calculo dunha nave industrial mediante o programa RSTAB
Proba mixta Realizarase un exame da asignatura con contidos esencialmente prácticos.
Solución de problemas Solventaránse os problemas propostos en clase.
Prácticas a través de TIC Realizaránse prácticas con RSTAB sobre os contidos da asignatura.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Saídas de campo
Prácticas a través de TIC
Descrición
Realizarase unha atención personalizada especialmente nas prácticas de RSTAB para resolver as dúbidas que vaian surxindo ó longo do curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B5 B7 B9 Entregarase un proxecto de curso sobre o cálculo dunha nave inustrial con RSTAB e un informe sobre as saídas de campo. 75
Proba mixta B5 B7 B9 Realizarase un exame final da asignatura. 25
 
Observacións avaliación

Os alumnos con dispensa académica quedan
eximidos da
asistencia a clase, que, por outro lado, non é obrigatoria tampouco para
os alumnos con dedicación a tempo completo.  O sistema de avaliación é
análogo ó dos alumnos a tempo completo.

Os criterios de avaliación da segunda oportunidade son os mesmos que os da primeira oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica

Instrución de Acero Estrutural EAE.

Eurocódigo EC-3.

C.T.E. Documento Básico DB-A ACEIRO.

Argüelles, Argüelles, Bustillo y Atienza (2013). Estructuras de Acero. Bellisco

Manual RSTAB. DLUBAL

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
RESISTENCIA DOS MATERIAIS/730G03013
ESTRUTURAS/730G03021
RESISTENCIA MATERIAIS II/730G03027

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
VIBRACIÓNS/730G03040
Tipoloxías Estruturais/730G03070
Modelización de Estruturas por Elementos Finitos/730G03069

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostido e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

            A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

             -  Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático

            -  Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

             -  En caso de ser necesario realizalos en papel:

                  -     Non se empregarán plásticos

                 -      Realizaranse impresións a dobre cara.

                 -      Empregarase papel reciclado.

                 -      Evitarase a impresión de borradores.

Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías