Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Actuadores e Sensores Código 730G03075
Titulación
Grao en Enxeñaría Mecánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Lugris Armesto, Urbano
Correo electrónico
urbano.lugris@udc.es
Profesorado
Lugris Armesto, Urbano
Sanjurjo Maroño, Emilio
Correo electrónico
urbano.lugris@udc.es
emilio.sanjurjo@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Nesta materia explícanse os diferentes tipos de sensores e actuadores empregados comunmente no control de máquinas. Así mesmo, estúdase a forma de conectalos e integralos nun algoritmo de control, que é executado nun microcontrolador ou ordenador. Para converter a lectura dos sensores en información utilizable polo controlador, ou as saídas do controlador en forzas ou momentos, hanse de utilizar sistemas de adquisición e xeración de sinais.

Ao longo da materia realizaranse prácticas básicas con diferentes sistemas de adquisición, sensores, actuadores e controladores, para finalmente integrar todo na implementación do control dun mecanismo real.

Competencias do título
Código Competencias do título
B5 CB05 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B7 B5 - Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
B9 B8 - Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación (de carácter cuantitativo e/ou cualitativo) cunha finalidade estratéxica e que contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os principais sensores e actuadores B5
B9
Capacidad para seleccionar os sensores e actuadores en función da aplicación B5
B7
B9
Construcción de un sistema autónomo B5
B7
B9

Contidos
Temas Subtemas
Os temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, que son: Adquisición, tratamento e xeración de sinais
Sensores
Actuadores
Controladores e algoritmos de control
1. Adquisición, tratamento e xeración de sinais Sinais analóxicos e dixitais
Tratamento e filtrado de sinais
Conversión A/D e D/A
2. Sensores Sensores de posición e velocidade
Sensores de tensión e deformación
Sensores de vibración e aceleración
Sensores de temperatura
Sensores de presión
3. Actuadores Motores eléctricos (DC, paso a paso)
Actuadores hidráulicos e pneumáticos
4. Controladores e algoritmos de control Microcontroladores e Microordenadores
Algoritmos de control (bucle aberto, realimentación)
Control baseado en modelo

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B9 18 36 54
Solución de problemas B5 B7 B9 8.5 17 25.5
Prácticas de laboratorio B5 B7 B9 15 30 45
Traballos tutelados B5 B7 B9 3.5 21 24.5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Iranse describindo en clase, mediante utilización de medios audiovisuais, os diferentes elementos que aparecen nos contidos (sensores, actuadores, sistemas de control)

Cando sexa posible, utilizaranse os propios dispositivos durante a exposición.
Solución de problemas Resolveranse problemas prácticos para reforzar as ideas introducidas nas clases teóricas.
Prácticas de laboratorio Realizaranse prácticas simples utilizando diferentes tipos de sensores, actuadores, circuítos de adquisición, microcontroladores, etc.
Traballos tutelados Os alumnos deberán levar a cabo un proxecto completo (incluíndo a construción) dun sistema, aplicando todos os coñecementos adquiridos en clase.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Todas as prácticas serán realizadas baixo a tutela do profesor. Tamén se poderán resolver dúbidas durante o horario de titorías.

No caso de estudantes con dispensa académica, proporcionarase ao estudante unha lista do material que deberá adquirir para realizar as prácticas, e o profesor atenderao durante as titorías sempre que este solicíteo, ou noutro horario se non puidese acudir no horario de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B5 B7 B9 Avaliarase a capacidade do alumno para resolver os problemas prácticos plantexados. 20
Traballos tutelados B5 B7 B9 Avaliarase o grado de consecución dos obxectivos do proxecto, de acordo á complexidade do mesmo. 80
 
Observacións avaliación
<p>No caso de estudantes con dispensa académica, a avaliación basearase nun seguimento do traballo realizado durante o curso.&nbsp; </p>

Fontes de información
Bibliografía básica David G. Alciatore, Michael B. Histand (2007). Introducción a la mecatrónica y los sistemas de medición. Madrid: McGraw-Hill

Bibliografía complementaria (). http://arduino.cc/.
(). http://beagleboard.org/.
(). http://www.bricogeek.com/.
(). https://www.sparkfun.com/.
Clarence W. de Silva (2007). Sensors and Actuators - Contron System Instrumentation. Boca Raton: CRC Press
Ernest E. Doebelin (2005). Sistemas de medición e instrumentación - Diseño y aplicación. México: McGraw-Hill


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
INFORMÁTICA/730G03004
FUNDAMENTOS DA ELECTRICIDADE/730G03012
FUNDAMENTOS DE AUTOMÁTICA/730G03015
FUNDAMENTOS DE ELECTRÓNICA/730G03016
TEORÍA DE MÁQUINAS/730G03019
ELEMENTOS DE MÁQUINAS/730G03029

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
HIDRÁULICA E NEUMÁTICA/730G03039

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":


A entrega de traballos que se realicen nesta materia:

- Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
- Realizarase a través da web da materia, en formato dixital, sen necesidade de imprimilos.
- En caso de ser necesario realizalos en papel: non se empregarán plásticos; realizaranse impresións a dobre cara; empregarase papel reciclado; evitarase a impresión de borradores.

Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías