Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Mantemento Código 730G03076
Titulación
Grao en Enxeñaría Mecánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial 2
Enxeñaría Naval e Industrial
Enxeñaría Naval e Oceánica
Coordinación
Sanjurjo Maroño, Emilio
Correo electrónico
emilio.sanjurjo@udc.es
Profesorado
Sanjurjo Maroño, Emilio
Correo electrónico
emilio.sanjurjo@udc.es
Web
Descrición xeral O mantemento constitúe a técnica do coñecemento exhaustivo da operatividade de distintos sistemas mecánicos, das máquinas e os seus elementos, co fin establecer as variables de estado que poidan determinar pola súa condición a posibilidade dunha avaría, dun mal funcionamento ou dun falido rendemento do sistema mecánico.

Competencias do título
Código Competencias do título
B5 CB05 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B7 B5 - Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
B9 B8 - Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación (de carácter cuantitativo e/ou cualitativo) cunha finalidade estratéxica e que contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer de forma aplicada o mantemento de equipos e máquinas B5
B7
B9

Contidos
Temas Subtemas
Detección de datos Detección de datos
Monitorización de equipos Monitorización de equipos
Diagnóstico de averías Diagnóstico de averías

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B5 B7 B9 27 40.5 67.5
Prácticas de laboratorio B5 B7 6 9 15
Saídas de campo B7 B5 6 3 9
Traballos tutelados B5 B7 B9 3 33 36
Proba mixta B5 B7 B9 3 4.5 7.5
 
Atención personalizada 15 0 15
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia e resolución problemas relacionados.
Prácticas de laboratorio Realización de aliñación e equilibrado de eixos.
Saídas de campo Visitas a instalacións industriais baixo o punto de vista do mantemento.
Traballos tutelados Traballos realizados en grupo, cuxo avance se revisa periodicamente ao largo do curso.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e
preguntas tipo de probas obxetivas. En canto ás primeiras, recolle preguntas
abertas de desenvolvemento, as segundas poden combinar preguntas de resposta
múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e
de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Descrición
Atención personalizada polo profesor durante a realización de prácticas e no desenvolvemento dos traballos tutelados.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B5 B7 B9 Valorarase tanto o traballo como a presentación do mesmo. 30
Proba mixta B5 B7 B9 É necesario superar unha nota de 4 sobre 10 nesta parte para poder superar a materia. 50
Prácticas de laboratorio B5 B7 Realización das prácticas previstas e realización dos informes correspondentes. 20
 
Observacións avaliación
<div>A realización das prácticas de laboratorio é obrigatoria. En caso de dispensa académica flexibilizarase o horario para permitir a realización de ditas prácticas.<br /></div><div><br /></div>

Fontes de información
Bibliografía básica Fraga L. Pedro (2006). Analisis dinámico de maquinas rotativas por vibraciones. Universidad de A Coruña
Mobley R. Keith (2008). Maintenance Engineering Handbook. McGraw-Hill
Franccisco T. Sánchez Marin (2006). Mantenimiento mecánico de máquinas. . Universidad Jaime I
Gómez de León Félix Cesáreo (1998). Tecnología del Mantenimiento Industrial. Universidad de Murcia
Fraga L. Pedro (2009). Vibraciones mecánicas. Deteccion de averias. Universidad de A Coruña

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
TEORÍA DE MÁQUINAS/730G03019
ELEMENTOS DE MÁQUINAS/730G03029

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático.

1.2. Realizaranse a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

1.3. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías