Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) QUÍMICA Código 730G03005
Titulación
Grao en Enxeñaría Mecánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial 2
Química Analítica
Coordinación
Rodriguez Guerreiro, Maria Jesus
Correo electrónico
maria.guerreiro@udc.es
Profesorado
Fernandez Solis, Jose Maria
Gonzalez Soto, Elena
Rodriguez Guerreiro, Maria Jesus
Correo electrónico
jose.maria.fsolis@udc.es
elena.gsoto@udc.es
maria.guerreiro@udc.es
Web
Descrición xeral Materia de formación básica de primeiro curso, na que se imparten os fundamentos da química xeral, inorgánica, orgánica e aplicada á enxeñaría

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica e as súas aplicacións na enxeñaría. A4
Resolver problemas de forma efectiva. B2
Aprender a aprender. B5
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. B7
Traballar de forma colaboradora. B4
Capacidade para encontrar e manexar a información. B1
Capacidade de comunicación oral e escrita. B6
Positivos fronte a problemas. B3
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C4
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C1
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común C2
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida C5

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1.- Conceptos básicos de Química Xeral:
Principios fundamentais de Química. Átomo: modelo mecanocuántico. Táboa periódica e propiedades periódicas. Ligazón química: tipos de ligazón.
Tema 2.- Termoquímica:

Introducción: primeiro principio da termodinámica. Calores de reacción, entalpía. Termoquímica: ley de Hess. Calorimetría. Segundo principio da termodinámica: entropía. Terceiro principio da termodinámica: espontaneidade da reacción.
Tema 3.- Cinética Química:
Velocidade de reacción. Ecuación de velocidade. Determinación de velocidades. Orde de reacción. Teorías das colisiones e do estado de transición. Enerxía de activación. Mecanismos de reacción. Catálisis: catalizadores.
Tema 4.- Equilibrio Químico en fase gasosa:
Natureza do equilibrio químico. Constante de equilibrio: aplicacións. Equilibrios heteroxéneos. Factores que afectan o equilibrio: principio de le Chatelier. Relación entre constantes de equilibrio. Efecto da temperatura sobre a constante de equilibrio.

Tema 5.- Equilibrio acedo-base:
.

Definicións acedo-base. Disociación da agua. Concepto de pH: determinación. Disociación de acedos e bases. Propiedades acedo-base das sales. Reaccións acedo-base. Disolucións amortiguadoras. Valoracións acedo-base: indicadores.
Tema 6.- Equilibrios de oxidación-redución (redox):
Métodos de axuste de ecuacións redox. Fundamentos electroquímicos: pilas galvánicas. Enerxía libre e voltaxe da pila. Ecuación de Nernst. Volumetrías redox.
Tema 7.- Aplicacións da electroquímica:
Pilas comerciais primarias e acumuladores. Pilas de combustible. Celdas electrolíticas. Aplicacións industriais da electrolisis: electrodeposición. Corrosión metálica.
Tema 8.- Principios de Análise instrumental:
Química analítica: concepto e división. Clasificación dos métodos de análise cuantitativa. Métodos instrumentais de análise: clasificación. Parámetros de validación dun método analítico. Avaliación de resultados.
Tema 9.- Principios de Química Orgánica:
Nomenclatura. Grupos funcionais. Series homólogas. Isomería. Determinación de estruturas moleculares.

Tema 10.- Hidrocarburos saturados, insaturados e aromáticos:
Clasificación. Hidrocarburos saturados: nomenclatura, fontes, sínteses e propiedades. Alquenos e alquinos: estrutura, nomenclatura, síntese e propiedades. Compostos aromáticos: estrutura, nomenclatura, obtención e propiedades. Benceno.

Tema 11.- Outros compostos orgánicos:
Compostos de grupos funcionais con ligazón sinxela: haloxenuros de alquilo, alcois, fenoles, éteres e aminas. Compostos de grupos funcionais con ligazóns múltiples: compostos carbonilo, acedos carboxílicos e os seus derivados.
Tema 12.- Bases da Química Industrial. Balances de materia:
Materias primas que utiliza a industria química. A enerxía na industria química. Os procesos químicos: exemplos. Diagramas de fluxo. Os produtos químicos. Consideracións ecolóxicas e medioambientais.

Tema 13.- Química Orgánica aplicada á enxeñaría:
Carbón. Petróleo. Gas natural. Biomasa. Polímeros naturais e sintéticos.

Tema 14.- Química Inorgánica aplicada á enxeñaría: Metalurxia. Semicondutores. Materiais de construción. Síntese industrial dun composto inorgánico (industria do cloruro de sodio).

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A4 B3 10 10 20
Proba obxectiva A4 B1 B2 B5 8 12 20
Sesión maxistral A4 C4 C5 30 12 42
Solución de problemas A4 B2 B4 B5 14 21 35
Seminario A4 B7 C1 C2 8 4 12
Traballos tutelados A4 B6 C1 5 15 20
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Lectura comprensiva da práctica. Realizar o traballo experimental. Expor e resolver os cálculos numéricos asociados así como as cuestións que se expoñan. Examinar e valorar os resultados. Redactar e presentar o informe final das prácticas.
Proba obxectiva Proba escrita divida en duas partes (teórica e de problemas) utilizada para a avaliación da aprendizaxe do estudante.
Sesión maxistral Ten unha función expositiva complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de trasmitir coñecementos e facilitar o aprendizaxe. O alumno toma apuntamentos, expón dúbidas e cuestións.
Solución de problemas Metodoloxía levada a cabo en grupo mediano (20 alumnos): presentación e resolución de boletíns de problemas numéricos. O estudante, de forma individual ou en grupo reducido, expón dúbidas e /ou cuestións, participando de forma activa na aula.
Seminario Metodoloxía levada a cabo en grupo pequeno (10 alumnos): presentación e resolución de boletíns de exercicios da parte teórica da materia. O estudante, traballando de forma individual ou en grupo reducido, expón dúbidas e/ou suxestións e participa activamente na aula.
Traballos tutelados Trátase da realización, en grupos de alumnos, de estudos dirixidos que, cada grupo, debe expor na aula e entregar ao profesor para a súa corrección.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Seminario
Descrición
Na atención personalizada tratarase de emendar posibles deficiencias na formación química previa do estudante e de resolver dúbidas e cuestións puntuais que, normalmente, impídenlle o seguimento xeral da materia.

Realizarase un seguimento do traballo do estudante no laboratorio, tomarase en consideración as súas suxestións e prestaráselle axuda para aclarar as dúbidas.

Nas sesións de solución de problemas e de seminario en grupo pequeno prestaráselles axuda para aclarar conceptos e resolver posibles dúbidas.

Na elaboración dos traballos tutelados facilitaráselles a asistencia que precisen para a súa preparación e exposición.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A4 B1 B2 B5 A metade do cuadrimestre realizarase un exame parcial eliminatorio da materia impartida ata ese momento (teoría e problemas). Ao final do cuadrimestre realizarase un segundo parcial coas mesmas características do primeiro. Realizarase un examen final para os alumnos que no superen a materia por parciais. 70
Solución de problemas A4 B2 B4 B5 Resolución de boletíns de problemas numéricos, incluíndo así mesmo a resolución de boletíns de exercicios de teoría no Seminario. Valórase a asistencia do estudante, a súa participación activa na aula, o seu interese e actitude. 10
Traballos tutelados A4 B6 C1 Elaboración e presentación en grupo dun traballo tutelado ou dirixido. Valórase, ademais da presentación, o traballo realizado polos estudantes en formato Word e as transparencias elaboradas para a súa exposición na aula en formato PowerPoint. 10
Prácticas de laboratorio A4 B3 Realización, participación activa en cada unha das prácticas e entrega do informe final correspondente. Valórase o interese e actitude do estudante. 10
 
Observacións avaliación
Este apartado indica o que se puntúa en cada metodoloxía. A proba obxetiva describe como é o exame e a puntuación de cada unha das partes de teoría e de problemas. A nota mínima en cada parte do exame (parcial de teoría ou problemas, final de teoría ou problemas) para que se poidan ter en conta as puntuacións das prácticas de laboratorio, solución de problemas e traballos tutelados ha de ser de 3,0 sobre 7,0. Para obter aprobado na asignatura hase de cumprir que a suma das notas da proba obxectiva, prácticas de laboratorio, solución de problemas e traballos tutelados sexa polo menos 5,0.

Ningún dos temas teóricos nin dos problemas propostos no exame parcial poderán deixarse en branco, debendo ser recuperados no exame final con independencia da nota obtida.

Os traballos tutelados, a realizar en grupos de 5 alumnos, constituirán un resumo do tema proposto polo profesor, cunha extensión da orde de 5-6 páxinas en formato Word. Para a súa presentación na aula, elaborarase previamente de 8 a 10 transparencias en formato PowerPoint. Os participantes en cada traballo deben pertencer ao mismo grupo pequeno ou mediano da clase.

Todos os grupos que presenten traballo tutelado nunha determinada sesión, deberán estar presentes na aula desde o principio ata o final da mesma.

Para poder ser cualificado, o estudante realizará todas as prácticas de laboratorio e participará na elaboración e exposición do traballo tutelado. Ambas as metodoloxías teñen un carácter obrigatorio.

O estudante que faltase a algunha práctica de laboratorio ou que non superase o exame de recuperación da práctica, en caso de repetir a materia debe volver realizar todas de novo.

Teranse en conta, na medida do posible, as circunstancias dos alumnos repetidores e dos matriculados a tempo parcial.

Fontes de información
Bibliografía básica BERMEJO, F.; PAZ, M.; BERMEJO, A.; PAZ, A. (1996). 1000 Problemas Resueltos de Química General y sus Fundamentos Teóricos. Madrid Paraninfo, S. A.
RECLAITIS, G. V. (1991). Balances de materia y energía. México. McGraw-Hill/Interamericana
QUIÑOÁ, E.; RIGUERA, R. (2004). Cuestiones y Ejercicios de Química Orgánica. Madrid. McGraw-Hill/Interamericana de España, S. A. U.
PÉREZ, J.; SECO, H. M. (2006). Experimentos de Química. Aplicaciones a la vida cotidiana. Badajoz. Filarias
VIAN, A. (1999). Introducción a la Química Industrial. Barcelona. Reverté, S. A.
SKOOG, D. A.; HOLLER, F. J.; NIEMAN, T. A. (2000). Principios de Análisis Instrumental. Madrid. McGraw-Hill/Interamericana de España, S. A. U.
CHANG, R. (2010). Química. México McGraw-Hill- Interamericana
SKOOG, D. A.; WEST, D. M.; HOLLER, F. J., CROUCH, S. R. (2001). Química Analítica. México. McGraw-Hill/Interamericana
PETRUCCI, R. H.; HERRING, F. G.; MADURA, J. D.; BISSONNETTE, C. (2011). Química General. Principios y Aplicaciones Modernas . Madrid. Pearson Educación, S. A.
PAZ, M.; CASTRO, F.; MIRÓ, J. (1995). Química I. Madrid. E. T. S. I. I.; U. N. E. D.
MORRISON, R. T.; BOYD, R. N. (1990). Química Orgánica. Addi-Wesley Iberoamericana E. U. A.
CABILDO, M. P. (1999). Química Orgánica. Madrid. U. N. E. D.
LINSTROMBERG, W. W. (1979). Química Orgánica. Barcelona. Reverté, S.A.
PRIMO, E. (1994). Química Orgánica Básica y Aplicada. Barcelona. Reverté, S.A
PETER, K.; VOLLHARDT, C.; SCHORE, N. E. (2000). Química Orgánica. Estructura y función. Barcelona. Omega.

Bibliografía complementaria http://clhorella.cdf.udc.es (2003). .
FERNÁNDEZ, J. M.; PÉREZ, J.; SECO, H. M. (2012). Estadística Sencilla para Estudiantes de Ciencias. Madrid. Síntesis, S. A.
SKOOG, D. A.; WEST, D. M.; HOLLER, F. J., CROUCH, S. R. (2005). Fundamentos de Química Analítica. Madrid. Thomson
SOLOMON, T. W. G. (1999). Fundamentos de Química Orgánica. México. Limusa Noriega
LÓPEZ, J. A. (2000). Problemas de Química General. Cuestiones y Ejercicios. Madrid. Pearson Educación-Prentice Hall
OROZCO, C.; GONZÁLEZ, M. N.; PÉREZ, A. (2011). Problemas Resueltos de Química Aplicada. Madrid. Paraninfo, S. A.
VALE, J.; FERNÁNDEZ, C.; PIÑERO, M.; ALCALDE, M.; VILLEGAS, R.; VÍLCHES, L.; NAVARRETE, B.; GARCÍA, (2004). Problemas Resueltos de Química para Ingeniería. Madrid. Thomson
WITTCOFF, H. A.;REUBEN, B. G. (1997). Productos Químicos orgánicos industriales. México. Limusa
ROSENBERG, J.; EPSTEIN, L.; KRIEGER, P. (2014). Química. México. McGraw-Hill Education
RUSSELL, J. B.; LARENA, A. (1994). Química. Madrid. McGraw-Hill
BERMEJO, F.; BERMEJO, P.; BERMEJO, A. (1991). Química Analítica General, Cuantitativa e Instrumental. Madrid. Paraninfo, S. A.
SECO, H. M.; PÉREZ, J.; FERNÁNDEZ, J. M. (2010). Química de la Vida en Ejercicios Resueltos. Badajoz. Filarias
COTTON, F. A.; WILKINSON, G. (1991). Química Inorgánica Básica. México. Limusa
BONNER, W. A.; CASTRO, A. J. (1981). Química Orgánica Básica. Alhambra Universidad
VEGA, J. C. (2000). Química Orgánica para estudiantes de Ingeniería. México. Alfaomega.
WILLIS, C. J. (1993). Resolución de Problemas de Química General. Barcelona. Reverté, S. A.
GONZALEZ, J. A. (1984). Teoría y Práctica de la Lucha contra la Corrosión. Madrid. C. S. I. C. (C. E. N. I. M.)


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
CÁLCULO/730G03001
EXPRESION GRAFICA/730G03002
FÍSICA I/730G03003
INFORMÁTICA/730G03004
ÁLXEBRA/730G03006

Materias que continúan o temario
CIENCIA DOS MATERIAIS/730G03007
TERMODINÁMICA/730G03014
ENXEÑARÍA MEDIOAMBIENTAL/730G03017
ENXEÑARÍA DOS MATERIAIS/730G03030

Observacións
Dado que se trata dunha materia que se imparte no primeiro cuadrimestre do primeiro curso da carreira, é imprescindible que o estudante manexe con soltura conceptos e coñecementos básicos de Matemáticas, Física e Química do bacharelato. Previamente a cursar a materia considérase de gran importancia coñecer a nomenclatura química (é dicir, nomear e formular os elementos químicos, compostos inorgánicos e orgánicos máis comúns).


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías