Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) XESTIÓN EMPRESARIAL Código 730G03010
Titulación
Grao en Enxeñaría Mecánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Análise Económica e Administración de Empresas
Coordinación
Dominguez Feijoo, Gerardo
Correo electrónico
g.dominguez@udc.es
Profesorado
Dominguez Feijoo, Gerardo
Ríos Prado, Rosa
Rodriguez Fernandez, Maria Jose
Vez Vazquez, Juan Carlos
Correo electrónico
g.dominguez@udc.es
rosa.rios@udc.es
maria.jose.rfernandez@udc.es
juan.carlos.vez@udc.es
Web http://www.udc.es/eps/A_Escola/
Descrición xeral A asignatura persegue o desenvolvemento por parte de alumno dunha visión global das actividades das empresas; que sexa capaz de detectar, analizar e proporcionar solucións a problemas reais das empresas baixo unha perspectiva sistémica e xeral. Ofrécese deste xeito un enfoque de aplicación xeneralizado por riba de plantexamentos específicos, congruentes co amplo espectro de adaptación funcional dos profesionais da área de Enxeñería Industrial.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Traballar de forma colaboradora coas diferentes áreas da empresa implicadas no proceso de deseño e desenvolvemento de proxectos de enxeñaría. A6
A15
A17
A18
B4
B6
B8
C1
C2
C3
C4
C5
C6
Coñecer as dinámicas de grupo e o traballo en equipo. A6
A15
A17
A18
B2
B3
C2
C3
C4
C5
C6
Capacidade de organización e planificación do proceso de deseño e desenvolvemento de novos produtos. A6
A15
A17
A18
B5
B7
C2
C3
C4
C5
C6
Capacidade para integrarse eficazmente nos proxectos e interrelacionarse coas demais áreas da empresa implicadas neste. A6
A15
A17
A18
B6
B9
C1
C2
C3
C4
C5
C6
Entender e xestionar as diferentes implicacións que a actividade ingenieril ten sobre os aspectos económicos, organizativos e comerciais na empresa. A6
A15
A17
A18
B3
B4
B6
B8
C2
C3
C4
C5
C6

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: INTRODUCCIÓN O concepto de empresa
O contexto socieconómico empresarial
Os obxectivos empresariais
O empresario. Formas xurídicas
O tamaño empresarial
TEMA 2: A Organización da Empresa A organización da empresa
Estruturas organizativas básicas
Estruturas orientadas a proxectos
Análise de estruturas organizativas: O modelo de Mintzberg
TEMA 3: Empresa e Producto A Carteira de Negocios da Empresa: Campo de Actividades
Estratexias no campo de Actividades
A cadea de valor
Ciclo de Vida do Produto
Matrices de Actividades
Ciclo de vida da organización
TEMA 4: A Empresa e o Sistema de Marketing O concepto xeral de mercadotecnia
Planificación: A Mercadotecnia Estratéxica
Execución e Control: A Mercadotecnia Operativa
TEMA 5: La Empresa e o Sistema de Producción O concepto xeral de produción
Estudo de Custos
Just in Time
TEMA 6: Análise dos Estados Financeieros Definición e Campo de Aplicación
Análise do Negocio e o seu Ámbito
Os estados financeiros: Reflexo das Actividades da Empresa
A Análise Financeira e Económica

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A6 A15 A17 B3 B9 C1 C2 C3 C4 C5 30 30 60
Estudo de casos A18 B5 B7 C2 C4 C6 12 12 24
Traballos tutelados A18 B2 B4 B6 B8 C1 C3 C5 8 40 48
Proba de resposta múltiple A6 A17 B7 4 12 16
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor impartirá a maior parte dos contidos teóricos da materia a través da exposición destes en sesións expositivas, nas que a participación dos alumnos será promovida tamén.

O profesor axudarase de medios audiovisuais para unha mellor exposición dos contidos da materia.
Estudo de casos Ao longo do curso, iranse presentando casos de estudo aos alumnos para a súa análise e discusión en clase, así como para a elaboración de traballos ben individuais, ben colectivos, que serán obxecto de avaliación e computarán na nota final.
Os casos corresponderanse con aspectos ilustrativos dos temas obxecto da materia.
O profesor axudarase e propoñerá aos alumnos o emprego de ferramentas de simulación para a toma de decisións a través dun xogo de empresa.
Traballos tutelados Propoñerase a elaboración dun traballo tutelado a realizar en grupo os alumnos. O alcance do devandito traballo así como as súas particularidades e peso na nota final serán transmitidos aos alumnos coa antelación debida.
O traballo pretende que os alumnos desenvolvan a súa capacidade de traballo en equipo elaborando unha actuación orixinal e creativa, a través de da análise dun determinado caso para o cal terán que poñer en práctica as competencias adquiridas ao longo do curso.
Proba de resposta múltiple Consistirá nunha proba de avaliación dos coñecementos adquiridos á finalización da exposición de todos os contidos da materia.

Propoñerase un conxunto de preguntas con varias opcións de resposta. O número de preguntas, de opcións de resposta e o criterio de puntuación será establecido polo profesor á súa discreción. Os alumnos serán informados de tales aspectos coa antelación debida.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Proba de resposta múltiple
Descrición
Todas as actividades e metodoloxías desenvolvidas ao longo do curso requiren da atención personalizada do alumno para a súa mellor compresión e consecución.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A18 B5 B7 C2 C4 C6 Proposta e valoración de traballos por parte do alumno/s. Os casos poderán computar ata nun 20% da nota final de avaliación da materia; á súa vez, esíxese un rendemento mínimo do 30% nesta parte para poder aprobar a materia, salvo repetidores ano anterior que se lles garda nota. 10
Traballos tutelados A18 B2 B4 B6 B8 C1 C3 C5 Valoración do Traballo do Curso elaborado en grupo. O traballo poderá computar ata nun 40% da nota de avaliación da materia. Esíxese un rendemento mínimo do 30% na súa valoración para poder aprobar a materia, salvo repetidores do ano anterior que se lles gardará a nota. 30
Proba de resposta múltiple A6 A17 B7 Corrección do exame de resposta múltiple, de acordo cos criterios que no seu momento se presenten. O exame poderá computar ata nun 60% da nota de avaliación da materia. Esíxese un rendemento mínimo do 30% na súa valoración para poder aprobar a materia. 60
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Fernández Sánchez, E., Junquera Cimadevilla, B., del Brío González, J.A. (2008). Iniciación a los Negocios para Ingenieros. Aspectos Funcionales. España

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías