Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) EXPRESION GRAFICA Código 730G04002
Titulación
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Naya Villaverde, Miguel Ángel
Correo electrónico
miguel.naya@udc.es
Profesorado
Luaces Fernández, Alberto
Naya Villaverde, Miguel Ángel
Rodríguez González, Antonio Joaquín
Sanjurjo Maroño, Emilio
Correo electrónico
alberto.luaces@udc.es
miguel.naya@udc.es
antonio.rodriguez.gonzalez@udc.es
emilio.sanjurjo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ten por obxectivo estudar o debuxo necesario no contexto industrial. Hai outros contextos con requirimentos diferentes: Arquitectura, Enxeñaría Civil, etc.
Senembarg ou, a industria dedícase ao deseño e fabricación de produtos:
• Deseño (orientado ao PRODUTO): é preciso plasmar as ideas sobre novos produtos ou as modificacións dos existentes de forma gráfica (deseño conceptual), para podelas comunicar e discutir cos demais implicados. Posteriormente, débense concretar esas ideas (deseño de detalle) para realizar as análises e probas experimentais que aseguren a validez do produto.
• Fabricación (centrado no PROCESO): débese xerar a información que permita a fabricación do produto deseñado, para o que é preciso coñecer os procesos de fabricación correspondentes.
Existen aplicacións do debuxo a diversas disciplinas da Enxeñaría Industrial: mecánica, electricidade e electrónica, neumática, hidráulica, etc. Nesta materia centrarémonos na enxeñaría mecánica, pola súa maior importancia e complexidade.
Por tanto, a materia de debuxo técnico pode considerarse o primeiro paso da carreira na enxeñaría mecánica, e a única a signaturade primeiro curso propiamente ingenieril. Entronca coas demais materias da área: Teoría de Máquinas, Tecnoloxía de Máquinas, Tecnoloxía Mecánica, CAD.
-O obxectivo da materia é que o alumno adquira os coñecementos que lle permitan plasmar unha idea gráficamente, así como interpretar os planos xerados por outros, todo iso no contexto da enxeñaría mecánica industrial. Isto implica o coñecemento de:
a) As técnicas de representación.
b) Os elementos mecánicos: eixos, rodamientose, resortes, engrenaxes, etc.
c) Os procesos de fabricación.
Outra parte da materia céntrase no coñecemento dun programa de CAD que constitúe unha ferramenta moi útil ao longo da carreira. O oficio do enxeñeiro non é o de delineante pero convén coñecer e manexar unha ferramenta moderna de deseño mecánico



Competencias do título
Código Competencias do título
A5 FB5 Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva, coma mediante as aplicacións de deseño asistido por ordenador.
B1 CB1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita encontrarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B4 CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
B5 CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B7 B5 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
B9 B8 Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación (de carácter cuantitativo e/ou cualitativo) cunha finalidade estratéxica e que contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento
C1 C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C5 C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Poseer la capacidad de visión espacial y el conocimiento de las técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionales de geometría métrica y geometría descriptiva, como mediatne las aplicaciones de diseño asistido por ordenador. A5
B1
B2
B4
B5
B7
B9
C1
C4
C5

Contidos
Temas Subtemas
Os temas seguintes desenrolan os contidos establecidos na ficha da memoria de verificación que son: Técnicas de desenrolo da visión espacial. Xeometría métrica e descriptiva. Sistemas de representación gráfica. Introducción á normalización. Debuxo asistido por ordenador.
Tema 1: INTRODUCION 1.1 O debuxo industrial.
1.2 Designación de materiais.
1.3 Formas de execución.
1.4 Toma de medidas.
Tema 2: PRINCIPIOS XERAIS DE REPRESENTACION 2.1 Sistemas de representación.
2.2 Vistas.
2.3 Secciones.
2.4 Perspectivas.
Tema 3: PROCESOS DE FABRICACION 3.1 Clasificación.
3.2 Descrición.
Tema 4: ACOTACION 4.1 Principios xerais.
4.2 Influencia da fabricación.
4.3 Criterios.
Tema 5: TOLERANCIAS 5.1 Conceto de tolerancia.
5.2 Elementos da tolerancia
5.3 Nomenclatura ISO
5.4 Axustes.

Tema 6: ESTADOS SUPERFICIAIS 6.1 Simboloxía.
6.2 Relación cos procesos de fabricación.
Tema 7: RESORTES 7.1 Compresión e tracción.
7.2 Torsión.
7.3 Outros.

Tema 8: UNIÓNS 8.1 Atornilladas.
8.2 Remachadas.
8.3 Soldadas.
Tema 9: EIXOS E OS SEUS ELEMENTOS DE FIXACION 9.1 Eixos.
9.2 Chavetas.
9.3 Acanaladuras.
Tema 10: RODAMIENTOS 10.1 Tipos.
10.2 Criterios de selección.
10.3 Montaxe e lubricación.
Tema 11: ELEMENTOS DE TRANSMISION DE XIRO 11.1 Engranaxes.
11.2 Cadeas.
11.3 Cables.
11.4 Correas.
CAD 1 - INTRODUCCIÓN AO CAD/CAE. 1.1. Introdución ao CAD 2D. Tipos de entidades.
1.2. Introdución ao CAD 3D. Xeometría variacional e restricións.
1.3. Revisión dos programas comerciais CAD/CAE de deseño mecánico máis importantes.

CAD 2 – EXPLORANDO O PROGRAMA. 2.1. Xanela de inicio do programa.
2.2. Persoais de documento.
2.3. Descrición do interfaz e das contornas de modelado.
2.4. Árbore de operacións.
2.5. Comandos básicos de visualización.
CAD 3 - ESBOZOS. 3.1. Comandos de esbozo.
3.2. Comandos de debuxo elementais.
3.3. Cotas e relacións xeométricas.
3.4. Esbozos completamente restringidos.

CAD 4 – MODELADO DE PEZAS EN 3D. 4.1. Operacións de base (operacións de creación de material).
4.2. Operacións de tratamento e especializadas.

CAD 5 - PRODUCIÓN DE PLANOS. 5.1. Xeración de planos a partir de pezas en 3D.
5.2. Configuración de vistas en 2D.
5.3. Acotación e símbolos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A5 B1 B2 B4 B5 B7 B9 C1 C4 C5 5 0 5
Sesión maxistral A5 B1 B2 B4 B5 B7 B9 C1 C4 C5 20 46 66
Solución de problemas A5 B1 B2 B4 B5 B7 B9 C1 C4 C5 40 35 75
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Quen non teña superado a materia mediante as láminas e traballos de computador realizados en clase deberán superar un exame que constará de dous partes.
Na parte teórica, a proba consiste en representar un plano de despezamento a partir do plano dun conxunto de pezas.
Na parte práctica realizarase unha proba similar no computador.
Sesión maxistral A materia está dividida nunha parte teórica e outra de aprendizaxe dun programa de CAD.
Para iniciar o curso, as primeras semanas dedicaranse a clases maxistrais.
Durante o horario de grupos pequenos, o profesor presentará os contidos básicos de cada tema que o alumno debe estudar pola súa conta.
Solución de problemas Na parte de teoría, a solución de problemas consiste na realización na aula dunha lámina a determinar polo profesor sobre a temática indicada previamente. Estas láminas realizanse durante as clases en grupos grandes (60 alumnos).
Esas láminas son correxidas semanalmente e entregadas ao alumno que pode comentar co profesor a nota recibida. Pódese superar a asignatura mediante a correcta realización das láminas.
Para a parte de CAD, as clases danse todas na aula de informática e o profesor expón o tema que os alumnos van realizando simultáneamente no ordenador. Estas clases se impartirán durante as horas de grupo mediano (20 alumnos).

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Proba mixta
Descrición
Durante a realización dos traballos na aula que constitúen a Aprendizaxe colaborativa, o profesor estará a disposición do alumno para aclarar dúbidas, orientar a realización do exercicio, etc.
Así mesmo, ao longo do curso e especialmente antes da realización da Proba obxectiva, o profesor estará a disposición do alumno durante as horas de tutoría para aclarar todas as dúbidas que se lle poidan presentar. É posible concertar unha cita noutro horario a través do correo electrónico do profesor.
No caso dos alumnos con dispensa académica o seguimento da materia realizarase mediante titorías quincenais. Nelas proporase a realización de láminas similares as traballadas na aula e solucionaranse dúbidas. A mesma metodoloxía seguirase na parte correspondente as prácticas de CAD.
O horario das tutorías é o seguinte:
- Miguel Ángel Naya: luns, martes e mércores de 9,00 a 11,00.
- Urbano Lugrís: luns, martes e mércores de 11,00 a 13,00.
- Alberto Luaces: luns, martes e venres de 10,30 a 12,30.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A5 B1 B2 B4 B5 B7 B9 C1 C4 C5 Durante as clases teóricas e de CAD, cada semana proporase unha lámina ou traballo para realizar durante as horas de clase. Estas láminas entréganse e corríxense. Quen realizase o 100 % dos traballos propostos e obtenga unha cualificación de 5.0 ou máis pode liberar a parte correspondente (teoría ou problemas).
Pódese faltar á realización dalgunha práctica en casos debidamente xustificados.
90
Proba mixta A5 B1 B2 B4 B5 B7 B9 C1 C4 C5 Aqueles alumnos que non superasen a materia mediante a realización dos traballos semanais deberán realizar un exame tanto da parte de teoría como da de CAD. 10
 
Observacións avaliación
Como se indicou na descripción das Metodoloxías, é posible superara materia unicamente mediante a Aprendizaxe colaborativo que ten un valor do 100 % na nota final. No caso de realizar a proba obxectiva, o peso desta nanota final é do 100 %.

Na calificación final, a nota de CAD constitúe o 30% do total e a teoría o 70%, ainda que compre aprobar cada unha das partes.

No caso dos alumnos con dispensa académica a avaliaciónrealizarase coa proba obxectiva que será obrigatoria.

Na segunda oportunidade a avaliación realizarase do mesmo xeito que na primeira.


Fontes de información
Bibliografía básica

- AENOR, "Dibujo Técnico. Normas Básicas", AENOR, 2ª edición, 2001.

- FELEZ, J. y MARTINEZ, M.L., "Dibujo Industrial", Síntesis, 3ª edición, 2000.

- FELEZ, J. y MARTÏNEZ, M.L., "Ingeniería Gráfica y Diseño", Síntesis, 2008.

Bibliografía complementaria

– MORER, P., "Libro Digital de Dibujo Técnico", Universidad de La Coruña, 2003.

– PRECIADO, C., "Normalización del Dibujo Técnico", Donostiarra, 2004.

– RODRIGUEZ DE ABAJO, F.J. y ALVAREZ, V., “Dibujo Técnico”, Donostiarra,

1984.

– RODRIGUEZ DE ABAJO, F.J., “Geometría Descriptiva. Sistema Diédrico”,

Donostiarra, 1982.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
TECNOLOXÍAS DA FABRICACIÓN/730G03022
TECNOLOXIA DE MAQUINAS/730G03028
DESEÑO E ANÁLISE ASISTIDO POR ORDENADOR/730G03033
ELEMENTOS DE MÁQUINAS/730G03029
Traballo Fin de Grao/730G03068

Observacións



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías