Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) FÍSICA I Código 730G04003
Titulación
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Nicolas Costa, Gines
Correo electrónico
gines.nicolas@udc.es
Profesorado
Amado Paz, José Manuel
Mateo Orenes, Maripaz
Nicolas Costa, Gines
Tobar Vidal, María José
Correo electrónico
jose.amado.paz@udc.es
paz.mateo@udc.es
gines.nicolas@udc.es
maria.jose.tobar@udc.es
Web
Descrición xeral Descripción de una de las partes de la Física: Mecánica

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 FB2 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
B1 CB1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita encontrarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B6 B3 Ser capaz de concibir, deseñar ou poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con rigor científico para resolver calquera problema formulado, así como de comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a un público tanto especializados como leigo dun xeito claro e sen ambigüidades
B7 B5 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
B8 B7 Deseñar e realizar investigacións en ámbitos novos ou pouco coñecidos, con aplicación de técnicas de investigación (con metodoloxías tanto cuantitativas como cualitativas) en distintos contextos (ámbito público ou privado, con equipos homoxéneos ou multidisciplinares etc.) para identificar problemas e necesidades
B9 B8 Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación (de carácter cuantitativo e/ou cualitativo) cunha finalidade estratéxica e que contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento
C1 C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñería. A2
B1
B2
B3
B6
B7
B8
B9
C1
C5

Contidos
Temas Subtemas
Os capítulos e temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación Cinemática
Estática
Dinámica
Capítulo I INTRODUCIÓN Tema 1 Introdución a Física
Tema 2 Magnitudes físicas
Tema 3 Magnitudes vectoriales

Capítulo II ESTÁTICA DA PARTÍCULA, DO SISTEMA DE PARTÍCULAS E DO SÓLIDO RÍXIDO Tema 4 Estática
Capítulo III CINEMÁTICA Tema 5 Cinemática do punto
Tema 6 Movemento relativo
Tema 7 Cinemática do sólido
Capítulo IV DINÁMICA DA PARTÍCULA Tema 8 Dinámica da partícula
Tema 9 Traballo e enerxía
Capítulo V DINÁMICA DO SISTEMA DE PARTÍCULAS E DO SÓLIDO RÍXIDO Tema 10 Dinámica de sistemas de partículas
Tema 11 Dinámica do sólido ríxido

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 B1 B7 C5 30 33 63
Solución de problemas A2 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 20 36 56
Prácticas de laboratorio A2 B1 B2 B3 B7 C1 10 15 25
Proba mixta A2 B2 0 4 4
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Clases de teoría. Asistencia recomendada
Solución de problemas Técnica mediante a que ha de resolverse unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución. Resolución por parte do profesor e por parte dos alumnos, dos exercicios propostos. Asistencia recomendada
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións. Asistencia obrigatoria
Proba mixta Proba que integra preguntas sobre os contidos teóricos e prácticos da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
Discusión sobre os diferentes aspectos da materia: teoría, problemas, prácticas.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial NON ten dispensa académica de exención de asistencia para as Prácticas de laboratorio, aínda que se lle darán facilidades en canto ás datas de realización previa comunicación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 B2 Consta dunha proba parcial non eliminatorio a mediados do cuadrimestre e dunha proba final 90
Prácticas de laboratorio A2 B1 B2 B3 B7 C1 Obrigatorias: Non se permiten faltas non xustificadas 10
 
Observacións avaliación
Realizarase unha proba obxectiva parcial non eliminatorio ao longo do cuadrimestre para a avaliación continua e unha proba final coincidindo coa data do exame aprobada en Xunta de Centro.

A proba final constará dunha parte de teoría e unha parte de problemas da totalidade do temario.

A asistencia e a realización das prácticas de laboratorio son obrigatorias. O seu peso na cualificación establécese na táboa.

A nota final calcularase de acordo á seguinte fórmula:
0.1*PR+0.9*(0.4*T+0.6*PB)+0.1*PA
Sendo PR: Nota de prácticas; T: Nota de teoría do exame final; PB: Nota de problemas do exame final; PA: Nota do parcial. Todas as notas calculadas sobre 10

Os criterios de avaliación na 2ª oportunidade son os mesmos que os da 1ª oportunidade.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial NON ten dispensa académica de exención de asistencia para as Prácticas de laboratorio, aínda que se lle darán facilidades en canto ás datas de realización previa comunicación. Os criterios e actividades de avaliación para este alumnado serán os mesmos que para o resto de alumnos e indícanse na táboa.

Fontes de información
Bibliografía básica Scala J.J. (1995). Análisis vectorial. Reverté
Alonso M., Finn E. (1986-1995). Física. Addison-Wesley
Giancoli D.C. (1997). Física. Prentice Hall
Tipler P.A. (2004). Física para la ciencia y la tecnología. Reverté
Sears, Zemansky, Young (1986-1998). Física Universitaria. Addison-Wesley
Serway R.A., Jewett J.W. (2008). Física: para ciencias e ingenierías. Cengage Learning
Bedford A., Fowler W. (1996). Mecánica para ingeniería: Dinámica. Addison-Wesley iberoamericana
Bedford A., Fowler W. (1996). Mecánica para ingeniería: Estática. Addison-Wesley iberoamericana
Beer F.P., Johnston E.R., Eisenberg E.R. (2007). Mecánica Vectorial para ingenieros. McGraw-Hill

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
CÁLCULO/730G04001

Materias que continúan o temario
FÍSICA II/730G03009

Observacións
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol", realízanse as seguintes recomendacións: -Facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural -A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: •Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos •En caso de ser necesario realizalos en papel: -Non se empregarán plásticos -Realizaranse impresións a dobre cara. -Empregarase papel reciclado. -Evitarase a impresión de borradores


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías