Identifying Data 2020/21
Subject (*) INFORMÁTICA Code 730G04004
Study programme
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
First Basic training 6
Language
Spanish
Teaching method Hybrid
Prerequisites
Department Computación
Coordinador
Duro Fernández, Richard José
E-mail
richard.duro@udc.es
Lecturers
Becerra Permuy, Jose Antonio
Bellas Bouza, Francisco Javier
Duro Fernández, Richard José
Mallo Casdelo, Alma María
Paz López, Alejandro
E-mail
jose.antonio.becerra.permuy@udc.es
francisco.bellas@udc.es
richard.duro@udc.es
alma.mallo@udc.es
alejandro.paz.lopez@udc.es
Web http://moodle.udc.es
General description A materia obxecto desta guía constitúe a única disciplina de formación básica de ámbito puramente informático na titulación. Polos seus contidos, e dado o marcado carácter instrumental da materia e que a maior parte das materias de Enxeñaría necesitan métodos de cálculo susceptibles de ser realizados con axuda de ordenador, observamos que poderían ser practicamente todas as materias ás que a Informática apoiase dende os seus contidos como ferramenta indispensable para o enxeñeiro.
Contingency plan 1. Modificacions nos contidos
- Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Prueba mixta

*Metodoloxías docentes que se modifican
Se modifica a sesión maxistral hibridizándoa con unha metodoloxía de aprendizaxe colaborativo.

3. Mecanismos de atención persoalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na evaluación
- A evaluación non será modificada

*Observacions de evaluación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente,.

5. Modificacions da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A3 FB3 Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría.
B2 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
B7 B5 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
B9 B8 Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación (de carácter cuantitativo e/ou cualitativo) cunha finalidade estratéxica e que contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento
C1 C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C5 C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer de forma básica o uso e programación de computadores, sistemas operativos. A3
B2
B3
B4
B7
B9
C1
C4
C5
Coñecer de forma básica as bases de datos. A3
B9
C1
C4
C5
Coñecer as bases sobre programas informáticos con aplicación en enxeñería. A3
B9
C1
C4
C5

Contents
Topic Sub-topic
Os bloques ou temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da memoria de verificación. - Uso e programación de computadores.
- Bases de datos.
- Programas informáticos con aplicación na enxeñería.
BLOQUE DIDÁCTICO I ------------------------------------------------
Tema 1: Representación da información 1.1.- Medida da información
1.2.- Sistemas de numeración usuais en Informática
1.2.1 Sistema de numeración binario
1.2.2 Códigos intermedios
1.3.- Representación de números enteiros
1.3.1.- Representación binaria sen signo
1.3.2.- Representación binaria signo-magnitude
1.3.3.- Representación binaria en complemento a 1
1.3.4.- Representación binaria en complemento a 2
1.3.5.- Aritmética con enteiros
1.3.6.- Representación decimal BCD
1.4.- Representación de carácteres
1.4.1.- Código ASCII
1.5.- Representación de información analóxica
1.5.1.- Representación de son
1.5.2.- Representación de imaxes
Tema 2: Arquitectura de ordenadores 2.1.- Arquitectura Von Neumann e extensións
2.2.- Memoria Principal
2.2.1.- Tipos de Memoria Principal
2.2.2.- Rendemento CPU-Memoria
2.2.3.- Xerarquía de memorias: memoria caché
2.3.- CPU (Unidade Central de Proceso)
2.3.1.- A Unidade Aritmético-Lóxica
2.3.2.- A Unidade de Control
2.3.3.- Rexistros da CPU
2.4.- Sistemas de almacenamento masivo
2.4.1.- Discos magnéticos
2.4.2.- Discos ópticos
2.4.3.- Memorias de estado sólido e USB
2.5.- Conexións e portos
Tema 3: Sistemas operativos 3.1.- Estrutura e funcións dun sistema operativo
3.2.- Tipos de sistemas operativos
3.3.- Xestión de recursos
3.3.1.- Xestión de arquivos e directorios
3.3.2.- Xestión do procesador
3.3.3.- Xestión da memoria principal
3.3.4.- Xestión de entrada/saída
3.3.5.- Xestión da seguridade
Tema 4: Redes de datos e Internet 4.1.- Sistemas e medios de transmisión
4.2.- Redes de comunicación e topoloxías de rede
4.3.- Tipos de redes
4.4.- Protocolos de rede
4.5.- Internet e a web
BLOQUE DIDÁCTICO II ------------------------------------------------
Tema 5: Introdución á programación 5.1.- A programación
5.1.1.- Fase de análise
5.1.2.- Fase de programación
5.1.3.- Fase de codificación
5.2.- Estrutura dun programa
5.2.1.- Partes principais dun programa
5.2.2.- Clasificación das instrucións
5.2.3.- Elementos auxiliares dun programa
5.3.- Descrición de programas
5.3.1.- Pseudocódigo
5.3.2.- Organigramas de programa e sistema
5.3.3.- Representación das estruturas de control
5.4.- Linguaxes de programación
5.4.1.- Linguaxe máquina
5.4.2.- Linguaxe ensambladora
5.4.3.- Linguaxe de alto nivel
5.4.4.- Tradutores de linguaxe
Tema 6: Introdución a Python
6.1.- Intérprete vs. compilador
6.2.- IDE
6.3.- Operadores e operandos
6.4.- Tipos de datos ( bool, int, float, complex), valores e variables
6.5.- Expresións e sentenzas
6.6.- E/S básica
Tema 7: Control de fluxo
7.1.- Expresións lóxicas
7.2.- Sentenzas condicionais
7.3.- Sentenzas iterativas
Tema 8: Funcións
8.1.- Definición e execución
8.2.- Variables e alcance
8.3.- Argumentos
8.3.1.- Acceso por posición
8.3.2.- Acceso por nome
8.3.3.- Valores por defecto
8.3.4.- Número variable de argumentos
8.4.- Recursividade
Tema 9: Contedores de datos
9.1.- Secuencias (listas, tuplas, rangos e cadeas)
9.1.1.- Iteradores
9.1.2.- Comprensións de listas
9.1.3.- Xeradores
9.2.- Conxuntos
9.3.- Dicionarios
Tema 10: Programación orientada a obxectos
10.1.- Clases e obxectos
10.2.- Atributos e métodos
10.3.- Herdanza
10.4.- Excepcións
Tema 11: Ficheiros
11.1.- Apertura e peche
11.2.- Lectura e escritura

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A3 B3 B7 B9 C4 C5 30 33 63
Laboratory practice A3 B2 C1 C4 30 30 60
Problem solving A3 B2 B4 C1 C4 4 14 18
Mixed objective/subjective test A3 B2 C1 C4 3.5 3.5 7
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Actividade presencial na aula ou remotamente a través das TICs que serve para establecer os conceptos fundamentais da materia. Consiste na exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais/multimedia e a realización dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, co fin de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Poderase hibridizar esta metodoloxía cunha metodoloxía de aprendizaxe colaborativo.
Laboratory practice Desenvolvemento de prácticas no laboratorio de informática ou remotamente a través das TICs. Esta actividade consistirá no estudo de casos e exemplos ademais da realización, por parte dos alumnos, de exercicios de programación.
Problem solving Consistirá na realización, por parte do alumno, de diversos exercicios de programación en linguaxe Python. Estes exercicios realizaranse ao longo do cuadrimestre, tanto de maneira presencial na aula ou remotamente a través das TICs como de forma autónoma. O traballo realizado na clase entregarase ao finalizar a mesma e será avaliado mediante a corrección do exercicio por parte do profesor de prácticas. A práctica que se realizará de forma autónoma deberá ser entregada antes da data límite indicada no enunciado e esta actividade será avaliada mediante a corrección do exercicio por parte do profesor e cunha revisión presencial na que se realizarán preguntas ao alumno.
Mixed objective/subjective test Proba de avaliación que se realizará nas correspondentes oportunidades das convocatorias oficiais. Consistirá nunha proba escrita na que será necesario responder a diferentes tipos de preguntas e resolver problemas de programación.

Personalized attention
Methodologies
Problem solving
Laboratory practice
Description
Prácticas de laboratorio
==============
A atención personalizada realízase de forma activa durante as prácticas, xa que o profesor non se limita a expor exercicios e dar tempo para que os alumnos resólvanos, senón que controla en todo momento que non existan alumnos que queden atascados nun problema. Para manter un nivel homoxéneo en todo o grupo, é necesario que o profesor dedique máis tempo a aqueles alumnos que máis o necesiten.

Solución de problemas
==============
No caso da práctica para resolver de forma autónoma, a atención personalizada consistirá en titorías intermedias durante o prazo para realizar a práctica, nas que se centrará na revisión do traballo realizado ata ese momento, suxerindo cambios e aclarando dúbidas.

Alumnos matriculados a tempo parcial
==============
Poderán asistir a diferentes grupos de prácticas en función da súa dispoñibilidade temporal. Esta flexibilidade é clave á hora de poder afrontar a parte práctica desta materia de forma gradual.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Problem solving A3 B2 B4 C1 C4 Resolución de exercicios de programación de forma individual. En concreto realizaranse tres probas deste tipo durante o curso. As dúas primeiras serán probas que se realizarán nas aulas de informática do centro e nas que se empregará o computador para resolver exercicios de programación, mentres que a terceira consistirá na implementación dun programa de forma autónoma polo alumno (práctica de programación). Será imprescindible entregar os exercicios en tempo e forma seguindo as pautas específicas do enunciado publicado en cada caso. Tamén será obrigatoria a asistencia a unha sesión presencial para a práctica realizada de forma autónoma polo alumno, que consistirá na revisión do exercicio entregado e na cal se realizarán preguntas ao alumno sobre o mesmo. A non asistencia a esta sesión de revisión terá o mesmo efecto que se non se entregase a práctica.

Criterios xerais de avaliación:

* Adecuación dos exercicios entregados ás pautas expostas no enunciado.
* Calidade e eficiencia da solución exposta polo alumno.
* Respostas adecuadas ás preguntas realizadas polo profesor na sesión de revisión da práctica.

Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
P2: nota obtida na primeira proba de resolución de exercicios na aula (8% da nota final).
P3: nota obtida na segunda proba de resolución de exercicios na aula (8% da nota final).
P4: nota obtida na práctica autónoma de programación (8% da nota final).
24
Laboratory practice A3 B2 C1 C4 Consistirá na recompilación de todos os exercicios de programación realizados nas prácticas de laboratorio durante o curso. Estes exercicios deberán realizarse no tempo asignado ás clases prácticas, no laboratorio de informática, e entregaranse ao final das mesmas. Durante a realización destes exercicios, o alumno pode expor dúbidas ao profesor ou consultar os materiais que estime oportuno. Por tanto, esta actividade avaliará o traballo diario do alumno nas clases prácticas.

Criterios xerais de avaliación:
* Traballo e esforzo realizado polo alumno durante as clases.
* Adecuación das solucións realizadas para cada exercicio.

Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
P1: nota obtida nos exercicios realizados nas clases prácticas de laboratorio (6% da nota final).
6
Mixed objective/subjective test A3 B2 C1 C4 Proba final da materia que consistirá na realización dun exame individual e por escrito. Esta proba terá unha parte de teoría e outra de programación na que o alumno terá que contestar a preguntas e resolver diversos exercicios de programación.

Criterios de avaliación xerais:
* Respostas correctas e solucións adecuadas ás preguntas e exercicios da proba.

Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
T1: nota obtida na parte de teoría desta proba (40% da nota final).
P5: nota obtida na parte de programación desta proba (30% da nota final).
70
 
Assessment comments

 


Sources of information
Basic de Miguel Anasagasti, P. (2004). Fundamentos de los Computadores. International Thomson Learning Paraninfo
Prieto, A., Lloris, A., Torres, J. C. (2006). Introducción a la Informática. McGraw-Hill
Lubanovic, B. (2015). Introducing Python. O'Reilly Media
Marvin, R., Ng'ang'a, M., & Omondi, A. (2018). Python Fundamentals. Packt Publishing
Downey, A. (2015). Think Python 2nd Edition. Green Tea Press

Complementary Lutz, M. (2013). Learning Python 5th Edition. O'Reilly Media
Tanenbaum, A. S. (2000). Organización de computadoras: Un enfoque estructurado. Pearson Educación
Stallings, W. (2000). Organización y Arquitectura de Computadores. Prentice Hall
Matthes, E. (2019). Python Crash Course 2nd Edition. No Starch Press


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

 



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.