Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) XESTIÓN EMPRESARIAL Código 730G04010
Titulación
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Domínguez Feijóo, Gerardo
Correo electrónico
g.dominguez@udc.es
Profesorado
Domínguez Feijóo, Gerardo
Gago Cortés, María Carmen
Rey Ares, Lucía
Ríos Prado, Rosa
Correo electrónico
g.dominguez@udc.es
m.gago@udc.es
lucia.rey.ares@udc.es
rosa.rios@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es/
Descrición xeral A asignatura persegue o desenvolvemento por parte de alumno dunha visión global das actividades das empresas; que sexa capaz de detectar, analizar e proporcionar solucións a problemas reais das empresas baixo unha perspectiva sistémica e xeral. Ofrécese deste xeito un enfoque de aplicación xeneralizado por riba de plantexamentos específicos, congruentes co amplo espectro de adaptación funcional dos profesionais da área de Enxeñería Industrial.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 FB6 Coñecemento axeitado do concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas.
B2 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
B5 CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 B3 Ser capaz de concibir, deseñar ou poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con rigor científico para resolver calquera problema formulado, así como de comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a un público tanto especializados como leigo dun xeito claro e sen ambigüidades
B7 B5 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
B8 B7 Deseñar e realizar investigacións en ámbitos novos ou pouco coñecidos, con aplicación de técnicas de investigación (con metodoloxías tanto cuantitativas como cualitativas) en distintos contextos (ámbito público ou privado, con equipos homoxéneos ou multidisciplinares etc.) para identificar problemas e necesidades
B9 B8 Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación (de carácter cuantitativo e/ou cualitativo) cunha finalidade estratéxica e que contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento
C1 C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C2 C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C3 C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C4 C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C5 C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C6 C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer de forma adecuada o concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. A6
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C2
C3
C4
C5
C6
Organización e xestión de empresas A6
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C2
C3
C4
C5
C6

Contidos
Temas Subtemas
Os temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, que son: A empresa como sistema.
Marco institucional e xurídico.
Dirección funcional da empresa.
Estratexia empresarial.
Función de produción.
Función financeira.
TEMA 1: Introducción O concepto de empresa
O contexto socieconómico empresarial
Os obxectivos empresariais
O empresario. Formas xurídicas
O tamaño empresarial
TEMA 2: A Organización da Empresa A organización da empresa
Estruturas organizativas básicas
Estruturas orientadas a proxectos
Análise de estruturas organizativas: O modelo de Mintzberg
TEMA 3: Empresa Producto A Carteira de Negocios da Empresa: Campo de Actividades
Estratexias no campo de Actividades
A cadea de valor
Ciclo de Vida do Produto
Matrices de Actividades
Ciclo de vida da organización
TEMA 4: A Empresa e o Sistema de Marketing O concepto xeral de mercadotecnia
Planificación: A Mercadotecnia Estratéxica
Execución e Control: A Mercadotecnia Operativa
TEMA 5: A Empresa e o Sistema de Producción O concepto xeral de produción
Estudo de Custos
Just in Time
TEMA 6: Análise dos Estados Financeiros Definición e Campo de Aplicación
Análise do Negocio e o seu Ámbito
Os estados financeiros: Reflexo das Actividades da Empresa
A Análise Financeira e Económica

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A6 B3 B9 C1 C2 C3 C4 C5 30 33 63
Solución de problemas B5 B7 C2 C4 C6 20 20 40
Traballos tutelados B2 B4 B6 B8 C1 C3 C5 10 25 35
Proba mixta A6 B7 0 8 8
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor impartirá a maior parte dos contidos teóricos da materia a través da exposición destes en sesións expositivas, nas que a participación dos alumnos será promovida tamén.

O profesor axudarase de medios audiovisuais para unha mellor exposición dos contidos da materia.
Solución de problemas Ao longo do curso, iranse presentando casos de estudo aos alumnos para a súa análise e discusión en clase, así como para a elaboración de traballos ben individuais, ben colectivos, que serán obxecto de avaliación e computarán na nota final.
Os casos corresponderanse con aspectos ilustrativos dos temas obxecto da materia.
O profesor axudarase e propoñerá aos alumnos o emprego de ferramentas de simulación para a toma de decisións a través dun xogo de empresa.
Traballos tutelados Propoñerase a elaboración dun traballo tutelado a realizar en grupo os alumnos. O alcance do devandito traballo así como as súas particularidades e peso na nota final serán transmitidos aos alumnos coa antelación debida.
O traballo pretende que os alumnos desenvolvan a súa capacidade de traballo en equipo elaborando unha actuación orixinal e creativa, a través de da análise dun determinado caso para o cal terán que poñer en práctica as competencias adquiridas ao longo do curso.
Proba mixta Consistirá nunha proba de avaliación dos coñecementos adquiridos á finalización da exposición de todos os contidos da materia.
Propoñerase un conxunto de preguntas con varias opcións de resposta. O número de preguntas, de opcións de resposta e o criterio de puntuación será establecido polo profesor á súa discreción. Os alumnos serán informados de tales aspectos coa antelación debida.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Traballos tutelados
Descrición
Farase nas horas de titorias de profesores

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A6 B7 Corrección do exame de resposta múltiple, de acordo cos criterios que no seu momento se presenten.
O exame poderá computar ata nun 60% da nota de avaliación da materia.
Esíxese un rendemento mínimo do 40% na súa valoración para poder aprobar a materia.
60
Solución de problemas B5 B7 C2 C4 C6 Proposta e valoración de traballos por parte do alumno/s.
Os casos poderán computar ata nun 20% da nota final de avaliación da materia;O seu caracter é voluntario.
10
Traballos tutelados B2 B4 B6 B8 C1 C3 C5 Valoración do Traballo do Curso elaborado en grupo.
Como a asignatura esta orientada á práctica, é imprescindible que os alumnos demostren a súa capacidade de análise global, co estudio dun caso específico reai.
A realizacion e exposicion do traballo e obrigatoria.
O traballo poderá computar ata nun 40% da nota de avaliación da materia.
Esíxese un rendemento mínimo do 30% na súa valoración para poder aprobar a materia, salvo repetidores do ano anterior que se lles gardará a nota.
30
 
Observacións avaliación

O “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” comunicarán ó inicio do curso a súa situación os profesores da materia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b).

O alumnado nesta situación será avaliado na data aprobada na Xunta de Escola, mediante unha proba obxectiva sobre os contidos do paso 3 da Guía. Fara un traballo e a súa presentación a acordar cos profesores da materia, devandito traballo poderá ser individual ou grupal segundo o que se acorde co alumno segundo as súas necesidades. Así mesmo, establecerase unha pauta de tutorías consensudas co alumno para axudarlle a superar a materia. Na segunda oportunidade só terá que realizar a proba obxectiva.

Os alumnos que non seguiran a avaliación continua poderán ir a segunda oportunidade onde a avaliacíon global será o 60% da nota obtida na proba mixta.



Fontes de información
Bibliografía básica Fernández Sánchez, E., Junquera Cimadevilla, B., del Brío González, J.A. (2008). Iniciación a los Negocios para Ingenieros. Aspectos Funcionales. España

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
"Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":
1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático
1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
1.3. De se realizar en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.
2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías