Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) TEORÍA DE MÁQUINAS Código 730G04019
Titulación
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Cuadrado Aranda, Francisco Javier
Correo electrónico
javier.cuadrado@udc.es
Profesorado
Cuadrado Aranda, Francisco Javier
Luaces Fernández, Alberto
Lugris Armesto, Urbano
Naya Villaverde, Miguel Ángel
Correo electrónico
javier.cuadrado@udc.es
alberto.luaces@udc.es
urbano.lugris@udc.es
miguel.naya@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Cinemática e dinámica de máquinas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico. Diario.
Teams. Diario. As titorías realizaranse mediante esta ferramenta.
4. Modificacións na avaliación
Ningunha.
*Observacións de avaliación:
Os exames realizaranse de xeito non presencial.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A13 CR7 Coñecemento dos principios de teoría de máquinas e mecanismos.
B1 CB1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita encontrarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B4 CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
B5 CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B7 B5 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
B9 B8 Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación (de carácter cuantitativo e/ou cualitativo) cunha finalidade estratéxica e que contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento
C4 C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C5 C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C6 C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os principios de teoría de máquinas e mecanismos A13
B1
B2
B4
B5
B7
B9
C4
C5
C6

Contidos
Temas Subtemas
Os temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, que son: Topoloxía de mecanismos.
Cinemática de mecanismos.
Dinámica de mecanismos.
Levas, engrenaxes e outros tipos de transmisións.
1. Análise topolóxica de mecanismos. Definicións: mecanismo, elemento, par, graos de liberdade.
Clasificación de elementos e pares.
Graos de liberdade dun mecanismo.
2. Análise cinemática de mecanismos. Cinemática do punto: posición, velocidade e aceleración.
Campo de velocidades e aceleracións do sólido indeformable.
Movemento de arrastre e relativo dun punto material.
Movemento de arrastre e relativo dun sólido indeformable.
Cinemática da rodaxe.
Particularización ao movemento plano.
3. Análise dinámica de mecanismos. Fundamentos.
Análise dinámica directa de mecanismos.
Análise dinámica inversa de mecanismos.
4. Vibracións en sistemas de 1 GDL. Introdución.
Ecuación do movemento dun sistema de 1 GDL.
Vibracións libres.
Vibracións forzadas.
5. Levas e engrenaxes. Clasificación das levas e seguidores.
Diagramas de desprazamento.
Cinemática e dinámica de levas e seguidores.
Clasificación das engrenaxes.
Lei xeral de engrane, perfil de evolvente.
Engrenaxes cilíndrico-rectas.
Engrenaxes cilíndrico-helicoidales.
Dinámica de engrenaxes.
Trens de engrenaxes.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A13 B4 B5 B7 B9 C4 C5 C6 26 39 65
Solución de problemas A13 B4 B5 B7 B9 21 46.5 67.5
Traballos tutelados A13 B1 B2 B5 B7 C4 1 9 10
Proba mixta A13 B1 B2 4.5 0 4.5
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases en lousa, con emprego de transparencias de maneira ocasional para mostrar figuras complexas, fotos, gráficas, etc. Os alumnos toman apuntamentos, e estudan a materia pola súa conta.
Solución de problemas Resolución de problemas en lousa. Os alumnos toman apuntamentos. Adicionalmente, os alumnos dispoñen dunha colección de problemas de clase para ir traballando pola súa conta.
Traballos tutelados Aplicaránse os coñecementos recibidos na teoría para modelizar e analizar mediante métodos numéricos computacionáis un mecanismo.
Proba mixta Exame escrito con preguntas conceptuais e problemas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
As horas dedicadas a tutorías teñen a finalidade de aclarar as dúbidas que xurdisen ao alumno durante o estudo da teoría e a preparación dos problemas.

No caso de estudantes con dispensa académica, proporcionarase ao estudante o material preciso para estudar a materia (teoría e problemas), e o profesor atenderá ao estudante durante as titorías sempre que este solicíteo, ou noutro horario se non puidese acudir no horario de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A13 B4 B5 B7 B9 Algúns dos problemas a realizar entregaránse e serán corrixidos. O sea valor conxunto poderá supor ata o 30 % da nota. 30
Proba mixta A13 B1 B2 O exame consta de preguntas conceptuais e problemas. O criterio para a avaliación do alumno é que éste demostre unha comprensión suficiente da materia. 30
Traballos tutelados A13 B1 B2 B5 B7 C4 Entregarase unha memoria do mecanismo analizado e mailo programa de ordenador coa solución proposta. 40
 
Observacións avaliación
Perante o curso realizaránse probas que poden ter un valor de ata tres
puntos. O traballo tutelado pode valer ata catro puntos. O examen terá o seu valor sobre o total dos puntos que faltan
hasta 10.

No caso de estudantes con dispensa académica, o sistema de avaliación será o mesmo, pois só hai que asistir o día do exame.

El criterio de evaluación es el mismo tanto para a primeira como para a segunda oportunidade.

Fontes de información
Bibliografía básica

- CALERO R. y CARTA J.A., "Fundamentos de Mecanismos y Máquinas para Ingenieros", McGraw-Hill, 1999.

- ERDMAN, A.G. y SANDOR, G.N., "Diseño de Mecanismos", 3ª ed., Prentice-Hall, 1998.

- MABIE, H.H. and REINHOLTZ, C.F., "Mechanisms and Dynamics of Machinery", Wiley, 1987.

- NORTON, R.L., "Diseño de Maquinaria", 3ª ed., McGraw-Hill, 2004.

- UICKER, J.K., PENNOCK, G.R. and SHIGLEY, J.E., "Theory of Machines and Mechanisms", 3rd ed., Oxford University Press, 2003.

- RAO, S., "Mechanical Vibrations", Addison-Wesley, 1995.

Bibliografía complementaria

- BARTON, L.O., "Mechanism Analysis", 2nd edition, Marcel Dekker, 2001.

- JOSEPHS, H. and HUSTON, R.L., "Dynamics of Mechanical Systems", CRC Press, 2002.

- HERNANDEZ, A., "Cinemática de Mecanismos", Editorial Síntesis, 2004.

- RAMAMURTI, V., "Mechanics of Machines", CRC Press, 2002.

- WALDRON, K.J and KINZEL, G.L., "Kinematics, Dynamics, and Design of Machinery", Wiley, 1999.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
EXPRESION GRAFICA/730G04002
FÍSICA I/730G04003

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
TECNOLOXÍAS DA FABRICACIÓN/730G04022

Observacións
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

A entrega de traballos que se realicen nesta materia:
- Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
- Realizarase a través da web da materia, en formato dixital, sen necesidade de imprimilos.
- En caso de ser necesario realizalos en papel: non se empregarán plásticos; realizaranse impresións a dobre cara; empregarase papel reciclado; evitarase a impresión de borradores.

Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías